Estado español

Imaxe de arquivo dun supermercado (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Retiran do mercado 34.000 quilos de comida non apta para consumir

Os alimentos vendíanse no Estado español e no luso.
Os salarios medios son moi desiguais entre os Estados da UE, oscilando entre os 650 euros ao mes de Bulgaria e os 3.713 de Luxemburgo (Gráfico: Adecco / Nós Diario).
ECONOMÍA

O salario medio na Galiza é 25,3% inferior ao do conxunto da Unión Europea

A clase traballadora galega cobra 630 euros mensuais menos que na UE.
Pedro Sánchez. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
INTERNACIONAL

ERC e Junts non apoiarán Sánchez sen unha regulación da amnistía

Catro forzas soberanistas rexeitan reunirse co rei na rolda de consultas que decorrerá a comezos da vindeira semana.
Arriba no centro Francina Armengol, e abaixo Pedro Sánchez, ambos do PSOE. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Forzas nacionalistas permiten ao PSOE manter o poder no Congreso español

Pouco antes do comezo da sesión no Congreso español, o PSOE fechou os acordos con Junts e ERC que garanten o uso de todas as linguas oficiais no Lexislativo e na UE e mais a comisión de investigación pola espionaxe a líderes independentistas, o que levou Francina Armengol a ser a nova presidenta das Cortes.
Terminal de gas natural licuado de Reganosa en Mugardos (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Rusia foi o principal subministrador de gas natural do Estado español en xuño

O saldo comercial negativo do combustíbel descendeu máis de 27%.
Guillermo Fernández Vara, Pedro Sánchez, Francina Armengol e Cristina Narbona, a cuarta feira no Congreso do Estado español. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Junts terá a última palabra sobre a Mesa do Congreso tras pedir "feitos" ao PSOE

Apenas dúas horas antes da constitución do Lexislativo español comeza a reunión da cúpula de Junts para determinar quen ocupará a Presidencia do Congreso, nunha resolución clave para evitar ou provocar unha nova convocatoria electoral.
Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo no debate electoral (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
23-X

Un novo panel electoral coloca Pedro Sánchez por diante de Feixoo nunha eventual repetición electoral

A pensión media das persoas galegas xubiladas é 15,39% inferior á do conxunto do Estado. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

76% da poboación galega admite preocupación por non chegar a ter unha xubilación cómoda

A “preocupación” que provoca o incremento do custo das facturas está a ter un efecto negativo no benestar financeiro

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e a presidenta do Banco Central Europeo, Chistine Lagarde (Foto: Alexandros Michailidis / EC / DPA).
ECONOMÍA

A alza de prezos na eurozona baixa a 5,3% mais espéranse novas subas dos tipos de xuro

A taxa de inflación subxacente fica por riba da xeral na área económica.
O peso relativo dos retribucións percibidas polas persoas asalariadas galegas sobre o PIB do país no ano 2021 foi de 46,2%. (Foto: Guillermo).
ECONOMÍA

A economía galega medra a un ritmo inferior á española: así evolucionou o PIB no segundo trimestre

Pola súa parte, o PIB da zona euro rexistrou unha expansión de 0,3% no segundo trimestre de 2023, espertando así da letarxia invernal tras o estancamento rexistrado nos tres primeiros meses de 2023, mentres a inflación seguiu a moderarse en xullo por volta de 5,3%.
Traballadores de hostalaría en Santiago (Foto: Arxina).
TRABALLO

O nivel de afiliación á Seguridade Social creceu 27,4% máis no Estado que na Galiza

A ocupación aumentou en 25.000 persoas na Galiza en 12 meses.
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, no feche de campaña do PSOE, a sexta feira en Xetafe, Madrid. (Fotos: Ricardo Rubio / Europa Press)
23-X

Feixoo busca este domingo relevar Sánchez da man da ultradereita

Os medios internacionais alertan da potencial chegada ao poder da extrema dereita de Vox tras as eleccións no Estado español deste domingo, cuns efectos que se sentirían tamén na UE. Nun escenario aínda aberto, as sondaxes outorgan un papel chave ao resultado que obteñan as forzas soberanistas.
Tramos galegos da autovía A-6 (Foto: European Roads).
ECONOMÍA

A Comisión Europea aclara que o plan de resiliencia español contén peaxes nas autovías

Bruxelas abre a porta a revisar esta medida no futuro.
José Francisco Armesto, Fernando González Laxe e Santiago Lago, esta quinta feira na presentación do Informe de Conxuntura Socioeconómica II/2023 do Foro Económico de Galicia (Foto: Foro Económico).
star
ECONOMÍA

A economía vai "arrefriar" a partir de finais de ano, alerta o Foro Económico

O Foro Económico de Galicia presentou o Informe de Conxuntura Socioeconómica II/2023, no que a institución sinala que "a pesar do crecemento económico na Galiza e no Estado español", a economía vai arrefriar no final de 2023 e durante o ano 2024 froito da dura política monetaria que está a exercer o Banco Central Europea para intentar paliar a crise inflacionista. Ademais, o Foro Económico destacou que o medre da economía galega fica lonxe do da estatal e que o mercado laboral galego ten "menor dinamismo" que o estatal.
A Policía española efectúa o despexo de dous anciáns en Madrid en 2022. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Levan á ONU a impunidade dos abusos policiais no Estado español

Unha trintena de entidades en defensa dos dereitos humanos denuncian á ONU que o Estado español está a incumprir as súas obrigas internacionais ao "dificultar" as investigacións dos casos de tortura e malos tratos policiais.
Terrazas de estabelecementos hostaleiros na praza da Constitución de Vigo (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
star
ECONOMÍA

O sector servizos aumenta a súa dependencia do comercio e da hostalaría

A suba da facturación no sector servizos na Galiza, de 0,2% na taxa interanual de abril, sustentouse nos incrementos das vendas da hostalaría (20%) e do comercio (2,2%). Porén, a evolución das vendas destas actividades non se viu reflectida no emprego. A Galiza fica lonxe do crecemento da actividade científica e técnica rexistrado no Estado.
Campamentos de refuxiadas e refuxiados de Tindouf, en Alxeria, no que viven 173.000 saharauís. (Foto: Fronte Polisario)
star
INTERNACIONAL

O Polisario reclama presión internacional contra Marrocos pola espionaxe no Estado español

O representante no Estado español da Fronte Polisario denuncia en conversa con Nós Diario a impunidade de Marrocos pola espionaxe no territorio español, que vén de revelar a Audiencia Nacional e que se tería estendido cando menos desde 2010.
Evolución do salario medio bruto na Galiza e no Estado entre 2017 e 2021 (Gráfica: INE / Nós Diario).
TRABALLO

O salario medio no Estado é máis de 2.500 euros ao ano máis alto que na Galiza

A fenda de xénero sitúase nos 5.000 euros na Galiza.
'Nó de bombeiros', na AP-9 ao seu paso por Pontevedra. (Foto: Goberno español)
SOCIAL

O Goberno estatal aproba modificar a concesión da AP-9 en Pontevedra para pagar obras por valor de 11 millóns

As obras, xa licitadas, non afectarán a duración da concesión. A empresa concesionaria, Audasa, só se fará cargo do mantemento e da explotación do vial.

Traballador nunha carnicería (Foto: Lightfield Studios).
star
ECONOMÍA

Os prezos subiron na Galiza desde 2020 a un ritmo 8,6% superior que no Estado español

A inflación rebaixou na Galiza a súa taxa interanual até 2,9% en maio. Porén, o aumento de prezos persiste con respecto a 2022 e alcanza 16,5% nos últimos 36 meses, nun período no que o encarecemento avanzou no país un ritmo 8,6% superior que a nivel estatal. A inflación moderou a súa taxa interanual até 2,9% influenciada polo abaratamento da electricidade durante os últimos 12 meses.