Italia

32 anos e dous días despois dunha das maiores sorpresas na historia do fútbol, Alemaña e Dinamarca reeditarán a final da Euro '92. (Foto: UEFA).
EUROCOPA

A PREVIA | Todo o que debes saber dos oitavos de final da Eurocopa 2024

Suíza-Italia e Dinamarca-Alemaña abren este sábado a segunda fase da competición continental que se disputa en Alemaña.
A afección transalpina tomou as rúas de Londres após eliminar España para acceder á final da Euro 2021. (Foto: Nick Potts / PA Wire ).
EUROCOPA

Final anticipada entre Italia e a 'Roja'

Gran xornada de fútbol esta quinta feira en Alemaña, onde España e Dinamarca terán a oportunidade de obter o desquite dos seus verdugos nas semifinais da última Eurocopa, Italia e Inglaterra, respectivamente. Ademais, Eslovenia e Serbia completan a programación cun derbi balcánico con moita carga política.
A xogadora galega, envolta na bandeira do seu actual club. (Foto: Fiorentina).
DEPORTES

Vero Boquete adía o adeus e seguirá na Fiore un ano máis

Renovou o seu contrato até xuño de 2025.
Foto de grupo a quinta feira en Italia do presidente do Consello Europeo, Charles Michel, o líder de Alemaña, Olaf Scholz; do Canadá, Justin Trudeau; de Francia, Emmanuel Macron; de Italia, Giorgia Meloni; dos Estados Unidos, Joe Biden; do Xapón, Fumio Kishida; do Reino Unido, Rishi Sunak, e a presidenta da Comisión Europea, a alemá Ursula von der Leyen. (Foto: Michael Kappeler / DPA vía Europa Press)
star
INTERNACIONAL

O G7 pacta un préstamo de 46.000 millóns de euros para Ucraína avalado cos xuros dos fondos rusos conxelados

O G7 que iniciou en Italia, marcado pola debilidade da posición de líderes como o estadounidense Biden -que enfronta eleccións este ano-, profunda na axuda económica a Ucraína e non aborda a posibilidade de conversas de paz para acabar coa guerra.
Alguén do trío Italia-España-Croacia pode ficar fóra en primeira rolda. (Foto: Nós Diario).
Eurocopa

A guía da Eurocopa 2024: Grupo 'B'

Croacia, Italia e España, a unidade 'B' de favoritos, loita por eludir o fracaso nun 'grupo da morte' do torneo que completa a modesta Albania.
Traballo do fotógrafo Iván Nespereira (Foto: Nós Diario).
CULTURA

O fotógrafo galego Iván Nespereira presenta a mostra 'Calcaria' en Italia

A mostra do fotógrafo ourensán cuestiona a espiritualidade do Camiño de Santiago.
Terminal de gas natural licuado de Reganosa en Mugardos (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O Estado español volve situarse entre os principais importadores de gas ruso na UE

Os Estados italiano e español foron os principais compradores de gas ruso entre os países da Unión Europea (UE), aumentando en marzo as súas adquisicións ao máximo desde febreiro de 2023.
E. Rama e G. Meloni na sinatura dun acordo migratorio en 2023. (Foto: Roberto Monaldo / Europa Press / Contacto / LaPresse)
Agora

Albania inicia a construción dos centros de detención de migrantes pactados con Italia

A pesar das críticas de entidades en defensa dos dereitos humanos e dos residentes, Albania xa está a construír un centro de detención de migrantes no porto de Shengjin, informou a sexta feira o portal Balkan Insight, un dos dous que edificará tras asinar o Goberno progresista de Edi Rama un pacto co Executivo italiano de extrema dereita liderado por Giorgia Meloni para enviar até 3.000 persoas migrantes que sexan rescatadas por Roma no mar Mediterráneo. No caso de que as súas solicitudes de asilo sexan rexeitadas serían expulsadas deste territorio albanés. Isto transcendeu após aprobar o Parlamento da Unión Europea (UE) un pacto migratorio que consolida a externalización da xestión migratoria a terceiros países fóra do bloque comunitario.
Alessandra Todde (centro) celebrando o triunfo electoral. (Foto: Fabio Murru / Europa Press / Contacto)
Agora

Os progresistas fanse con Sardeña e dan o primeiro revés electoral á ultradereitista Meloni

“Despois de 75 anos conseguimos rachar este teito de vidro”, destacou hoxe Alessandra Todde, candidata do Movemento 5 Estrelas avalada por forzas progresistas estatais italianas, que por primeira vez se impuxeron nestes comicios, e que se converterá na primeira muller en presidir Sardeña. A alianza gañadora considerou o resultado como unha derrota directa do Goberno de ultradereita de Giorgia Meloni en Roma.

Alessandra Todde (centro) durante a campaña electoral. (Foto: Nós Diario)
Agora

A progresista Alessandra Todde, moi perto de facerse coa Presidencia de Sardeña

Á hora de feche hoxe desta edición, Alessandra Todde, candidata do Movemento 5 Estrelas apoiada por distintas forzas progresistas, encabezaba o reconto das presidenciais en Sardeña con 45,5% dos votos cando se escrutaran tres cuartas partes das seccións electorais, con Paolo Truzzu, candidato da ultradereita de Irmáns de Italia avalado por formacións conservadoras, con 45,2%. As candidaturas soberanistas ficaron perto de 10%.

A primeiro ministra italiana, Giorgia Meloni. (Foto: Rodrigo Reyes Marin / ZUMA Press W / DPA)
INTERNACIONAL

Italia aproba o acordo para enviar persoas solicitantes de asilo a Albania

A ONU ordena o Estado español atender un menor migrante abandonado.
Estrada cortada a quinta feira polas labregas e labregos lusos. (Foto: Andrés Rodríguez / Europa Press)
INTERNACIONAL

As protestas agrarias en Portugal cortan a ponte Vasco da Gama

A UE simplificará o proceso para acceder á PAC
Parque de eólica mariña promovido por Acciona. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Italia tamén quere entrar na explotación da eólica mariña na Galiza

Plenitude, empresa propiedade da corporación italiana Eni (Ente Nazionale Idrocarburi) para comercializar no Estado español e Portugal, súmase ás dúas multinacionais que promoven un parque eólico fronte ás costas de Ortegal.

Giorgia Meloni, Justin Trudeau, Emmanuel Macron, Fumio Kishida, Joe Biden, Olaf Scholz e Rishi Sunak no cume do G-7 en Hiroshima en maio. (Foto: Adrian Wyld)
star
Análise

A Italia de Meloni rexeita o 'proxecto do século'

Sara Álvarez Quintáns é graduada en Relacións Internacionais e Magister en Paz, Seguridade e Defensa.
A líder italiana Giorgia Meloni. (Foto: Roberto Monaldo / LaPresse via ZUM / DPA)
INTERNACIONAL

2023 xa é o ano con máis mortes no Mediterráneo central desde 2017: "Italia impide as actividades de busca e rescate"

Máis de 2.400 migrantes morreron no mar neste exercicio.
Olaf Scholz, chanceler alemán, nun acto a finais de outubro. (Foto: Michael Kappeler / DPA)
INTERNACIONAL

Alemaña endurece a súa política migratoria logo de anunciar Italia que enviará migrantes a Albania

Tirana acollerá as persoas rescatadas no mar por Roma, que financiará centros de migrantes no país balcánico.
A primeira ministra de Italia, Giorgia Meloni, a quinta feira. (Foto: Leon Neal / PA Wire / DPA)
Agora

O Goberno ultradereitista italiano aproba unha reforma no camiño ao presidencialismo

Logo do rexeitamento da oposición ao Executivo de extrema dereita en Italia, encabezado por Giorgia Meloni, á súa proposta de mudar a forma de Goberno ao presidencialismo, o Consello de Ministras e Ministros en Roma aprobou hoxe un proxecto de reforma que introduce a elección directa da primeira ministra, que acumularía novas competencias até o de agora en mans da Presidencia sen límite de mandatos, que si existe a nivel rexional.
Os líderes da UE, esta sexta feira tras a cimeira comunitaria en Granada (Foto: Europa Press / Contacto / Chigi Palace Press Office / F).
INTERNACIONAL

A UE cede ante Hungría e Polonia e esquiva mencionar a migración na Declaración de Granada

Ursula Von der Leyen defende que a Unión Europea sexa "firme" cos procesos de deportación.
Plenario da Comunidade Política Europea, esta quinta feira en Granada (Dario Pignatelli / CE / DPA).
INTERNACIONAL

Von der Leyen advirte da "obriga" dos Estados de brindar armamento a Ucraína

Meloni e Sunak organizan unha 'axenda paralela' sobre migración.
Olaf Scholz, o chanceler alemán, e Giorgia Meloni, a primeira ministra italiana (Foto: Massimo Di Vita / Europa Press / Contacto).
INTERNACIONAL

O acordo migratorio da UE vese lastrado polas concesións a Italia

O Goberno de Meloni veta a protección das ONG.