agresións sexuais

O actor francorruso Gérard Depardieu. (Foto: Kay Nietfeld / DPA)
Xustiza

Quinta denuncia contra o actor Gérard Depardieu por agresión sexual

A vítima, asegura a súa avogada, xa non pode traballar, sofre ataques de ansiedade e estrés pos traumático por unha presunta agresión sexual a mans do actor francorruso en 2021.
O condenado, durante o xuízo, esta quinta feira. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
Xustiza

Multa de 2.280 euros para un home por sobar e bicar reiteradamente a unha camareira sen o seu consentimento

Cando a moza saíu a fumar fóra do estabelecemento, o home seguiuna, agarrándoa pola cintura e sobándoa, e aproximando a súa cara para darlle un bico. Así continuou un tempo, e chegou a coller a moza pola cabeza e bicala. Nun momento dado, meteuse na cociña con ela e continuou os tocamentos, até que un cliente da cafetaría axudou a botalo fóra.
Dani Alves, durante o xuízo. (Foto: D.Zorrakino. POOL / Europa Press)
Xustiza

Dani Alves, condenado a catro anos e medio de prisión por agresión sexual

A Fiscalía reclamara unha condena de 9 anos de cárcere para Alves e a acusación particular, que exerce a denunciante, pedira 12.
Cidade da Xustiza de Vigo. (Foto: Rodrigo Paz)
Xustiza

Piden 15 anos para cada un dos dous acusados de violar unha moza en Vigo

A Fiscalía demanda tamén outros 10 anos de liberdade vixiada, así como a prohibición de manter contacto coa vítima durante 25 anos e unha indemnización de 15.000 euros por cada un dos dous delitos de agresión sexual.
O Meco de Redondela encarna o bico non consentido de Luis Rubiales a Jennifer Hermoso. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Meco de Redondela di "non" á violencia machista representando o bico de Rubiales a Hermoso

"É un exemplo máis dos abusos de poder aos que se ven sometidas moitas mulleres", salienta a alcaldesa, Digna Rivas.
O xogador, ante a Audiencia de Barcelona. (Foto: EP).
DEPORTES

A vítima de Dani Alves ratifica a súa versión no primeiro día do xuízo

Unha amiga salienta a actitude "babosa" do xogador.
Cidade da Xustiza de Vigo. (Foto: Rodrigo Paz)
Xustiza

Dous anos de cárcere para un home por un delito continuado de agresión sexual a unha menor

O condenado tamén deberá pagar á vítima unha indemnización de 6.000 euros por dano moral.
O ex presidente da RFEF, Luis Rubiales, durante unha rolda de prensa cando aínda estaba no cargo. (Foto: Europa Press)
Xustiza

O xuíz entende que o bico de Rubiales non foi consentido e levarao ao banco de acusados con Jorge Vilda

O maxistrado da Audiencia Nacional Francisco de Jorge propón tamén xulgar o director deportivo da selección masculina, Albert Luque, e o ex responsábel de márketing da Federación, Rubén Rivera, polas presións posteriores a Jennifer Hermoso.
#lecer #lecernocturno #lecer_nocturno #discoteca #alcol #festival #festa #submisión_química (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

De erradicar as promocións sexistas a expulsar o agresor: así é o novo protocolo do lecer nocturno

Os locais que se adhiran loitarán contra as accións publicitarias sexistas, como as bonificacións en forma de bebidas para mulleres, e traballarán na prevención e a detección de condutas violentas e posíbeis agresións.
Foto de arquivo da rúa Barcelona, Na Coruña. Barrio da Agra do Orzán
SOCIAL

Investigan un caso de violencia machista con arma branca en Noiteboa na Coruña

Os feitos producíronse o día de Noiteboa, en torno ao mediodía, no barrio coruñés do Agra do Orzán e cunha primeira intervención da policía local, aínda que agora das actuacións fíxose cargo a policía nacional.
O porteiro Álvaro Ratón, durante a súa etapa no Real Zaragoza. (Foto: La Liga)
Xustiza

O futbolista Álvaro Ratón, absolto dunha presunta agresión sexual no Carballiño

É a terceira vez que se somete a xuízo por uns feitos que a denunciante sitúa na noite de San Xoán de 2018. A xuíza considera insuficientes as probas e asegura que non resultou "desvirtuado o principio de presunción de inocencia do procesado".
Xulgados de Vigo. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Piden nove anos de cárcere para un vigués acusado de violar unha menor coa que convivía

O fiscal tamén solicita unha orde de afastamento de 300 metros e prohibición de comunicarse coa vítima.
Sede da Audiencia Provincial da Coruña. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Piden cinco anos e medio de prisión para un home por romper unha orde de afastamento e agredir a súa ex parella

O relato do Ministerio Público recolle as lesións que sufriu a muller, que ademais presenta unha discapacidade psíquica de 68%, o que a coloca "nunha situación de gran vulnerabilidade".
Asemblea en Compostela de traballadoras do servizo de axuda no fogar (Foto: Nós Diario).
star
25-N

As mulleres que traballan nos coidados a domicilio, as máis vulnerábeis ao acoso sexual

A violencia contra as mulleres nos postos de traballo é cada vez máis visíbel, entre outras cuestións, polo apoio sindical ás vítimas e as campañas que promoven que as agresións sexan denunciadas. O servizo de axuda no fogar (SAF) centra as denuncias a este respecto, destacan os sindicatos. 
O futbolista Dani Alves, na previa dun partido, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Fiscalía pide 9 anos de cárcere para Dani Alves por agresión sexual

O futbolista está acusado de violar unha moza nos aseos dunha discoteca de Barcelona en decembro do pasado ano e de retela contra a súa vontade.
O futbolista Dani Alves, nun partido co Barça. (Foto: Brett Hemmings / AAP via Europa Press)
Xustiza

Dani Alves, a xuízo por agresión sexual

Con esta decisión a Audiencia de Barcelona rexeita a petición da defensa de Alves, que reclamou anular as actuacións e arquivar o caso alegando que se "vulnerou" a súa presunción de inocencia ao non "preservarse o secreto da causa", criticando ademais que o xuíz instrutor perdese a "neutralidade" por culpa dos medios de comunicación.
O presidente da Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales (Foto: Oscar J. Barroso / Afp7 / Europa Press).
DEPORTES

Rubiales pide o arquivo da súa causa ante o Tribunal de Arbitraxe Deportivo

O mandatario denuncia que está sufrindo un "linchamento".
Jennifer Hermoso xoga no Pachuca mexicano. (Foto: COI)
DEPORTES

Jenni Hermoso afirma que sufriu ameazas logo do bico de Rubiales

"Son máis consciente do que significa o feminismo", defende.
A ministra de Igualdade en funcións, Irene Montero, esta segunda feira. (Foto: Jesús Hellín  / Europa Press)
SOCIAL

Os centros de atención a vítimas de violencia sexual 24h terán que agardar un ano máis

Os 52 espazos de crise deberán estar operativos antes de 2025.
Cándido Conde-Pumpido Varela, nunha entrevista en LaSexta.
Xustiza

En liberdade sen cautelares o avogado galego Cándido Conde-Pumpido, acusado de agresión sexual canda outros dous homes

O fillo do presidente do Tribunal Constitucional pasou este domingo a disposición xudicial após ser denunciado por unha presunta agresión sexual en grupo que a xuíza, porén, asegurou que "desvirtúa" a gravación das cámaras de seguridade da vivenda na que se produciría.