Concentracións nos consulados de Francia en Galiza en apoio da loita contra a reforma laboral

As protestas, decorreron no marco da convocatoria promovida pola rede social europea Alter Summit, da que a CIG fai parte, e coinciden cunha nova xornada de greve xeral no país galo.

16-06-28 ConcentracionconsuladoFranciaACorunha01.grande

Alter summit', unha rede social europea da que fai parte a CIG, chamou a se concentrar perante consulados e embaixadas de Francia no 28 de xuño para amosar o apoio e solidariedade á loita que desde hai semanas hai no país galo contra a reforma laboral. Secundando o chamado grupos de persoas concentráronse en Galiza ante os consulados de Vigo e Francia. Xesús Seixo, secretario xeral da central nacionalista, apuntaba durante a concentración da Coruña, que a Lei do Traballo que quere aprobar o goberno francés, recorda en grande medida ás reformas laborais impostas no Estado español nos últimos seis anos: flexibilización da xornada laboral, redución dos salarios, que contribúen á precarización da contratación, que priorizan os convenios de empresa fronte aos sectoriais...

Ante esta regresión, Seixo destacou a importancia da solidariedade entre a clase traballadora dos diferentes países europeos. Lamento, así mesmo, a escasa presenza nos grandes medios de comunicación das mobilizacións en Francia contra a reforma laboral.


 

Comentarios