Zaplana, sobre a sucesión de Rajoy: “A Aznar tanto lle ten quen sexa. Se é Feijóo, pois Feijóo”

As gravacións realizadas pola policía dentro da Operación Lezo -que investiga irregularidades na empresa pública madrileña Canal Isabel II- non só revelan a presunta corrupción do Partido Popular. Tamén informan sobre as liortas internas dentro da dereita española. E moi particularmente sobre o “odio africano” de Aznar contra Mariano Rajoy.
 

feijóo e aznar campus faes
photo_camera Feijóo (á esquerda) con Aznar (segundo pola esquerda) no campus da FAES. Foto: cedida.

Nun documento sonoro destapado polo xornal catalán La Vanguardia e que recolle unha conversa entre o ex ministro Eduardo Zaplana e o ex presidente da Comunidade de Madrid Ignacio González, Zaplana explica as preferencias de José María Aznar. “Este non pode continuar. Este Rajoy é imposíbel. Esta lexislatura non pode durar (…) a ver se cando caia nos vai arrastrar a todos”, di Zaplana que lle confesou o ex presidente do Goberno español.

É nese contexto -a comunicación rexistrada pola policía data de xaneiro deste ano- en que Aznar se nega a lle contar a Zaplana cal é a súa aposta para a hipotética sucesión de Mariano Rajoy. “Creo que el está pensando que tanto lle ten quen sexa, o caso é salvar a cara (...) Se é Feijóo, pois Feijóo. O que veña terá o seu apoio. Porque el non está para dicir 'ten que ser este”.

Comentarios