O prezo da vivenda continúa a súa escalada na Galiza

O prezo da vivenda continúa coa súa escalada na Galiza en novembro. Aínda que hai diferenza na alza en función do portal inmobiliario informante nos datos publicados esta segunda, a alza interanual está en torno ao 2%. Segundo Fotocasa, o prezo da vivenda sobe 2% en novembro en comparación co mesmo mes do ano anterior, cun prezo de 1.707 euros por metro cadrado. En Idealista o prezo da vivenda usada elévase 0,6% na Galiza en comparación co mes anterior, de forma que se sitúa en 1.373 euros por m2.  Pola súa parte, pisos.com sinala que a suba interanual é de 2,2%. A vivenda conta cun prezo medio de 1.354 euros por m2.

Bloque de vivendas en Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
photo_camera Bloque de vivendas en Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
Comentarios