O metal mantén o pulso da patronal cunha sétima xornada de greve por un convenio xusto

Centos de traballadores do sector tomaron parte na mobilización que decorreu na Coruña. 

metral greve coruña Imaxe CCOO Galiza
photo_camera Imaxe CCOO Galiza

Centos de traballadores - maís de 2.000 segundo a Policía -  tomaron parte esta quinta feira, 27 de xullo, na Coruña manifestación do sector do metal provincial na defensa dun convenio xusto e digno. Era a sétima xornada de greve do sector e os folgos non decaeron nin o máis mínimo. A combatividade seguía alta, como demostraba o novo seguemento masivo dos paros e a asistencia na mobilización.

Os sindicatos convocantes desta greve (CIG, CCOO e UXT) que atinte perto de 18.000 traballadores advertiron da posibilidade de novas mobilizacións perante a actitude de parálise da patronal.

A greve ten a súa orixe na actitude de paralización da patronal no convenio colectivo, que leva negociándose máis de dous anos e medio. Entre as reivindicacións, a de activar a cláusula de revisión do IPC, paralizala no momento de comezar a crise, pero co compromiso de volver activala en canto acabase o convenio. A patronal aceptaría agora este punto. Porén fica avanzar en cuestións como a subrogación a subcontratas que traballan  para Fenosa e Telefónica, ou ben os longos contratos a través de ETT, coa precariedade que iso xera. As “altas indebidas” por parte das mutuas é outro dos campos de batalla.

Comentarios