Segunda xornada de greve do siderometal en Ourense por un convenio digno

O paro convocado pola CIG-Industria afecta maioritariamente ao sector da automoción e de xeito máis desigual a outros.

2016 06 29 SegundaXornadaFolgaSiderometalOurense01.grande

Segunda xornada da greve convocada pola CIG-Industria no siderometal de Ourense para reclamar un convenio colectivo digno, paro que o sindicato afirma que está a ser amplo no sector da automoción, coas principais empresas e concesionarios practicamente sen actividade.

Un piquete integrado por máis dun cento de traballadores percorreu os polígonos industriais, como o de Pereiro de Aguiar ou Parque Tecnolóxico, onde a seguridade privada impediu o acceso a unha boa parte dos integrantes. O sindicato nacionalista afirma que desden o inicio da greveconstatan un seguimento máis amplo no sector da automoción. E denuncian que tanto os sindicatos CCOO e UGT como a patronal “están exercer presión para intentar boicotear a xornada de mobilización convocada para reclamar un convenio colectivo digno e rexeitar a pretensión dos empresarios/as de estender a xornada laboral á fin de semana”.

Comentarios