Galiza, entre os territorios con máis traballadores afectados por un ERE desde que comezou o ano

Só Madrid, Euskadi e Catalunya superan o noso país. O número de expedientes descendeu un 10,8% nestes 12 meses. En Galiza por un 45,6% no Estado

Traballador industria

Unha de cada dez persoas traballadoras afectadas por un ERE desde o inicio do ano no Estado español está en Galiza. Case o 10% do total, o que indica que o noso país foi neste periodo especialmente afectado polos expedientes de regulación de emprego. En xaneiro e febreiro todo o Estado houbo 10.173 persoas traballadoras afectadas por un ERE, 949 delas en Galiza. Só Madrid, Euskadi e Catalunya superan o noso país.

Desde o primeiro bimestre de 2015 até o primeiro bimestre de 2016 o número de persoas que sofreron un ERE no noso país descendeu nun 10,8%, unha redución moito menor que a experimentada a nivel do Estado, onde baixaron un 45,6%.

Deses 949 traballadores que estiveron sometidos a un ERE neses dous meses, 222 sofreron un despedimento colectivo, 476 suspensión de contratos e 251 de redución de xornada. 

Comentarios