SOCIAL
A OMS advirte dun notábel incremento de casos de varíola do mono
23/maio/22
Malia que "unha parte significativa dos casos identificouse entre homes que teñen sexo con homes", a ONU explica que o maior risco é o "contacto físico próximo con alguén infectado", e ese risco "non se limita ás relacións homosexuais". "As leccións da resposta á sida mostran que o estigma e a culpa dirixidos a certos grupos de persoas poden prexudicar axiña a resposta ao gromo", engade.