Concentración diante de Coren contra a “explotación” dos falsos autónomos

Delegados da CIG exixiron a readmisión dos 5 traballadores despedidos por participar na greve convocada para reclamar unhas condicións laborais dignas en Servicarne, dependente de Frigolouro, empresa do Porriño que pertence a Coren.

frigolouro 1

Un horario de traballo de oito horas, un salario mínimo fixo, tomando como referencia o convenio de industrias cárnicas; calendario de vacacións pagadas e disfrutadas... Estas foron as reivindicacións básicas que motivaron que os 'falsos autónomos' de Servicarne, dependente de Frigolouro, empresa do Porriño que pertence a Coren; iniciasen unha serie de mobilizacións e protestos o pasado mes de marzo. Cinco deses traballadores foron despedidos a raíz desas reivindicacións.

A loita destes 'falsos autónomos' chegou esta quinta feira ás portas do grupo Coren. Unha mobilización na que tomaron parte uns 300 delegados do sindicato nacionalista en solidariedade coa loita do persoal autónomo de Servicarne. O vindeiro mes de xuño está previsto a celebración dun xuízo tras a denuncia presentada pola CIG no Xulgado do Social contra Frigolouro por cesión ilegal de traballadores/ e fraude na contratación.

Comentarios