BNG

Un BNG novo, tranquilo, unido e máis feminista
POLÍTICA

Un BNG novo, tranquilo, unido e máis feminista

Nova entrega no vlogue de Xosé Mexuto, desta volta sobre o desenvolvimento da XVI Asemblea do BNG.
EXECUTIVA NACIONAL ELECTA BNG4 (1)
POLÍTICA

A nova executiva do BNG abre cun xantar de confraternización a súa andaina após a asemblea

A primeira foto da nova dirección do BNG após a XVI Asemblea Nacional non foi a socorrida imaxe na Sede Nacional, senón unha estampa máis familiar e distendida, unha cimeira gastronómica na coñecida casa de xantar compostelá O Dezaseis.

O futuro do BNG

A asemblea tranquila e as tarefas homéricas

AN
Luz verde a 156 das 296 emendas

A Asemblea do Bloque aproba unha proposta de resolución favorábel ao reintegracionismo

A Asemblea Nacional do BNG aprobou propostas de resolución de apoio ao proceso soberanista catalán; sobre a dimensión internacional da lingua galega; en apoio ao Sáhara, Palestina e Curdistán e de lembranza e recoñecemento a quen loitou en Xove. A respeito das emendas, aprobáronse 156 de 296 presentadas.

_XSM5622
XVI Asemblea Nacional do BNG

Ana Pontón, na clausura: "Galiza é quen pode salvar a Galiza"

Co depósito de confianza política absolutamente cheo, co respaldo de 98,2 por cento da organización, Ana Pontón selou a clausura do conclave nacionalista cun discurso de auto-afirmación. "Galiza é quen pode salvar a Galiza", dixo. E definiu como de "grande alcance e profundidade" as mudanzas introducidas polo Bloque nesta asemblea.

[Imaxe: Xaquín Soliño]
POLÍTICA

O novo Consello Nacional do BNG, eleito con 98,2 por cento dos votos

1.112 votos a prol da candidatura encabezada por Ana Pontón, 1 abstención e 19 votos en contra. Pontón é reeleita, pois, como portavoz nacional e reforza o seu liderado, ao superar largamente o nível de apoios co que accedeu ao cargo na XV Asemblea Nacional (98,2 por cento hoxe face 85,31 de febreiro de 2016).

Ana Pontón. XVI Asemblea Nacional BNG [Imaxe: Xaquín Soliño]
POLÍTICA

XVI Asemblea Nacional do BNG

[Imaxe: Xaquín Soliño] Imaxe do plenario da asemblea do BNG na mañá do domingo
XVI AN do BNG

Sanmartín fala de ambiente “festivo, de fraternidade e sororidade” na asemblea do Bloque

De proxecto “sólido”, “cohesionado” e un “referente”. Así cualificou o BNG Goretti Sanmartín, membro da Área de Organización e Política Institucional da Executiva Nacional saínte, que avaliou o decorrer da asemblea que desenvolve a organización frontista esta fin de semana na Coruña.

Tamén os xestos son imprescindíbeis

Cal é a axenda de ruptura democrática?

#25XVIBNG14
Apertura da XVI AN do BNG

Pontón aposta nun nacionalismo coas portas abertas "a todas as persoas que senten a Galiza"

Un BNG con capacidade para agrandar a "base social" do nacionalismo, como unha ferramenta de "modernización" do país. Un BNG que una Galiza, que a vertebre. Esas foron as ideas forza do discurso de abertura de Ana Pontón na asemblea de Palexco. "O PP leva anos sementando discordias e nós temos que sementar a unidade das galegas e dos galegos", dixo.

BNG-Delegacións Internacionais

O acto internacionalista coas delegacións convidadas, o pórtico da asemblea

A Asemblea do BNG xa está aquí. Comeza formalmente ás 17 horas deste sábado. O seu limiar foi un encontro da dirección saínte coas delegacións internacionais convidadas, cita á que acudiu por vez primeira unha delegación de Die Linke e tamén do Curdistán. As palabras chave do conclave, remarcouno nun breve encontro coa imprensa Rubén Cela, son relanzamento e renovación xeracional. O novo BNG nace na mesma cidade en que se fundou a organización hai 35 anos.

POLÍTICA

Cronograma da XVI Asemblea Nacional do BNG

Formalmente non fai parte do proceso asemblear, mais o pórtico do conclave frentista será un acto coas delegacións internacionais convidadas, a se realizar este sábado ás 12 horas no centro cívico da Cidade Vella da Coruña.

Todo pronto para a XVI Asemblea do BNG

"É a candidatura da militancia, do consenso"

Así a apresentou esta quinta feira Ana Pontón, candidata á reelección como portavoz nacional na XVI Asemblea Nacional do BNG, que dá comezo este sábado.

A certeza do camiño

Reubicación na encrucillada

POLÍTICA

Consenso e relevo xeracional, as palabras chave da Asemblea do Bloque

En aberto contraste co que está a acontecer nas outras forzas da oposición na Galiza, o BNG transita placidamente cara ao plenario da súa XVI Asemblea Nacional, axendado para esta fin de semana na Coruña (Palexco).

Consello Nacional de Bloque (Foto: BNG)
POLÍTICA

O BNG aposta no relevo xeracional na súa proposta de dirección para a XVI Asemblea Nacional 

O máximo órgano entre asembleas aprobou os textos que serán sometidos a debate e votación a próxima fin de semana na Coruña baixo o lema 'En Bloque cara a un tempo novo'.

Goretti Sanmartín e Rubén Cela. Conclusión traballos redacción teses da XVI AN do BNG. 7 de febreiro de 2017
2.100 militantes e 300 simpatizantes

2.400 persoas xa inscritas para participaren na XVI Asemblea Nacional do BNG

A XVI Asemblea Nacional do BNG -a realizar a fin de semana do 25-26 de Marzo na Coruña, no Palexco- vai ser de participación masiva, se termos en conta o elevado número de persoas que se teñen inscrito para participaren no conclave. Este sábado o Consello Nacional debaterá e ditaminará as 296 emendas aos textos que chegan desde as asembleas comarcais.