Y. C. 18/xan./22 - 13:12 Seguinte chevron_right O secretario xeral da ONU, António Guterres, puxo o foco na vacinación para os países de rendas baixas na súa intervención no Foro Económico Mundial, coñecido como Foro de Davos, no marco dunha época "difícil" para as economías, as persoas e o planeta. "A Organización Mundial da Saúde (OMS) deu a coñecer unha estratexia para vacinar 40% das persoas en todos os países para finais do ano pasado, e a 70% para mediados deste ano. Non estamos nin perto destes obxectivos. As taxas de vacinación nos países de altos ingresos son, vergoñentamente, sete veces máis altas que nos países africanos", explicou. Neste senso, afirmou que é preciso solidarizarse cos países en desenvolvemento "compartindo licenzas, coñecementos e tecnoloxía", así como brindar apoio financeiro ou priorizar a subministración de vacinas. "Precisamos reformar o sistema financeiro global de maneira que poida funcionar para todos os países sen ser nesgado. Neste momento crítico, estamos a gravar en pedra unha recuperación desequilibrada", recalcou. A desigualdade impera no repartimento das vacinas Atendendo aos datos actuais de vacinación, América do Sur é o continente máis adiantado, con 76,9% da súa poboación con cando menos unha dose do fármaco e até 65,8% coa pauta completa. Ségueno de perto Asia —69,4% cunha dose e 57,5% coas dúas—, América do Norte —68,9% e 58,8%, respectivamente— e Europa —66,3% e 62,5%—. Máis afastado está Oceanía, con 62,3% da poboación coa primeira picada e 58,9% coa pauta completa da vacina, mentres África fica á cola con apenas 10,1% de inmunización completa e 15,4% cunha dose. Atendendo aos países que máis e menos avanzaron no proceso de vacinación pódense observar as dúas caras dunha mesma moeda: mentres Emiratos Árabes lidera a inmunización coa pauta completa, cun alcance de 92%, en Burundi a cobertura nin tan sequera chega a 01,% da súa poboación. Etiqueta pandemia Covid-19 vacinación Seguinte chevron_right
INTERNACIONAL Trump parte como favorito fronte a Biden no arranque da convención republicana Xacobe Ferreiro 16/xul./24 7:54
INTERNACIONAL Xiro de temón de Zelenski sobre as conversas de paz: "Creo que neste segundo cumio deberían de participar representantes rusos" Ricardo Suárez 15/xul./24 16:49
Catalunya Haberá acordo entre PSC e ERC para investir Salvador Illa? Así están as negociacións Ricardo Suárez 15/xul./24 16:00
INTERNACIONAL A ONU advirte: "Non hai ningunha zona segura en Gaza; ninguén está a salvo, estea onde estea" Y. C. M. 15/xul./24 10:22
INTERNACIONAL Trump chama á unidade dos estadounidenses mentres xorden dúbidas sobre a actuación dos servizos secretos no atentado Xacobe Ferreiro 14/xul./24 17:57 Trump ferido nun atentado mentres daba un mitin en Pensilvania
INTERNACIONAL Trump ferido nun atentado mentres daba un mitin en Pensilvania Redacción 14/xul./24 8:28