Agora

Valentín González Formoso, Manuel da Cal e Cristina Capelán (Foto: Nós Diario).
Agora

Fruga e Deputación da Coruña traballarán pola mellora das franxas forestais nos montes veciñais

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o coordinador da Federación Rural Galega, Manuel da Cal, e a deputada responsábel da área de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, asinaron esta terza feira un convenio para o financiamento do proxecto Estudo e análise de viabilidade socioeconómica e medioambiental nas franxas da biomasa forestal nos montes veciñais das comarcas do Barbanza e da Costa da Morte.
O atacante anotou máis de 100 goles durante a súa carreira. (Foto: Aida Celtid).
Agora

Israel asasina nun bombardeo o lendario dianteiro palestino Mohammed Barakat

Entre as moitas vidas que Israel está segando durante a súa invasión de Gaza tamén están as de destacados deportistas. O último en caer foi toda unha estrela do fútbol palestino, Mohammed Barakat, vítima dun ataque aéreo que alcanzou a súa vivenda na localidade de Khan Younis no primeiro día do Ramadán. Aos seus 39 anos, o dianteiro, alcumado 'A lenda de Khan Younis', contaba cunha ampla traxectoria en equipos de Cisxordania, Gaza e incluso noutros países da contorna, como Xordania, onde defendeu as cores do Al-Wehdat, tornando no primeiro futbolista do seu país en superar a barreira dos 100 goles. O último dos 114 que anotou ao longo da súa carreira profesional foi o pasado mes de agosto de 2023, co Al Ahli Gaza.
 
Factoría de Alcoa en San Cibrao, Cervo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Agora

Alcoa merca Alumina Limited e fica con 100% da factoría de San Cibrao

Alcoa asinou un acordo vinculante para a compra da australiana Alumina Limited -por máis de 2.000 millóns de euros en accións-, propietaria de 40% da refinaría de San Cibrao, no municipio de Cervo (A Mariña), polo que a multinacional estadounidense pasará a facerse con 100% desta factoría. Está previsto que a transacción, -a cal fica suxeita ao cumprimento de condicións, á aprobación do accionariado de ambas as empresas e ás autorizacións legais- se complete no terceiro trimestre de 2024. Desta maneira, Alcoa mantén con Alumina Limitez a sociedade conxunta Alcoa World Alumina & Chemicals (AWAC), con activos tamén en Australia, no Brasil, en Arabia Saudita e en Guinea e da que a estadounidense controlaba agora 60%.
Lancha do xeito (Foto: Nós Diario).
Agora

A cota de sardiña para a arte do xeito sobe a 100 quilos por tripulante ao día

O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou esta terza feira o Plan de xestión da sardiña coa arte do xeito para 2024, o cal fixa un tope máximo de capturas de 20 toneladas para o primeiro trimestre do ano. Entre os cambios respecto ao ano anterior, a cota que se asigna por tripulante a bordo e día sobe de 50 a 100 quilos, aos que se sumarán outros 100 quilos por barco ao día, o dobre dos que recollía a resolución de 2023. Ademais, a resolución indica que na Galiza existen 412 embarcacións con permiso para utilizar esta arte que sexan susceptíbeis de despachar a mesma "no momento en que se elimine a actual limitación imposta polo Plan de recuperación da sardiña ibérica". Por outra parte, o plan sinala que nas últimas campañas se constatou unha melloría no recurso, acentuada en 2022.
Aeroporto de Compostela.
Agora

O aeroporto de Santiago rexistra o mellor dato de pasaxeiros da súa historia en febreiro

O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro rexistrou o pasado mes de febreiro o mellor dato de pasaxeiros da súa historia nun segundo mes do ano, con 202.439, un 4,1% máis que en febreiro de 2023. Os tres aeródromos galegos rexistraron cifras positivas de viaxeiros en febreiro, co que continúan coa súa senda de crecemento. Máis en concreto, as tres terminais recibiron no segundo mes do ano 373.602 pasaxeiros, un 4,7% máis que en febreiro de 2023, cifras que xa foran récord no seu momento. O Aeroporto da Coruña recibiu 92.396 viaxeiros, un 7,3% máis que hai un ano e un 1,6% máis que en febreiro de 2019, e o de Vigo subiu un 3,4% a súa cifra de pasaxeiros en febreiro, con respecto ao ano anterior, até os 78.767. Con relación aos datos prepandemia, a alza foi de 10,5%.
Unha persoa usa o móbil (Foto: Nós Diario).
Agora

Unha aplicación móbil permitirá ter información do catastro

A Administración estatal puxo en marcha a aplicación móbil Catastro_app, unha ferramenta que permite reunir e personalizar en cada dispositivo móbil, só para uso persoal, información de todos os seus inmóbeis urbanos e rústicos, xa que poden engadir fotografías, esbozos ou anotacións, segundo informaron a través dun comunicado. Entre as súas funcións, permite coñecer ao instante as alteracións catastrais que poidan afectar aos inmóbeis dos que é titular catastral. A aplicación móbil avisará de se se está tramitando algún procedemento catastral que afecte o seu inmóbel, de forma que poida achegar a información solicitada, formular alegacións ou descargar notificacións pendentes. 
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, co xornalista Álvaro Veiga. (Foto: Concello de Santiago).
Agora

Santiago estará de 'festa' do Deporte o 18 de marzo

Os VI Premios Santiago Deporte terán a súa gala o 18 de marzo. Na cerimonia, que comezará ás 20 horas, entregaranse os galardóns das 12 categorías desta edición, cos que se busca recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2022/23 ou no ano 2023 "contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela". A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou os detalles duns galardóns que recoñecerán como mellor deportista feminina absoluta a Iria Nieto (Ciclismo) e na modalidade masculina a Luís Penido (Rally). Nas categorías de base, as distinguidas foron Julia Salvado (Mushinh) e o triatleta Lucas García, quen en xaneiro sufriu un accidente adestrando.
Xan Rodiño foi o gañador da xornada. (Foto: Nós Diario)
Agora

Xan Rodiño, Geni e Xián triunfan na Liga de Billarda

Castro de Rei foi o escenario escollido para a duodécima xornada da Liga Atlántica de Billarda, Conferencia Noroeste, unha cita na que a pesar do mal tempo participaron 65 xogadores e xogadoras de 11 equipos diferentes. Entre todos eles o mellor foi Xan Rodiño (Lúa de Forza de Sanxenxo), quen subiu ao máis alto do podio na categoría individual absoluta por diante de Óscar Ponte (Campo da Feira de Paiosaco) e o seu compañeiro Edu. Con respecto á feminina, primeira concluíu Geni (Billardeiros Musicais de Ribadeo), segunda Irene (Cochiqueiros de Cerceda) e terceira Pili (Río Miño). Finalmente, o intratábel Xián (Lúa de Forza) volveu imporse na modalidade infantil.
Agora

16 adegas levan o viño galego á feira ProWein, en Alemaña

O viño galego está presente estes días na feira internacional ProWein, que decorre na cidade alemá de Düsseldorf, a través dun posto propio no que están representadas as cinco Denominacións de Orixe con 16 das súas adegas. O espazo conta con actividades organizadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, deseñadas para reforzar a repercusión comercial da presenza do país nesta feira, incluíndo visitas guiadas dirixidas a pequenos grupos de profesionais do sector da hostalaría, distribución e xornalismo. No percorrido mostrarase a influencia dos climas, solos e variedades autóctonas que caracterizan a calidade dos viños galegos.
A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, a segunda feira. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
Agora

O Congreso trata unha proposta para que os territorios non propoñan os Tribunais Superiores

O Pleno do Congreso español debaterá e votará a terza feira unha proposta da Comunidade de Madrid, controlada polo Partido Popular, para que as e os novos membros dos Tribunais Superiores de Xustiza territoriais sexan “nomeados a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial”, que leva máis de cinco anos en funcións, eliminando o sistema actual, no que as designacións responden a ternas propostas polos lexislativos autonómicos.

A comisaria de música Aitana Cuétara e Natividade González.
Agora

Corenta e cinco propostas presentadas para a nova edición das Residencias Artísticas Mariñán

As Residencias Artísticas Mariñán, promovidas pola área de Cultura da Deputación da Coruña, contan con 45 propostas: 24 de música e 21 de literatura e pensamento. O xurado de música está composto por Carles Sala (Fabra i Coats), Patricia Hermida (AGEM) e Carlos Crespo, xornalista musical; e o de literatura e pensamento pola poeta Yolanda Castaño, o escritor Iván García e a ensaísta María López, presididos pola deputada de Cultura, Natividade González.
A maxistrada Rosa del Carmen Collazo.
Agora

A maxistrada Rosa del Carmen Collazo xubílase tras máis de 30 anos de exercicio profesional

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, xubilouse esta segunda feira após máis de 30 anos de exercicio profesional. Os seus compañeiros renderanlle homenaxe esta terza cun xantar na cidade do Lérez. Collazo tomou posesión do seu primeiro destino, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, en xaneiro de 1990. En decembro do ano seguinte marchou a Terrassa (Catalunya), tras o que regresou á Galiza para tomar posesión, en 1994, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Santiago. No ano 2004 tomou posesión do Xulgado do Penal número 1 da capital galega e en 2011 incorporouse á sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, destino no que permaneceu até a súa xubilación.
'Nó de bombeiros', na AP-9 ao seu paso por Pontevedra. (Foto: Goberno español)
Agora

Cortada a AP-9, en sentido norte, ao seu paso por Pontevedra tras unha colisión en cadea

A AP-9 ao seu paso por Pontevedra está cortada e desviada en sentido norte, entre os quilómetros 127 e 129, tras unha colisión en cadea entre oito e dez vehículos implicados e con algunhas persoas feridas leves. Así o confirmou o 112, que explicou que o suceso se rexistrouse ás 11 horas deste sábado e foi un particular o que deu a voz de alarma e advertiu da presenza de xeo na estrada.

Desta forma, a central de emerxencias detallou que, polo menos, dúas persoas, que circulaban en sentido norte, necesitaron asistencia sanitaria.

 

O Senado francés, unha das dúas Cámaras lexislativas do Estado. (Foto: Alexis Sciard / Europa Press / Contacto)
Agora

Francia promulga a reforma que integra o dereito ao aborto na súa Constitución

Hoxe, coincidindo co Día Internacional das Mulleres Traballadoras, Francia sancionou a reforma para incluír o dereito ao aborto na súa Constitución, aprobada polo lexislativo esta semana, nunha cerimonia pública, seguindo os pasos da República Federativa Socialista de Iugoslavia, que o introduciu na súa Carta Magna en 1974, un punto que mantiveron con posterioridade á súa separación as repúblicas constitutivas.

As guerreiras laranxas desprázanse até Melilla. (Foto: Burela).
Agora

O Burela visita a casa do segundo na liga de fútbol sala

Duelo de poder a poder na Primeira División de Fútbol Sala Feminino, a categoría estatal con maior peso da representación galega -que ascende a 40%- pois o líder, Pescados Rubén Burela, visita o segundo clasificado, Melilla, ás 16.30 horas do día sábado. Media hora máis tarde, ás 17, será a quenda do Marín Futsal, que recibe na súa casa outro conxunto da zona alta, Arriva Alcorcón. Xa ás 18 o Viaxes Amarelle da Coruña aspira a aumentar a distancia sobre un descenso que marca o Marín superando en Murcia un STV Roldán que non está ofrecendo o rendemento de tempadas anteriores. Paralelamente, e a pouca distancia de alí, o Alcantarilla murciano pon a proba o sorprendente FSF Castro tamén ás 18. E, finalmente, o derbi Ourense-Poio baixa a persiana ás 19.30 horas no Paco Paz. 
 
Unha muller nunha leira de grelos en Xermade (A Terra Chá). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

Apelan a situar os problemas das mulleres do rural galego no centro da axenda feminista

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais fixo esta quinta feira un chamamento para que se teñan en conta "os problemas e discriminacións específicos que afectan as mulleres do rural" e se coloquen no centro das reivindicacións da axenda feminista polo 8 de marzo. Na mesma liña, Mulleres de Seu, asociación de socias gandeiras da cooperativa CLUN, enviarán cartas a altos cargos da Xunta da Galiza para que "defendan as mulleres rurais".
Estudantes (Foto: RAG).
Agora

Aberto o prazo de preinscrición nos cursos de verán de lingua e cultura galegas

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Real Academia Galega (RAG) organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras', cuxo prazo de preinscrición fica aberto até o vindeiro 5 de abril. O programa, organizado en distintos niveis, permitiralle ao alumando gozar dunha experiencia de inmersión na lingua e na sociedade galegas. 
María Obelleiro, esta quinta feira, con alumnado do CPI O Toural de Vilaboa. (Foto: Nós Diario)
Agora

Alumnado do CPI de Vilaboa coñece de primeira man as cernas de 'Nós Diario'

Con motivo da Semana da Prensa na Escola, que chega á súa fin, e do Día da Muller Traballadora, a directora de Nós Diario, María Obelleiro, visitou esta quinta feira o Centro Público Integrado (CPI) do Toural de Vilaboa (comarca de Pontevedra), cuxas alumnas e alumnos de Infantil e Primaria coñeceron como se realiza o único diario en papel en galego. O alumnado, que entrevistou a directora, descubriu o proceso de creación de Nós Diario e gozou, sobre todo, cando chegou o momento de cubrir unha portada ficticia con noticias desexadas como "a fin das guerras", "a fin do machismo", "a fin dos eucaliptos", "non haberá máis terremotos como o de Marrocos", "non haberá máis eólicos" ou outras de contido local como "comeza a tempada de furanchos en Vilaboa". 
Xan Carballa.
Agora

Pontevedra mostra as fotos de Xan Carballa sobre a volta dos restos de Castelao

Esta quinta feira, 7 de marzo, inaugurouse no Museo de Pontevedra a exposición Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías, que mostran as fotos realizadas polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa da xornada histórica do retorno dos restos de Castelao á Galiza. Unha narración en imaxes que Carballa fixo para o desaparecido semanario A Nosa Terra. Enrique Acuña, comisario da exposición, deseñou con clara intención contextual un espazo propio e diferenciado, entendido como prólogo á serie fotográfica de Carballa, onde se incide no cosmos de Castelao e especialmente nos seus anos de exilio, estruturado por medio de obra artística orixinal, fotografías, documentación e prensa gráfica da época.
A afección podería ser determinante para que o Cangas volvese gañar. (Foto: BM Cangas).
Agora

O Cangas busca a resurrección a costa do Granollers

Corren malos tempos no seo do único equipo galego na máxima categoría do balonmán masculino estatal, o Frigoríficos do Morrazo. Inmerso nunha dinámica extremadamente negativa de resultados, o conxunto de Cangas igualou a pasada xornada a súa peor xeira de partidos sen gañar na Liga Asobal, con 15 encontros, un récord que databa da tempada 2017/18. Antepenúltimo con nove puntos, a sete de distancia do cuarto pola cola, o seu rival desta sexta feira (Pavillón Municipal do Gatañal, 20.30 horas) non parece o máis adecuado para tratar de cambiar esa dinámica, pois o Granollers non sabe o que é perder no que vai de 2024, mais no deporte, como na vida, todo é posíbel.