DOCUMENTO | Así é a Lei de amnistía: dende os CDR e o Tsunami até os antidisturbios do 1-O
O texto da lei, que esta segunda feira entrou no Congreso español, xustifica a constitucionalidade e o encaixe no dereito comunitario da amnistía.
O texto da lei, que esta segunda feira entrou no Congreso español, xustifica a constitucionalidade e o encaixe no dereito comunitario da amnistía.
O Congreso ten previsto constituír esta cuarta feira as dúas primeiras comisións parlamentarias que funcionarán durante a XV Lexislatura: a do Estatuto do Deputado, que se encarga de autorizar ou non as actividades privadas de cada membro do Congreso e de tramitar os suplicatorios que remite o Supremo cando quere investigar a algún parlamentario, e a de Peticións, cuxo labor é garantir o cumprimento do dereito que asiste á cidadanía de expor as súas demandas na Cámara. A constitución destas dúas comisións, así como a de Regulamento, competen exclusivamente á Cámara e non dependen da estrutura do Goberno, pero mentres a composición das dúas primeiras está taxada regulamentariamente non sucede o mesmo coa de Regulamento.
Na segunda votación da investidura do candidato 'popular', Alberto Núñez Feixoo, o deputado independentista Eduard Pujol levantouse e dixo 'si', pero cando xa estaba a se sentar parece darse conta do erro e pronunciou 'non', un voto que finalmente foi computado como 'nulo' o que creou gran controversia nas filas do PP.
Feixoo non suma. O candidato do PP á presidencia do Goberno español só conseguiu reunir os votos das forzas situadas máis á dereita. Mentres o PSOE ve despexada a investidura de Sánchez co apoio dos nacionalistas, os populares enfróntanse a un conflito interno.