star
18-F | BARÓMETRO PARA NÓS DIARIO
Barómetro completo de EM-Analytics (10 de febreiro): así se reparten os votos e escanos en cada circunscrición
10/feb./24
A batalla polos últimos escanos non dá tregua. O Partido Popular cede na xornada deste sábado un escano na circunscrición de Ourense a Democracia Ourensá e fica con 38 actas, só unha por riba da maioría absoluta. A pelexa estréitase nas circunscricións da Coruña e Pontevedra, onde a formación liderada por Alfonso Rueda mantén dous escanos por só unhas décimas. A decantación da importante bolsa de electorado indeciso, cuxa cifra se sitúa en arredor do 20% do censo, será decisiva para resolver o reparto final de escanos nas demarcacións electorais galegas. Até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.