Concentracións en Galiza piden que cese o "xenocidio" en Palestina
Convocadas na Coruña, Lugo e Compostela as concentracións amosaron o rexeitamento á operación militar 'Bordo Protector' que deixa máis dun cento de mortes en Gaza.
Convocadas na Coruña, Lugo e Compostela as concentracións amosaron o rexeitamento á operación militar 'Bordo Protector' que deixa máis dun cento de mortes en Gaza.
O pleno do Parlamento aprobará hoxe unha declaración institucional de apoio ao pobo palestino cos votos da unanimidade dos grupos políticos con representación. Reclama, entre outras cousas, o cumprimento das resolucións das Nacións Unidas.
Unha explosión acontecida esta madrugada provocou importantes danos e o afundimento da popa no Arca de Gaza, o barco que tenta romper o bloqueo israelí á faixa de Gaza. Pouco antes, o garda nocturno recibira unha chamada anunciando o ataque.
A organización sindical nacionalista visitou os territorios palestinianos de Xerusalén Leste e Cisxordania como parte dunha Misión Sindical Internacional artellada pola Federación Xeral dos Sindicatos de Palestina.
En xaneiro do próximo ano, Pallasos en Rebeldía volverán facer rir un pobo asediado coa segunda edición do Festiclown Palestina, que se desenvolverá, desta volta, nos campos de refuxiados do Líbano. Para apoiar a acción chaman a participar esta quinta feira na gala de apoio que un grupo de artistas ofrecerán en Compostela.
O pelotón do exército levaba unha orde que lles autorizaba a deter a Mohamed al Mayid, de 4 anos, por ser o presunto agresor dun colono. Nos últimos días, os soldados arrestaron a tres nenos de 9, 10 e 11 anos.
O Goberno sionista ven de anunciar a construción de máis de mil vivendas en Cisxordania e Xerusalén Leste. O territorio palestino ocupado aumentou un 182 por cento nas últimas dúas décadas.
No día 15 de maio no que se fan 65 anos da Nakba palestina, a AELG homenaxea ao poeta Mahmud Darwich cun acto no que se lle porá o seu nome a unha aula da Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Darwich estivo na Galiza en 2006 para ser recoñecido co premio internacional da asociación da literatura galega.
A piques de se conmemorar a Al-Nakba dedicamos o noso caderno de análise ás políticas xenocidas do Estado de Israel. Mais tamén ás iniciativas sociais que loitan contra a impunidade 65 anos após a ocupación
O compañía transnacional de servizos online segue os pasos das Nacións Unidas e recoñece Palestina como estado de seu
Recusou trocar a súa camisola pola do equipo israelita en sinal de oposición á represión de Israel contra Palestina. O momento recóllese na prensa internacional que lembra o apoio do xogador da Madeira ao pobo palestino, causa para a que tería feito diversas donacións económicas. Na Galiza, o mundo do deporte bota a andar unha campaña de boicote a Israel.
O recente operativo do exército de Israel para deter, baixo acusación de "terrorismo", a 30 crianzas cando estas ían cara o colexio alarmou mesmo a unha parte da sociedade israelí. ONGs denuncian torturas e mesmo abusos sexuais a menores palestinos presos en cadeas de Israel
Fontes de Hamas denuncian o asasinato dun campesiño de 23 anos en Gaza e de sete persoas feridas no que podería ser o primeiro incumprimento da tregua.