Agora

O ano pasado chegou ás lonxas galegas (na imaxe, a de Burela) a menor cantidade de peixe e marisco en case dúas décadas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

O Ministerio descarta baixar o IVE aos produtos pesqueiros

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, descartou esta sexta feira a petición que volveu trasladar o sector do mar de baixar o IVE aos produtos pesqueiros para impulsar o seu consumo. "Pensamos que para potenciar o consumo de peixe o mellor é facelo vía da promoción e da creación de valor, máis que polo IVE cero do peixe", puxo de manifesto o ministro. Pola súa parte, o secretario xeral de Cepesca, Javier Garant, cre que o Goberno español "erra" á hora de non eliminar o IVE dos produtos pesqueiros. "Estamos convencidos de que a eliminación do IVE sería fundamental para cambiar a tendencia do consumo", dixo.
Rubén Arroxo, Néstor Rego, Montse Valcárcel e Olalla Rodil. (Foto: Nós Diario)
Agora

Rego exixe ao Goberno estatal que cumpra os compromisos pactados

O deputado do BNG no Congreso español, Néstor Rego, instou esta sexta feira o Goberno estatal a "cumprir" os compromisos pactados con Lugo en materia de infraestruturas e ferroviaria a pesar da súa "decisión unilateral" de prorrogar os orzamentos para evitar que a cidade amurallada "quede marxinada". Rego manifestou o seu convencemento de que a ausencia de orzamentos para 2024 non debe afectar a execución das "cuestións recollidas no acordo de investidura". Fíxoo nunha rolda de prensa acompañado das deputadas parlamentarias do BNG Olalla Rodil e Montse Valcárcel, e do tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Un menor resulta ferido nun incendio na Laracha

Un menor resultou ferido esta sexta feira nun incendio na vivenda da súa familia no Concello da Laracha. O menor foi trasladado ao centro de saúde con lesións na cara. Segundo informou o 112, pasadas as 8 horas, o servizo recibiu a chamada dunha muller que pedía axuda urxente por un incendio na súa vivenda. O domicilio atópase no lugar de Campo da Ran, en Erboedo. Así, acudiron os Bombeiros de Carballo, Garda Civil e Protección Civil da localidade. Tamén os profesionais de Urxencias Sanitarias-061, aínda que o menor ferido foi evacuado pola súa propia familia ao centro de saúde da localidade. Presentaba queimaduras na cara debido ao lume que se formou nun cuarto do primeiro piso da vivenda, que, quedou danado tanto polo incendio como polo intenso fume producido.

cremasolar
Agora

Sanidade retira do mercado varias cremas solares por incumprir a protección da etiqueta

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), dependente do Ministerio de Sanidade, pediu o cesamento de comercialización das cremas solares 'Invisible Sun Protection Face Cream SPF 50+' de Rituals, 'Capital Soleil Crème Onctueuse Protectrice SPF 50+' de VICHY e 'Waterlover Face Sunscreen SPF 50+' de Biotherm, "en aras da protección da saúde das persoas consumidoras", ao non presentar datos que demostren que a composición destes produtos é igual ou equivalente á fórmula comercializada.  No caso de Nivea, Lancaster e Piz, a AEMPS solicitou ás empresas medidas de cesamento de comercialización unicamente das unidades dos lotes ensaiados dos produtos.
Josito Porto e David Amor, nunha escena do espectáculo.
Agora

Os males do turismo de masas, a escena

Os efectos nocivos do turismo masivo e as tensións que xera na poboación local son os elementos que trata Go home, unha comedia negra con dramaturxia de José Prieto e dirección de Tito Asorey que se estreou esta quinta feira, 21 de marzo, no Teatro Principal da Estrada. Protagonizado por Josito Porto e David Amor, o espectáculo representarase os días 23 e 24 no Teatro Coliseo Noela de Noia, para ir despois a Viveiro e viaxar até A Coruña no marco do Encuentro Mundial de Humorismo.  
Freixanes, Ferreiro, Arroxo e González, esta quinta feira, en Lugo. (Foto: Nós Diario)
Agora

'Cibercarracho' xa forma parte do paseo das Palabras do Ano de Lugo

'Cibercarracho' acaba de incorporarse ao paseo das Palabras do Ano de Lugo. O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, o responsábel de Patrimonio e Cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez, o tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro visitaron esta quinta feira a rúa Menorca, onde loce xa a voz elixida como Palabra do Ano 2024 polo Portal das Palabras.
visita
Agora

O catedrático García Mira volve levar a UDC até os confís de Asia

O pasado 18 de marzo de 2024, o catedrático Ricardo García Mira tivo a honra de volver á prestixiosa King Mongkut’s University of Technology Thonburi (KMUTT), situada en Bangkok. Esta segunda reunión permitiu que García Mira, xunto aos profesores Shabir Gheewala, Richard Watson, Dra. Prapamon Seeprasert, Dr. Ittisak Jiraporvaree, Dr. Katekanya Tadsuwan e a profesora Passanan Assavarak, non só o arroupasen nunha gran benvida no departamento de Ciencias Sociais, senón que tamén puido participar na discusión sobre a posibilidade de cooperación no ámbito de investigación entre a Unión Europea (UE) e a Asociación de Nacións de Asia Sudoriental (ASEAN).
Agustin Agra. Foto: María Esteirán
Agora

Agustín Agra faise co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole

Agustín Agra vén de facerse co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra O livro das contrarias. O xurado -composto pola poeta Mariña Pérez Rei, o escritor Fabio Rivas Pardo, e a escritora María Reimóndez- destacou que se trata dunha "obra de actualidade e ambiente cosmopolita que dialoga cunha ausencia, poñendo en dúbida os límites da memoria. A voz da narradora navega entre a linguaxe da fotografía, o xénero epistolar e a presenza icónica do mundo natural. Estes fíos tecidos constrúen unha obra de aparencia intimista, pero que revela puntos de conexión con temas tanto ambientais como de recuperación das voces e olladas das mulleres no ámbito científico a través dunha sensitiva voz narradora.

Inés Rei, alcaldesa da Coruña, esta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
Agora

Inés Rei acusa a Xunta de "torpedear" a declaración de zonas de mercado tensionado

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, acusou onte a Xunta da Galiza de "torpedear" a petición do Goberno local para declarar a cidade mercado tensionado e fixar tope ao prezo do aluguer en determinadas zonas, de acordo coa Lei estatal de vivenda. "A Xunta di que ningunha cidade galega cumpre os requisitos, non ten ningunha lóxica que primeiro exixan documentación para respaldar a solicitude e logo digan que non cumprimos", aseverou a rexedora. Fronte a isto, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, instou o consistorio da Coruña a sacar solo público seguindo o modelo autonómico.
Melisa Pagliaro e Marcos Pérez. (Foto: Gadisa)
Agora

Gadisa únese á Fundación Galicia Sustentable para impulsar o rural

Promover a prosperidade e a sustentabilidade do medio rural é o obxectivo da unión entre Supermercados Gadis e a Fundación Galicia Sustentable, que impulsa o Foro Rural Sustentable. Gadis –que esta cuarta feira foi mencionada no Atlas galego da empresa comprometida como unha das entidades con mellor puntuación das 80 analizadas– convértese así en socia protectora desta iniciativa que promove o desenvolvemento do rural.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Morre un home en Ponteareas ao caerlle enriba unha árbore mentres realizaba unha corta

Un home morreu esta cuarta feira no Concello de Ponteareas, comarca do Condado, ao caerlle enriba unha árbore mentres realizaba unha corta nunha leira da parroquia de Xinzo. Segundo informou o CIAE 112 Galiza, o suceso tivo lugar minutos antes das 09 horas nunha leira propiedade do falecido situada no lugar da Barreira. O home foi golpeado por unha árbore que acababa de cortar, traballos que realizaba en compañía doutra persoa que foi a encargada de dar a voz de alarma aos servizos de emerxencia. Até o lugar mobilizouse un equipo de Urxencias Sanitarias 061 desprazados no helicóptero con base en Ourense, que non puideron facer nada pola vida do falecido.

Lira Carnota
Agora

Incautados máis de mil quilos de mexilla en Carnota

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña, en colaboración co Servizo de Gardacostas da Xunta da Galiza, incautou 1.002,66 quilos de mexilla no porto de Lira, na localidade de Carnota. Os feitos producíronse no marco dun servizo de control do furtivismo. No transcurso do mesmo, os axentes observaron como se descargaba dunha embarcación, directamente ao remolque dun turismo, sacos cheos de cría de mexillón, incumprindo a obriga da pesada antes da primeira venda. Unha vez finalizada a descarga dos sacos, os efectivos procederon á inspección do remolque e da mercadoría, constatando que, tal como supoñían, tratábase de mexilla, a cal lanzo un valor de 1.002,66 quilos.

Epicentro do terremoto en Sarria (Foto: IGN).
Agora

Sarria rexistra un segundo sismo en menos dunha semana

A localidade de Sarria rexistrou na noite da pasada segunda feira un novo terremoto, tras o que se deixou sentir na sexta feira na zona, aínda que esta vez foi de menor intensidade. En concreto, segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional (IXN), o sismo tivo lugar sobre as 23.30 horas da segunda feira ao norte de Sarria. A magnitude deste tremor foi de 2,3 graos e, segundo o IXN, puido sentirse en Betote de Arriba, Sarria e Samos. 
 
O líder da Xunta Militar de Níxer, Abdourahmane Tchiani. (Foto: Presidencia de Níxer)
Agora

Os EUA buscan unha "nova vía de cooperación" con Níxer despois da ruptura do acordo militar

O Executivo estadounidense sostivo que non cesaron os contactos diplomáticos coa Xunta Militar que goberna Níxer para construír unha “nova vía de cooperación”, cuestionando o “camiño” elixido polo país, recolleron a terza feira medios internacionais. Níxer vén de romper o pacto de cooperación militar con Washington, que inclúe a presenza de case mil militares estadounidenses, amais de mercenarios, no Estado, que xa expulsou as tropas francesas.

Berlín
Agora

Os galegos residentes no estranxeiro aumentan 1,4% no último ano, até 539.972 persoas

A poboación galega residente no estranxeiro aumentou 1,4% durante 2023, alcanzando as 539.972 persoas a 1 de xaneiro de 2024, segundo datos publicados esta terza feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Por provincias, 185.832 coruñeses viven fóra, así como 156.889 pontevedreses, 76.318 lugueses e 115.933 ourensáns. Do total de galegos que reside no estranxeiro, 113.877 vive noutros países europeos, destacando o caso de Alemaña, que alberga 17.717 galegos; así como Francia, onde hai 19.514. En América residen máis de 410.590 galegos. Deles, 182.633 están en Arxentina e 46.593 en Cuba.

lugo
Agora

Un home dáse á fuga en Lugo tras ser interceptado conducindo sen carné e tras consumir alcol e drogas

Un home de 31 anos de idade deuse á fuga na madrugada desta terza feira en Lugo tras ser interceptado conducindo sen carné e baixo os efectos do consumo de alcol. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 04 horas, cando os axentes detectaron un vehículo que circulaba de forma irregular pola rúa Santiago. Por iso, procedeuse a darlle o alto, presentando os condutor signos de embriaguez, dando un resultado positivo de 0,67 miligramos por litro de aire expirado nas probas realizadas. Tamén se detectou consumo de metanfetaminas. Desta maneira, os funcionarios comezaron a instruír dilixencias por un delito contra a seguridade viaria. Con todo, o individuo fuxiu á carreira, sendo perseguido polos policías, que finalmente o perderon de vista. A pesar de que o home achegou datos falsos sobre a súa identidade, a investigación permitiu determinar o seu verdadeiro nome, detectando á súa vez que carecía de permiso de conducir por non obtelo nunca. 

sevilla
Agora

Seis mortos ao arroiar un camión un control da Garda Civil en Sevilla

Seis persoas faleceron esta madrugada, no mínimo dúas delas gardas civís, cando un camión arroiou un control de tráfico no Concello de Palacios (Sevilla, Andalucía) na AP-4, segundo informou a Garda Civil. O suceso produciuse esta madrugada no quilómetro 20 da vía por circunstancias que se están investigando.

O técnico só dirixiu o Compos en 20 partidos ligueiros. (Foto: SD Compostela).
Agora

Michel Alonso dimite como adestrador do Compostela

Movemento de relevancia no Grupo '1' da Segunda Federación do fútbol masculino, onde militan numerosos equipos galegos: dimite Michel Alonso. O ferrolán, de 49 anos, era o responsábel técnico da SD Compostela desde o despido do seu predecesor no cargo, Manel Menéndez, na xornada oitava de campionato. Desde entón, o ex de clubs como Coruxo ou Formentera lograra reconducir o errático rumbo da nave compostelá, obtendo sete vitorias nos seus 10 primeiros partidos,  pero desde a entrada no presente ano 2024 sumiuse nunha negativa xeira de resultados que o levou a sumar só nove puntos dos últimos 30 posíbeis. Polo de agora, e mentres o club non contrata un substituto para Míchel Alonso, dirixirán os adestramentos do Compostela de maneira interina Antón Permuy e Dani Gesto. 
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Un operario falece en Vilanova de Arousa ao quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira

Un operario faleceu na mañá desta segunda feira na localidade de Vilanova de Arousa (comarca do Salnés) ao quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira. Tal como informou o 112 da Galiza, este accidente laboral ocorreu na estrada de Deiro. No operativo participaron Urxencias Sanitarias da Galiza 061, os bombeiros de Ribadumia (comarca do Salnés), a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.

Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza. (Foto: Nós Diario)
Agora

Unha muller falece en Agolada tras ser atropelada por un camión

Unha muller faleceu esta segunda feira no municipio de Agolada, na comarca do Deza, tras ser atropelada por un camión. Segundo informou o 112 da Galiza, o suceso tivo lugar na N-640, no punto quilométrico 148. No dispositivo participan Urxencias Sanitarias da Galiza 061, a Garda Civil de Tráfico e o Grupo Supramunicipal de Emerxenxias (GES) de Lalín (comarca do Deza).