Congreso

santiago_abascal_abandona_sesion_plenaria_aprueba_uso_lenguas
LINGUA

O galego gaña a batalla da oficialidade no Congreso dos Deputados

A batalla pola lingua galega librouse esta terza feira fóra da casa. Tras 46 anos de veto, o Congreso dos Deputados aprobou o uso do galego, do euskera e do catalán na Cámara Baixa, con 176 votos a favor e 169 en contra, facendo efectiva unha demanda de vello das forzas nacionalistas.
José Ramón Gómez Besteiro, Marta Lois e Néstor Rego. (Foto: Congreso)
LINGUA

VÍDEO | O galego dá o salto ao Congreso: así foron as primeiras intervencións de Besteiro, Lois e Rego

A tramitación da reforma do Regulamento da Cámara sae adiante con 176 votos a favor, dúas abstencións e a oposición de PP, Vox e UPN. Os galegos José Ramón Gómez Besteiro, do PSOE; Marta Lois, de Sumar, e Néstor Rego, do BNG, estrearon o idioma propio da Galiza.
Alfonso Rueda, após unha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Alfonso Rueda, sobre o uso das linguas oficiais no Congreso: "É unha cesión a Puigdemont"

No Congreso enténdense todos "nunha mesma lingua", asegurou o líder do PP galego e titularda Xunta da Galiza.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

VÍDEO | Néstor Rego convértese no primeiro deputado da historia en intervir integramente en galego no Congreso español

A pesar de haber un total de 23 deputadas e deputados no Congreso escollidas nas circunscricións galegas, só Rego confirmou antes da sesión desta terza feira que usaría o galego con normalidade, xa que os deputados do PP escollidos pola Galiza xa confirmaron que intervirán en español e está por ver os deputados de PSOE e Sumar optan por facelo, polo menos ocasionalmente, en lingua galega.
Os deputados de Voz abandonan o pleno do Congreso (Foto: Congreso).
POLÍTICA

VÍDEO | O uso da lingua galega provoca que os deputados de Vox abandonen o pleno do Congreso

Os deputados e deputadas de Vox abandonaron esta terza feira o pleno do Congreso polo uso da lingua galega na tribuna da Cámara Baixa. Após tentar interromper o discurso de José Ramón Gómez Besteiro, que falou de maneira parcial en galego, os membros de Vox levantáronse e abandonaron o hemiciclo ao tempo que deixaron os auriculares no escano do presidente do Goberno español, Pedro Sánchez.
Intervención do nacionalista Néstor Rego desde a tribuna do Congreso. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
LINGUA

A lingua galega chega oficialmente ao Congreso: Néstor Rego será o primeiro en usala

Na sesión plenaria desta terza feira na Cámara baixa o parlamentario do BNG falará en galego por primeira vez na historia sen ser interrompido pola Presidencia do Congreso. Rego, igual que os deputados e deputadas de ERC e Junts, empregará sempre a lingua propia do seu país, mentres PNV e EH Bildu avogan por compaxinar euskera e castelán. Algúns deputados do PSOE, como José Ramón Gómez Besteiro por parte da Galiza, anunciaron que tamén botarán man das linguas cooficiais, e o mesmo acontecerá con Sumar.
O vicesecretario de Cultura e Sociedade Aberta do Partido Popular, Borja Sémper, na rolda de prensa de hoxe. (Foto: Isabel Infantes / Europa Press)
LINGUA

O PP reitera que só falará en castelán no Congreso porque usar o galego sería "facer o canelo"

Borja Sémper porfía no argumentario defendido por Alberto Núñez Feixoo, a quen eloxia pola súa "traxectoria contrastábel en defensa da promoción" da lingua galega na Galiza como presidente da Xunta.
Vista xeral do hemiciclo do Congreso. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O colectivo da tradución apoia o uso das linguas oficiais no Congreso

Nun comunicado, lembran que esta iniciativa “non é nova, senón que se intentou levar a cabo en máis dunha ocasión desde o 2006”.

Jordi Cuixart en xullo. (Foto: Kike Rincón / Europa Press)
Catalunya

O Supremo rexeita os recursos contra os indultos a Cuixart e Sànchez

Aval do TS ao indulto parcial a Jordi Cuixart e Jordi Sànchez, tras resolver a corte que partidos e representantes no lexislativo non teñen lexitimidade para apelar sobre esta cuestión.
Rolda de prensa do nacionalista Néstor Rego no Congreso. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
POLÍTICA

Rego reitera o 'non' a Feixoo mais advirte: "Non daremos un cheque en branco a Sánchez"

"Eu non sei se o españolismo se cura viaxando ou implica algún tipo de limitación que non permita coñecer casos que son tan próximos e que moitas veces se poñen de exemplo dentro de Europa, como o de Suíza, con catro linguas nacionais, o de Bélxica ou o do Parlamento Europeo", dixo, aludindo á negativa do PP a permitir o uso do galego no Congreso.
Reunión da Mesa do Congreso que agora preside a socialista Francina Armengol. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
LINGUA

O galego poderá empregarse no Congreso a partir da vindeira semana

A Mesa da Cámara baixa dá luz verde, co voto en contra do PP, á proposta antes mesmo de que se aprobe a reforma do Regulamento.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, e o presidente, Alfonso Rueda, hoxe, no Parlamento. (Foto: Arxina)
Parlamento

O PP de Rueda vota 'non' a apoiar o uso do galego no Congreso

"Hai cousas máis importantes", xustificaba esta terza feira no debate da proposta o deputado 'popular' José Luís Ferro, que criticaba que a lingua propia do país fose "moeda de cambio" para conseguir a Presidencia do Goberno español.
A autoestrada AP-9 ao seu paso por Santiago de Compostela. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O Parlamento galego inicia a tramitación da cuarta lei en sete anos para o traspaso da AP-9

Entre reproches cruzados dos grupos, saíu adiante por unanimidade o texto proposto do PP, que rexeitou cos seus votos o do BNG

A presidenta do Congreso, Francina Armengol (foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
POLÍTICA

O Congreso convoca para esta quinta feira a primeira Xunta de Portavoces, previa ao Pleno que levantará o vento ás linguas oficiais

A reforma do Regulamento tramitarase vía exprés a semana seguinte para que se poida aplicar na sesión de investidura

O vicepresidente primeiro da Xunta da Galiza, Diego Calvo, e o presidente, Alfonso Rueda, no Consello do Goberno galego esta quinta feira (Foto: Arxina).
POLÍTICA

Alfonso Rueda subscribe o discurso de Núñez Feixoo e abandona a lingua galega

Feixoo quere vetar o galego no Congreso e alude á falacia da "imposición".
Mitin electoral de Alberto Núñez Feixoo na Coruña, en 2020. (Foto: PP)
POLÍTICA

Feixoo, do "Galicia, Galicia, Galicia" a resucitar a falacia da "imposición" do galego, agora no Congreso

"O tema das linguas xa estaba introducido no Senado, onde hai mocións que se poden defender nas linguas españolas, no conxunto delas. Estaba ben orientado e, de súpeto, sen poder discutilo, parece ser que nolo van impor por lectura única, sen posibilidade de discutilo, no Congreso", cuestiona o líder do PP.

Galego no Congreso

Alberto Núñez Feixoo en rolda de prensa (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
POLÍTICA

Feixoo, contra o uso do galego nas Cortes: "Non concibo un Congreso con pinganillo"

"Son galego e falo as dúas linguas, pero non concibo un Congreso con pinganillos. Se todos os políticos nos comunicamos na lingua común, non procede que os cidadáns paguen para entendernos no hemiciclo", proclamou o líder do PP estatal.
Sesión constitutiva do Congreso dos deputados, o pasado 17 de agosto (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
LINGUA

Rexistrada a 'reforma exprés' que permitiría usar o galego no Congreso xa no debate de investidura de Feixoo

PSOE, Sumar, ERC, EH Bildu, PNV e BNG asinan unha proposición de lei conxunta para modificar o Regulamento do Congreso.
Vista xeral do hemiciclo do Congreso. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A Mesa do Congreso resolverá hoxe a repartición de escanos no hemiciclo

O PP rexeitou a proposta do PSOE, pois pide todo o terzo dereito sen necesidade de compartilo con Vox. Os socialistas resérvanse o lado esquerdo e o centro, nomeadamente as posicións de maior visibilidade, serían para Sumar e as forzas soberanistas.