Agora

aguiño
Agora

Guindan un ‘cóctel molotov’ á embarcación do presidente dos mariscadores de Aguiño

A embarcación do presidente da agrupación de mariscadores da Confraría de Aguiño, na ría de Arousa, amenceu esta terza feira afectada polo lume, que calcinou a lona de protección e algúns elementos do barco, presumibelmente, após o lanzamento dun artefacto incendiario. O presidente dos mariscadores decatouse do sucedido á primeira hora, cando acudiu a recoller aparellos na embarcación, que estaba sobre un remolque, e comprobou que o lume derretera a lona de protección da mesma, así como afectado o chan e a outros elementos da lancha. De inmediato, puxo os feitos en coñecemento da Policía, que se desprazou até a zona con varios efectivos para recoller probas, entre elas un elemento similar a un cóctel molotov que puido ser lanzado á embarcación. Está en marcha unha investigación.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Falece atropelado un traballador que dirixía o tráfico nunha obra na Laracha

Un home de 64 anos faleceu esta mañá no Concello da Laracha, comarca de Bergantiños, tras ser atropelado mentres traballaba dirixindo o tráfico nunhas obras. Segundo a información dos servizos de emerxencias, a alerta recibiuse pouco despois das 8:30 horas, informando dun atropelo ocorrido á altura do quilómetro 24 da AC-552. Testemuñas presenciais apuntan a que o home traballaba desviando o tráfico dunhas obras que se estaban realizando  cando foi atropelado opor un vehículo. Até a zona mobilizáronse dúas ambulancias do 061, así como persoal sanitario do Centro de Saúde da Laracha, aínda que só puideron cerficiar a morte do home.
EuropaPress_5611354_arrastrero_lodairo_pesquera_ancora_puerto_base_vigo
Agora

Os dous feridos nun accidente a bordo do 'Lodairo' seguen hospitalizados en Glasgow

Os dous tripulantes do pesqueiro vigués Lodairo, que o pasado 29 de novembro sufriron un accidente cando facían labores de mantemento a bordo, a unhas 100 millas das illas Hébridas de Escocia, permanecen hospitalizados no centro Queen Elisabeth de Glasgow, e evolucionan favorabelmente. Así o trasladou a armadora do barco, a viguesa Ancora. Tanto a armadora como as familias dos tripulantes expresaron a través dun comunicado a súa "gratitude" aos servizos de rescate de Reino Unido e ao persoal do hospital Western Isles de Stornowy (onde chegaron primeiro os feridos) e do Queen Elisabeth de Glasgow, particularmente aos profesionais das áreas de Coidados Intensivos e Traumatología.

Tren de Nadal en Vigo, o pasado 12 de decembro. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
Agora

O gasto medio dos galegos previsto para este Nadal supera os 600 euros

O gasto medio previsto polos galegos en época do Nadal sitúase en 602 euros, o que representa 6% máis respecto ao ano anterior, cando foi de 566 euros, segundo o Zoom de Intención de gasto en Nadal do Observatorio Cetelem. Segundo o estudo, realizado a partir de 1.000 enquisas en liña en todo o Estado, o desembolso previsto polos galegos é superior á media estatal, que é de 568 euros. 27% dos galegos enquisados asegura ter intención de realizar un maior desembolso que no Nadal do ano pasado, mentres que 42% manifesta que realizará o mesmo gasto e  31% que destinará menos diñeiro.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Análise

Desaloxan os veciños dun edifico en Ames tras declararse un incendio nun dos baixos

Un incendio declarado nun dos baixos dun edificio da rúa Rosalía de Castro do Milladoiro, en Ames (comarca de Compostela) obrigou a desaloxar por precaución os veciños das vivendas.Segundo a información proporcionada polo CIAE 112-Galicia, o lume iniciouse pasada a medianoite nunha empresa de informática situada nos baixos do edificio, presumibelmente por mor dun fallo eléctrico. O incendio provocou unha forte fumareda no edificio, especialmente na zona das escaleiras. Até o lugar foron mobilizados efecitvos do 061, Bombeiros de Boiro e de Santiago, GES de Brión, Garda Civil, Policía Local e membros de Protección Civil de Ames. Tras finalizar a intervención, os Bombeiros indicaron ao 112 que, debido ao lume, un baño, unha oficina e o falso teito do baixo sufriran danos e, a maiores, o resto do edificio viuse afectado polo fume.

Alcoa-2-1024x593-1
Agora

Alcoa paraliza un investimento de 100 millóns en San Cibrao

Alcoa comunicou ao persoal a súa decisión de adiar temporalmente o investimento de 100 millóns de euros que ía a destinar ao forno de cocción de ánodos e que constituía o maior investimento previsto no complexo industrial de San Cibrao, en Cervo, na comarca da Mariña. A multinacional xustificou a decisión “por unha complexa situación financeira, que levará ás plantas de San Cibrao a perdas significativas para 2024 debido a unha variedade de factores, como o prezo da enerxía e os do aluminio e a alúmina”. A pesar diso, Alcoa insistiu en que esta decisión de aprazar o forno de cocción de ánodos “non implica un incumprimento” dos compromisos adquiridos co persoal, entre eles o principal de volver producir aluminio primario desde xaneiro de 2024. Industria anunciou que convocará proximamente a comisión de seguimento de Alcoa a fin de analizar o impacto do aprazamento.

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, a pasada semana. (Foto: Yuri Gripas / Europa Press / Contacto / Pool vía CNP)
Agora

A Casa Branca admite que se están a esgotar os fondos para enviar armamento a Ucraína

Shalanda Young, directora de orzamento da Casa Branca, subliñou hoxe nunha carta ao Congreso estadounidense que “estamos sen diñeiro para dar apoio a Ucraína”, e sostivo que se o lexislativo non aproba unha nova partida ao respecto “ao final do ano non disporemos de recursos para facilitar máis armas e equipamentos ás forzas ucraínas”. Na misiva, defendeu que sen novas achegas “Ucraína axeonllarase no campo de batalla e isto permitiría prevalecer a [o presidente ruso Vladimir] Putin e á autocracia”. Desde a invasión rusa, Washington entregou case 70.000 millóns de euros a Ucraína, a meirande parte en armamento. Os envíos foron reducíndose nos últimos meses, unha vez constatado o fracaso da contraofensiva ucraína. 

Antón Luaces, María Xosé Bravo, Sol Agra e Ricardo Vales. (Foto: Deputación da Coruña)
Agora

O Premio Marcelino Liste recoñecerá iniciativas que contribúan á xustiza e á liberdade social

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Deputación da Coruña presentaron a cuarta edición do Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade, que regresa logo dun paro provocado pola pandemia da Covid-19. O galardón ten como obxectivo recoñecer proxectos que contribúan á xustiza e á liberdade social, así como pór en valor a figura de Marcelino Liste, párroco comprometido coa mellora das condicións de vida da xente. 
Efrén Castro (terceiro pola esquerda), onte na presentación. (Foto: Vicepresidencia - Deputación de Lugo).
Agora

Burela presenta oficialmente a Women's European Champions

O vicepresidente da Deputación de Lugo (Efrén Castro) e o deputado de Rural, Mar e Mocidade (Daniel García), xunto con outras autoridades políticas e deportivas, participaron onte na presentación da Futsal Women’s European Champions, competición que se xogará do 18 ao 22 de decembro no Pavillón de Vista Alegre de Burela. Alí, o conxunto anfitrión, o Pescados Rubén, colisionará coas campioas de Portugal (Benfica), Italia (Bitonto C5) e os Países Baixos (FC Marlène). Durante o acto, Castro fixo un chamamento a todas as persoas afeccionadas ao fútbol sala a "achegarse a Burela", insistindo ademais na "necesidade" de que a UEFA engada a proba ao calendario oficial.
 
(Foto: FGDA).
Agora

Os e as veteranas da billarda sacan músculo en Carballo

De novo un xogador de Campo da Feira de Paiosaco inscribiu o seu nome como gañador da xornada na Conferencia Noroeste da Liga Atlántica de Billarda. Nesta ocasión foi Eladio Varela, quen aos seus 74 anos volveu demostrar que non hai idade para a billarda logrando a primeira vitoria individual absoluta da súa traxectoria. Outra veterana, nesta ocasión Mercedes Veiga (76 anos) foi a mellor na modalidade feminina, ascendendo grazas aos 22 puntos que obtivo nunha xornada que se desenvolveu no Pavillón do CEIP Xesús Romero de Carballo ao máis alto da clasificación xeral, onde agora avantaxa en sete puntos a Delia e en nove a Merche. Finalmente, nesta sétima data de campionato rematou o dominio absoluto que viña exercendo Valentín sobre a categoría, caendo no golpe de desempate con Kevin Torres. 
Nicolás Maduro, presidente venezolano, celebrou o resultado. (Foto: Nós Diario)
Agora

Venezuela aproba por medio dun referendo a reclamación da soberanía do Esequibo

O Consello Nacional Electoral de Venezuela divulgou na madrugada de hoxe que máis de 10 millóns e medio de votos foron rexistrados no referendo consultivo arredor da reclamación de soberanía do Esequibo, unha rexión que controla Güiana. Amais de informar de que a cifra final sería máis alta ao ampliarse o horario de votación, sinalou que as cinco preguntas foron aprobadas, polo que a rexión será incluída no mapa de Venezuela.

(Foto: Concello do Rosal).
Agora

O mellor balonmán de base regresa ao Rosal

O Nadal chegará cargado de deporte ao Rosal, pois, tal e como anunciou o Concello, "xa está todo listo para a disputa da XI O Rosal Handball Cup–Trofeo Transfronteirizo de Balonmán", unha competición organizada polo Valinox Novás en colaboración co Consistorio e que se desenvolverá entre os días 27 e 29 de decembro.  Unha vez máis, os e as protagonistas serán as crianzas, pois a proba está dirixida ás categorías pre benxamín, benxamín, alevín e infantil. Segundo informou o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo, que conduciu un acto de presentación que tivo lugar no día de onte, aproximadamente "150 deportistas da Galiza e Portugal" participarán no torneo.
 
O deputado e portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, hoxe, en rolda de prensa. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
Agora

BNG reclama no Congreso a inclusión da Galiza no mapa de autoestradas ferroviarias

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha iniciativa parlamentar para reclamaria ao Ministerio de Transportes a inclusión da Galiza, así como o conxunto do noroeste da Península no mapa das futuras autoestradas ferroviarias. Critica Néstor Rego a ausencia do territorio galego nas previsións de investimento necesarias para a adaptación das vías ferroviarias que permita convertelas en autoestradas ferroviarias e permitir así un transporte intermodal de vital importancia para o transporte de mercadorías sustentábel dado “o déficit que temos no transporte ferroviario”. Censura Rego, aliás, as “escusas de mal pagador de Adif quen alega a falta de propostas por parte de operadores loxísticos ou axentes empresariais. Consideramos que no eido de mellora e adaptación das infraestruturas esenciais é responsabilidade do Ministerio incentivar, promover e deseñar a iniciativa propia una mapa de autoestradas ferroviarias que integre todos os  territorios”.

Bloque de vivendas en Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
Agora

O prezo da vivenda continúa a súa escalada na Galiza

O prezo da vivenda continúa coa súa escalada na Galiza en novembro. Aínda que hai diferenza na alza en función do portal inmobiliario informante nos datos publicados esta segunda, a alza interanual está en torno ao 2%. Segundo Fotocasa, o prezo da vivenda sobe 2% en novembro en comparación co mesmo mes do ano anterior, cun prezo de 1.707 euros por metro cadrado. En Idealista o prezo da vivenda usada elévase 0,6% na Galiza en comparación co mes anterior, de forma que se sitúa en 1.373 euros por m2.  Pola súa parte, pisos.com sinala que a suba interanual é de 2,2%. A vivenda conta cun prezo medio de 1.354 euros por m2.

EuropaPress_5618716_concentracion_smac_vigo_solidaridad_trabajadores_vitrasa_sancionados
Agora

Traballadores de Vitrasa concéntranse ante o SMAC de Vigo en solidariedade cos empregados sancionados pola empresa

Traballadores de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, concentráronse esta sgeunda feira, convocados pola CIG, fronte ao Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) da cidade para trasladar a súa solidariedade cos empregados sancionados e expedientados pola empresa, no marco do conflito laboral que manteñen desde hai máis de dous anos pola negociación do convenio colectivo. O presidente do comité, Imanol Arnoso (CIG), sinalou que Vitrasa exerce a "represión sindical" contra os representantes dos traballadores e lembrou que a concesionaria sancionou con dous meses de emprego e soldo 12 empregados, dos que a metade son afiliados deste sindicato. A maiores, 3 afiliados da CIG foron obxecto da apertura dun expediente disciplinario (dun total de 4 expedientados).

EuropaPress_3421433_ambulancia_acude_residencia_ancianos_san_cibrao_donde_originado_brote
Agora

O 061 asistiu 80 persoas en 57 accidentes de tráfico durante a fin de semana na Galiza

Urxencias Sanitarias de Galiza-061 asistiu durante esta fin de semana 80 persoas implicadas en 57 accidentes de tráfico, entre as 15 horas da sexta feira e a medianoite do domingo á segunda, segundo informaron fontes deste servizo. Nese período de tempo a central de coordinación do 061 recibiu 75 chamadas relacionadas con accidentes de tráfico, unhas alertas que xeraron 57 asistencias sanitarias, nas que foron atendidas 80 persoas, 55 % homes e 45 % de mulleres, a maioría entre 25 e 39 anos de idade. Para estas intervencións o 061 mobilizou 64 recursos: as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado interviñeron en 5 accidentes, as ambulancias de soporte vital básico fixérono en 57 accidentes e os equipos de Atención Primaria completaron a asistencia en dous sinistros. Con respecto ás persoas implicadas, 59 feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, mentres que 21 foron atendidos no propio lugar do accidente.

 

O prezo da luz baixa esta segunda feira (foto: Europa Press).
Agora

O prezo da luz baixa un 3,3% esta segunda feira, até os 77,24 euros/MWh

O prezo medio da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado maiorista baixará esta segunda feira, 4 de decembro, un 3,35% con respecto aos datos deste domingo, até os 77,24 euros por megavatio hora (MWh). O prezo máximo, de 123,02 euros/MWh, rexistrarase entre as 19 e as 20 horas, mentres que o prezo mínimo, de 45,10 euros/MWh, alcanzarase entre as 4 e as 5 horas, segundo aos datos provisionais do Operador do Mercado Enerxético Ibérico (OMIE). Nestes catro primeiros días de decembro o prezo medio do pool eléctrico foi de 84,04 euros/MWh, moi por debaixo dos 220,76 euros/MWh nos que se situou o prezo da electricidade -engadindo o sobrecusto que supón para os consumidores o axuste polo tope ao prezo do gas - a principios do mesmo mes do ano pasado.

(Foto: Sofía Toro).
Agora

O Clúster do Deporte busca dous millóns de persoas activas

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar presentou oficialmente o seu Plan 2 Millóns, un proxecto nado co propósito de "incentivar a práctica de actividade física". Así, a súa meta é "activar 700.000 galegos e galegas antes de 2030", un reto que levaría á Galiza a contar con dous millóns de persoas activas deportivamente. A campioa olímpica Sofía Toro, xerente do Clúster, foi a voceira escollida para anunciar a iniciativa: "Se cumprimos este ambicioso reto, a Galiza estaría en cifras similares ás dos países nórdicos, e seríamos o territorio do Estado español con maior porcentaxe de práctica deportiva. Ademais, aforraríamos 700 millóns de euros en gasto sanitario".
(Foto: Monbus Obradoiro).
Agora

O Breogán visita o Real Madrid e o Obradoiro o Tenerife

A escuadra compostelá será a primeira en entrar en acción, visitando ás 20.45 de horas de hoxe a cancha de Lenovo Tenerife, nun duelo que de conseguir o triunfo podería achegar o Obra a uns postos de play-off que precisamente fecha a escuadra canaria con seis triunfos, dous máis que a da capital da Galiza. Pola súa parte, o Breo, antepenúltimo con tres vitorias, tratará de facer o -case- imposíbel: derrotar no Wizink o mellor equipo do momento non só do Estado, senón de Europa, o Real Madrid (mañá, 12.30).
Enquisa do Gabinete de Prospección Sociolóxica vasco. (Imaxe: Nós Diario)
Agora

O PNV seguiría como primeira forza en Euskadi a pesar da baixada de representación

O Gabinete de Prospección Sociolóxica do Goberno de Euskadi publicou hoxe unha sondaxe sobre a intención de voto nos comicios vascos, que decorrerán o vindeiro ano, e segundo a que o Partido Nacionalista Vasco (PNV) se mantería como primeira forza por diante de EH Bildu, mentres que o conxunto das forzas estatais ficaría con practicamente a mesma representación, nun lexislativo do que sairía a ultraespañolista Vox.