Estado español

Mariña Barreiro atendeu 'Nós Diario' no municipio de Noia (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Mariña Barreiro: "O perfil de diplomático español segue a ser moi semellante ao dos anos 50, 60 ou 70"

A noiesa Mariña Barreiro decidiu cambiar a súa traxectoria no corpo diplomático español, a pesar do complicado que é acceder, para apostar pola diplomacia multilateral, que actualmente exerce como encargada de Asuntos Políticos na Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE).
Carles Puigdemont. (Foto: Europa Press)
Catalunya

Junts fixa en case medio billón de euros a débeda do Estado con Catalunya

Tamén se solicita transferir as competencias tributarias para poder deseñar unha cota de solidariedade entre Catalunya e o Estado español.
Julio Pacheco diante do Xulgado de Instrución 50 de Madrid, a sexta feira. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A Xustiza española escoita por primeira vez unha vítima de torturas na ditadura franquista

Após a negativa a admitir a trámite máis dun centenar de querelas, o sistema de Xustiza do Estado español permite declarar a unha vítima de torturas na ditadura, apoiada por unha testemuña tamén torturada polas forzas de seguridade.
Edificio derruído en Amizmiz. (Foto: Ximena Borrazas / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Elévase a 2.700 o número de mortes no terremoto en Marrocos

530 escolas resultaron danadas polo movemento de terra, ao que respondeu á poboación civil levando o peso dos traballos de rescate.
Encoro do Tambre en Brión, cuxa concesión data de 1923. (Foto: Nós Diario)
star
ECONOMÍA

O Estado tramita a autorización de oito encoros na Galiza cunha potencia de 3.095 MW

Os encoros volven petar nas portas dos ríos galegos. O Ministerio para a Transición Ecolóxica tramita actualmente a autorización de oito grandes centrais hidráulicas cunha potencia total de 3.095 MW, que anegarán terras de gran valor agrícola e ambiental. 29% da potencia solicitada corresponde a Iberdrola.

Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
Parlamento

O Parlamento insta a Xunta a solicitar ao Estado a transferencia de fondos europeos para a súa xestión directa

No mesmo pleno, cos votos en contra do PP, rexeitouse unha iniciativa do BNG para demandar á Xunta que se adopten as medidas para garantir a continuidade e estabilidade do sector naval na ría de Vigo e outra do PSOE para a elaboración dun plan de retención de talento.

Estado plurinacional

O ex presidente de Catalunya, Carles Puigdemont, a terza feira en Bruxelas (Bélxica). (Foto: Europa Press)
star
As condicións de Junts

Puigdemont exixe a amnistía para aceptar negociar a investidura de Sánchez ou Feixoo

O ex presidente de Catalunya revelou as condicións previas de Junts para negociar coas forzas estatais a investidura dos seus candidatos, rexeitadas rapidamente polo PP e consideradas nas "antípodas" da súa posición por parte do Executivo español e do PSOE.
Jaume Asens, Yolanda Díaz, Carles Puigdemont e Antoni Comín, a segunda feira. (Foto: Sumar)
star
INTERNACIONAL

Junts fixa hoxe as condicións para investir Sánchez

Yolanda Díaz reuniuse con Carles Puigdemont antes de que Junts confirme que exixirá para estudar votar a favor da investidura de Pedro Sánchez, á vez, o PSOE no Executivo español desmárcase da reunión e o propio Sánchez abre a porta a unha lei de amnistía criticada no seo da formación estatal.
O presidente de Euskadi, Iñigo Urkullu, na inauguración do curso político a terza feira en Donostia. (Foto: Unanue / Europa Press)
INTERNACIONAL

Urkullu propón unha "convención constitucional" para desenvolver o dereito a decidir

O presidente de Euskadi marca unha vía para incrementar o autogoberno vasco, galego e catalán, cun recoñecemento da plurinacionalidade do Estado español e sen modificar a Carta Magna, á vez, o Executivo catalán demanda amnistía e autodeterminación.
As verduras e as hortalizas aumentaron 23,6% o seu prezo nos últimos 12 meses, 5,6% no caso das froitas frescas e refrixeradas. (Foto: Jesús Hellín  Europa Press)
star
ECONOMÍA

O poder adquisitivo das pensións galegas caeu en 25% desde 2011

196.416 pensionistas da Galiza atópanse en situación de pobreza severa, após situarse a contía media da súa prestación por baixo dos 458 euros mensuais en 14 pagas. 237.661 galegos e galegas que cotizaron como autónomos percibiron en xullo as pensións máis baixas do Estado.

O presidente español en funcións, Pedro Sánchez (PSOE), e o candidato á investidura do PP, Alberto Núñez Feixoo, a cuarta feira. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

O PSOE rexeita a proposta do PP para que Feixoo goberne o Estado español dous anos

De camiño a unha sesión de investidura que todo indica que rematará nun fracaso do líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, os conservadores reclaman ao PSOE que lles permita gobernar durante dous exercicios a cambio dunha serie de "pactos de Estado".
Terminal de gas natural licuado de Reganosa en Mugardos (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O Estado español convértese no segundo importador de gas natural licuado ruso

A UE compra máis da metade do GNL procedente de Rusia.
Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo á súa chegada ao Congreso esta cuarta feira, 30 de agosto. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
INTERNACIONAL

Feixoo pide a Sánchez que lle permita gobernar dous anos

O encontro entre os líderes de PP e PSOE no Congreso durou menos de unha hora.
Pedro Sánchez a terza feira. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
INTERNACIONAL

Os presidentes de Catalunya e Euskadi rexeitan verse con Feixoo

Aran demanda o uso do aranés no Congreso. A lingua oficial en Catalunya quere equipararse a galego, catalán e éuscaro.
Borja Sémper (PP), a segunda feira. (Foto: Diego Radamés / Europa Press)
INTERNACIONAL

Feixoo inicia a rolda de contactos da investidura chamando Sánchez

A Mesa do Congreso aproba o grupo propio de Junts e ERC, algo pactado para obter os votos das forzas soberanistas catalás a Francina Armengol como presidenta da Cámara Baixa.
O consumo dos fogares galegos caeu 0,5% no segundo trimestre de 2023 con respecto ao mesmo período do ano anterior (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
ECONOMÍA

O crecemento económico estáncase na Galiza no segundo trimestre deste ano

O crecemento do PIB fica en 0,1% respecto dos tres meses anteriores.
Os salarios anuais medios na industria galega son case 3.000 euros máis baixos que no conxunto do Estado. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Os prezos industriais descenderon 7,7% con respecto aos niveis de hai 12 meses

Os bens de consumo experimentaron un incremento de custo de 8,9%.
Cidadáns presentando a súa declaración do IRPF na última campaña da renda (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
star
ECONOMÍA

O Estado perdoou en 10 anos ás grandes empresas impostos por 787.190 millóns

As grandes corporacións son as principais beneficiadas das bonificacións fiscais. Neste sentido, o Imposto sobre Sociedades representa cada día menos no conxunto da recadación tributaria do Estado, até caer a 13,7% en 2021, situándose o seu tipo efectivo por baixo do IRPF. 
Torretas de alta tensión (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O sistema eléctrico rexistra un superávit de 2.700 millóns

O saldo resultante da relación entre os ingresos derivados das peaxes e outras taxas que o Estado cobra polo emprego da rede eléctrica e os custos que teñen para a Administración estatal os pagamentos realizados ás empresas que transportan e distribúen electricidade foi positivo no primeiro semestre do ano.