![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
11/mar./24 - 21:51
O Pleno do Congreso español debaterá e votará a terza feira unha proposta da Comunidade de Madrid, controlada polo Partido Popular, para que as e os novos membros dos Tribunais Superiores de Xustiza territoriais sexan “nomeados a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial”, que leva máis de cinco anos en funcións, eliminando o sistema actual, no que as designacións responden a ternas propostas polos lexislativos autonómicos.