O Congreso reclama a recuperación do pazo de Meirás coa abstención do PP
Tamén pide que o concello de Sada xestione as visitas ao Pazo de Meirás. Decisión adoptada por unha iniciativa de En Marea.
Tamén pide que o concello de Sada xestione as visitas ao Pazo de Meirás. Decisión adoptada por unha iniciativa de En Marea.
As gravacións realizadas pola policía dentro da Operación Lezo -que investiga irregularidades na empresa pública madrileña Canal Isabel II- non só revelan a presunta corrupción do Partido Popular. Tamén informan sobre as liortas internas dentro da dereita española. E moi particularmente sobre o “odio africano” de Aznar contra Mariano Rajoy.
A gravación dunha conversa entre o empresario Rafael Palencia e o ex director xeral do Canal Isabel II de Madrid Ildefonso de Miguel vén de revelar os métodos cos que o Partido Popular xeraba a súa caixa B. A Cadena Ser difundiu esta mañá os fragmentos de audio en que Palencia explica como entregaba periodicamente 35.000 euros na sede da organización. Recollíannos Álvaro Lapuerta ou Luis Bárcenas.
Soutomaior é un dos concellos galegos con máis nacementos. Porén, estará un mes sen pediatra. As denuncias van alén disto. Segundo dados fornecidos a Sermos Galiza pola CIG-Saúde, un médico de familia chega a atender neste concello da comarca de Vigo 65 pacientes ao día. O BNG convocou unha mobilización para o domingo ás 12.30h en Arcade, na alameda de Talo Río.
Pablo Casado, vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, advertiu que a declaración de independencia pode acabar "como hai 83 anos”, en referencia ao presidente da Generalitat Lluis Compayns, que foi detido, preso en 1934 na II República e posteriormente, en 1940, fusilado polo réxime franquista. O día despois da manifestación unionista de Barcelona, Casado emitiu un discurso durísimo que non deixa ningún espazo á negociación e até deixou caer a hipótese da ilegalización dos partidos independentistas.
Ana Pontón lamenta que os socialistas vaian “de ganchete do Partido popular” nun debate sobre un modelo que beneficiaría a Galiza no seu financiamento. En Marea apoiou a proposición de lei presentada polos nacionalistas.
Mariano Rajoy regresou hoxe a Galiza onde tivera que interromper as súas vacacións hai dez días polos atentados en Barcelona. Falou en Pontevedra diante de dirixentes do Partido Popular para pedir a “algúns responsables políticos” que renuncien aos seus “plans de ruptura, división e radicalismo”. Acompañouno Núñez Feijoó, que dixo que “non pode haber partidos nin ideoloxías, nin pequenas batallas absurdas” fronte ás “grandes traxedias”.
As formacións políticas que forman o goberno de coligazón en Sada, SadaMaioría, PSdeG e BNG, aprobaron que sexa o concello o organismo encargado de xestionar as visitas ao Pazo de Meirás. Tamén acordaron que se inicie o retorno do pazo a mans públicas. O PP, que defendeu que a familia Franco elixa quen debe xestionar as visitas, abstívose e o Partido Demócrata Sada Popular votou en contra.
O CIS de abril -realizado nos primeiros días do mes, antes de estourar a Operación Lezo- rexista un significativo descenso do PP, ao pasar de 33 a 31,5 por cento dos votos. O PSOE ultrapasa lixeiramente Unidos Podemos, que cae dous pontos. O inquérito confirma a liña descendente de En Marea. O maior ascenso, cun incremento de 2,5, protagonízao o Cs de Albert Rivera, que se sitúa en 14,9 por cento dos apoios.
A comisión de investigación sobre o accidente ferroviario que tivo lugar en Angrois o 24 de xullo de 2013 segue a ser unha entelequia. Desta vez, PP, PSOE e Ciudadanos impediron na Mesa do Congreso que a Xunta de Portavoces poida poñer data ao debate plenario dunha comisión que investigue os feitos.
Sermos Galiza edita un novo libro co que agasallará subscritoras e subscritores do semanario e que estará á venda nas librarías. Coordinada por Alberte Blanco, director xeral de Montes na Consellaría do Medio Rural entre 2005 e 2009, a obra é unha radiografía do monte galego, con perspectivas de futuro e propostas para mudar unha situación que as autoras e autores ven “caótica”. O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional? sairá á rúa o 26 de abril, en coincidencia co V aniversario do Sermos dixital.
“Demita ou non, Carmen Santos deixou de ser unha interlocutora válida”. Así o afirma o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, quen veta a súa homóloga de Podemos nas relacións parlamentares. Todo, por un chío no Twitter en que Santos relacionaba os populares coa violencia machista.
Estraña xeometría variábel para o PP no Congreso dos Deputados: xusto no momento en que consolida a súa alianza conxuntural co PNV, comproba como a súa entente con Cs é cada día máis fráxil. Esta quinta feira, a formación conservadora foi incapaz de reunir apoios suficientes para garantir a convalidación na cámara do decreto lei de liberalización da estiba. Unha dura derrota parlamentar de consecuencias imprevisíbeis.
Sen cabeza orgánica aínda, o PSOE recupera posicións no taboleiro eleitoral. O último inquérito do CIS -realizado no período 2-12 de Xaneiro- outorga ao PSOE 18,6 por cento dos apoios, 1,6 máis do que en outubro. É cuase o que perde o PP, que pasa de 34,5 a 33 por cento.