POLÍTICA
Yolanda Díaz non dá ningunha portavocía adxunta no Congreso a Podemos a pesar de o teren exixido
04/set./23
Sumar xa rexistrara o seu grupo parlamentario o pasado 25 de agosto onde a súa líder e vicepresidenta segunda do Goberno español en funcións, Yolanda Díaz, ostentaba a Presidencia e a portavocía parlamentaria recaía en Marta Lois, postergando até esta segunda feira a configuración das portavocías adxuntas.