Bóveda aquí e agora, en nós e máis despois
Este é un lugar sagrado, éo para quen ten a confesión relixiosa católica e cristiá, para quen ten outra confesión e para todas as persoas que cren que a vida é sagrada
Este é un lugar sagrado, éo para quen ten a confesión relixiosa católica e cristiá, para quen ten outra confesión e para todas as persoas que cren que a vida é sagrada
Valentín Bóveda é vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda que cada ano convoca actos en Poio e Pontevedra para conmemorar o Día de Galiza Martir. Neto tamén de Alexandre Bóveda, valora nesta entrevista a aprobación da declaración de reparación moral da figura do seu avó mentres continúa sen se se albiscar a anulación do xuízo sumarísimo que reclaman.
Coincidindo co aniversario do seu nacemento, a Fundación Alexandre Bóveda presentou unha solicitude na Subdelegación do Goberno na que se reclama a reparación e recoñecemento persoal da figura do nacionalista ademais da anulación da sentenza que o condenou a morte.
A Fundación Alexandre Bóveda despide ao seu presidente, o galeguista histórico Fernando Quintela finado no día 5 de xaneiro con 98 anos de idade. Substituíra no cargo a Manuel Beiras.
A iniciativa lexislativa visa incoar o proceso xudicial desenvolvido contra Bóveda e rehabilitar de maneira pública e política a súa figura como tamén a de tod@s @s represaliad@s e asasinad@s desde xullo de 1936
A tradicional ofrenda floral organizada pola Fundación Alexandre Bóveda homenaxeou a figura do ilustre galeguista fusilado hai 77 anos polo fascismo español. "Enterraron semente" mais esta segue guiada "pola mesma estrela vermella que guiou a Bóveda", afirmou o alcalde de Poio no acto
Na última noite da súa vida, Alexandre Bóveda escribe, entre outras, unha estarrecedora carta a un seu irmá. Diríxea a Vitín, nacionalista coma el, leal xa para sempre a súa memoria. Vicente Bóveda, Vitín, padeceu tamén a represión nunha vida marcada polo golpe militar que o levou a prisión e deixou fonda pegada na súa biografía até a súa morte en 1958. Na véspera do Día de Galiza Mártir achegámonos ao outro Bóveda, ao descoñecido e esquecido Vitín.
A Fundación que leva o nome do ilustre galeguista xunto con outras entidades sociais, culturais e políticas, renderanlle máis un ano homenaxe o 17 de agosto
As biografías de tres das figuras fundamentais do nacionalismo xa se pode seguir a cadriños. A UPG edita un cómic con Moncho Reboiras como protagonistas para difundir a súa figura aos proxectos que xa levaron á banda deseñada a Alexandre Bóveda e a Castelao.
O documentario biográfico arredor da figura de Alexandre Bóveda, "A Fazaña da Liberdade", dirixido por Seném, estréase en Pontevedra o día 4 de xuño.
Reportaxe realizada por GzVideos do roteiro de Alexandre Bóveda organizado por 30 entidades do tecido asociativo ourensán. Nesta segunda edición tamén se realizou un percorrido polos lugares máis significativos na vida do galeguista na súa etapa moza.