Goberno español e Xunta seguen a cruzar acusacións polo viaduto da A-6: "Non sabemos nada", di Ethel Vázquez
A Xunta sospeita que o Goberno español coñece as causas do colapso do viaduto da A-6
Aberto ao tráfico o desvío habilitado após o derrube do viaduto do Castro
O BNG exixe "máxima axilidade" nas obras do viaduto do Castro
Cae o tramo do viaduto do Castro que aínda quedaba en pé, despois de 48 horas de traballos
A "caótica" situación que viven os transportistas ao cruzar Pedrafita: "Isto é un descontrol total"
Comezan na cuarta feira os traballos para desmontar parte do viaduto da A-6 afectado polo colapso
O Goberno español habilitará en agosto unha alternativa ao viaduto do Castro na A-6
O secretario xeral de Infraestruturas, Xavier Flores, criticou que se utilice politicamente este asunto. "Creo que é un erro e sería un fraco favor aos cidadáns tentar politizar ou converter isto nun debate político. Hai que actuar con rigor técnico e transparencia ante un caso excepcional e extraordinario",
PP e BNG critican a solución do Ministerio para a A-6
Habilitar máis quilómetros de autovía en dobre sentido, solución provisional na A-6
O Ministerio non achega ningún calendario de execución para reparar a A-6
A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, compareceu na mañá da cuarta feira no Congreso, para responder unha interpelación do BNG sobre os derrubamentos da A-6. Na intervención, comprometeuse a realizar un estudo dos viadutos semellantes nas autovías galegas, mais non ofreceu calendario ningún para executar as obras de reparación do viario caído.
Manuel Monge, sobre o colapso da A-6: "Non estamos ante un problema técnico, senón que ten unha raíz política"
Estas son as tres alternativas da Xunta á A-6
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que o seu Goberno traballa no deseño de tres alternativas ao viaduto da A-6 caído e que será trasladada nunha reunión convocada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, á que acudirá a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na próxima quinta feira.
O Estado tamén reduciu custos na construción da autovía das Rías Baixas
Os cambios de trazado non só afectaron a A-6. A modificación do tramo da autovía Rías Baixas entre Melón e Barbantes, obra na que tomou parte FCC, tamén resultou polémica. De feito, as mudanzas no proxecto do viaduto foron denunciadas xa en 1998.
Antón Bao: “A A-6 naceu defectuosa por unha cuestión política, de prazos electorais”
Antón Bao, ex tenente de alcalde de Lugo e ex vicepresidente da Deputación, ocupaba en 1999 unha acta de concelleiro, polo BNG, en Becerreá. Xa daquela denunciaba a “chapuza” que representaba, ao seu ver, a construción da A-6. Foi un dos protagonistas das múltiples mobilizacións que decorreron contra a construción dunha autovía hoxe en sospeita, após os recentes derrubamentos de dous tramos do viario.
O Goberno do Estado estuda posíbeis rutas alternativas á A-6
A sanidade, o viaduto da A-6 e os fondos 'Next Generation' centran as críticas da oposición a Rueda
Cales son as empresas construtoras que financiaron o PP galego segundo Bárcenas?
A caída dunha das pontes da A-6 situada no tramo entre Castro Lamas, no concello berciano de Veiga de Valcarce e Noceda, no concello galego de Pedrafita do Cebreiro puxo outra vez enriba da mesa a vinculación entre as empresas construtoras e o financiamento irregular dos partidos políticos.