O Eurogrupo mobiliza 540.000 millóns mais aparca os eurobonos
A última hora da quinta feira os ministros de Economía e Finanzas da eurozona chegaban a un acordo para mobilizaren 540.000 millóns de euros en empréstitos e para pór en marcha a medio prazo un plan de impulso da economía. Porén, decidiron aparcar os eurobonos.
PSdeG e BNG gobernarán en coalición a Deputación de Lugo
A menos de 24 horas para a realización do pleno de constitución da Deputación de Lugo, o BNG e o PSdeG chegaron a un acordo para un goberno de coalición na institución provincial, cuxa presidencia recaerá en José Tomé, alcalde do PSdeG en Monforte, e estabelecerase unha vicepresidencia única que levará Maite Ferreiro, concelleira do Bloque Nacionalista Galego en Lugo.
Desbloqueada a venda das plantas de Alcoa a Parter
Acordo entre multinacional e sindicatos. O fondo suízo terá até o 31 deste mes para presentar as garantías demandadas pola alumineira.
PSdeG e BNG cogobernarán a Deputación de Pontevedra
Finalmente o PSdeG non estará en solitario á fronte da Deputación de Pontevedra e cogobernará co BNG. O pacto acadado entre amabas forzas sitúa Carmela Silva de novo na presidencia e César Mosquera como vicepresidente. O acordo foi sinalado por Regades como “a antesala do pacto de goberno que haberá na Xunta entre ambas forzas" para expulsar o PP en 2020.
Maior estabilidade e mellora de condicións: preacordo no convenio de ambulancias
As asembleas de traballadores e traballadoras votarán en asemblea se están de acordo co texto, documento que se suma ao aporbado a mediados do mes pasado entre patronal e sector sobre condicións económicas.
O acordo orzamentario PSOE-Unidos Podemos non contempla ningunha actuación específica para Galiza
En Marea no Congreso español presentara a inicios deste mes a súa ‘Axenda Galega do Cambio’, documento que trasladou ao goberno español e no que se recollían diferentes demandas e reivindicacións.
O Acordo Ortográfico continua causando polémicas em Portugal
Ação em tribunal tenta eliminar o Acordo Ortográfico nas escolas portuguesas pedindo a anulação da norma
Goberno colombiano e as FARC asinan un novo acordo de paz
Após o “non” no plebiscito do 2 de outubro, delegados do Goberno colombiano e das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC-EP) asinaron o pasado sábado, 12 de novembro, o acordo definitivo para a paz, un documento en que incorporaron as propostas das persoas detractoras.
A India ratifica o acordo de París
Coincidindo co Día Internacional da Non Violencia a India entrega a ratificación do Acordo de París sobre Mudanzas Climáticas.
A China e os EUA ratifican o acordo climático de París
A China e mais os EUA, os dous países que máis CO2 emiten, aproveitaron a reunión do G20 para ratificaren o acordo climático adoptado en decembro do ano pasado en París para reducir as emisións de dióxido de carbono. O pacto foi fortemente criticado entre os movementos ecoloxistas por ser insuficiente.
O Goberno colombiano e as FARC ultiman o acordo definitivo no proceso de paz
O Goberno colombiano e mais as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército do Pobo (FARC-EP) están a piques de concluír o acordo definitivo que fecha os diálogos abertos no marco do proceso de paz. Tan só fican detalles por resolver que terían a ver, segundo a FARC, coa ética.
A CUP acorda "desligarse" do acordo de estabilidade con Junts pel Si
A asemblea que a CUP desenvolve este domingo aprobou unha emenda ao relatorio político no que empraza a formación a se liberar do pacto de estabilidade con Junts pel Si -aínda que non fala expresamente de ruptura- e por avanzar no proces soberanista.
Podemos, IU e Compromís rachan negociacións con Sánchez após o acordo do PSOE con Ciudadanos
Após teren coñecemento do acordo de investidura do PSOE e Ciudadanos, Podemos, IU e Compromís dan por finalizadas, polo momento, as negociacións con Pedro Sánchez. Adían as conversas até despois das sesións de investidura.
O PSOE consultará coa militancia o acordo de investidura ou de goberno
O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, anunciou na mañá do sábado no Comité Federal que consultará coa militancia se chega a un pacto de investidura ou de goberno con outras formacións políticas. Ademais, o Comité Federal adiantou o Congreso do PSOE a maio.
Patxi López será presidente do Congreso nunha Mesa sen presenza do soberanismo
PP, PSOE e C's acadaron un acordo para se repartir a Mesa da Cámara baixa, mentres Podemos fica á marxe ao fixar como liña vermella para apoiar o candidato socialista á presidencia conformar 4 grupos parlamentares. Por vez primeira non haberá ningún representante nacionalista no órgao de goberno do Congreso.
Catalunya: acordo de investidura en clave de nación
[ACTUALIZADA ÁS 18.46] Junts pel Si e a CUP ultiman un acordo sen Artur Mas como president, un cargo que ocupará Carles Puigdemont, alcalde de Girona.
200 persoas concéntrase para pedir un acordo entre Junts pel Si e a CUP
Cando restan pouco máis de 24 horas para que remate o prazo para lograr a investidura e evitar unhas novas eleccións, arredor de 200 persoas concentráronse na praza de Sant Jaume para pedir un acordo de última hora entre Junts pel Si e a CUP.
A ANC deixa de negociar coa CUP e JxSí após non chegar a acordo
A posibilidade de que haxa investidura e non eleccións é cada vez máis remota. O prazo remata este domingo ás 23.59h. No caso contrario, haberá novos comicios.
CUP e JxSí chegan a un principio de acordo
Presentarán a súa proposta en senllas comparecencias públicas ás 13h e ás 17h.