INTERNACIONAL
A metade da poboación europea contaxiarase de Ómicron nos dous próximos meses
11/xan./22
A OMS advirte da alta transmisibilidade da variante Ómicron da Covid-19, que contrae cada semana "1% da poboación de Europa".
Tamén advertiu que a variante ómicron podería causar contaxios mesmo en vacinados e recuperados do Covid-19.
Galiza porá en marcha 25.000 autocitas para que mozas e mozos de entre 16 e 22 anos soliciten a vacina da Covid-19. Aliás, ante as longas colas de agarda rexistradas na vacinación en Vigo, o Sergas culpa a mocidade por acudir antes da hora que fora citada. Por outra banda, a OMS pide priorizar as vacinas para persoas de alto risco e traballadores sanitarios no mundo sobre as e os adolescentes.
A subdirectora xeral da Organización Mundial da Saúde para o Acceso a Medicamentos e Produtos Sanitarios, Mariângela Simão, recoñece que as expertas estudan algúns casos de miocarditis e pericarditis.