antropoloxía

Unha escena de 'Buscando a Santa Compaña',
star
Cinema

Fernando Cortizo persegue coa súa cámara, por toda a Galiza, a Santa Compaña

Fernando Cortizo vén de estrear no festival Pucela Fantástica de Valladolid Buscando a Santa Compaña, un documental que afonda nun fenómeno que fai parte do patrimonio inmaterial da Galiza e que pervive rodeado da sociedade industrializada.
Felipe Senén López (Foto: Laura Barcala).
Entrevista

Felipe Senén: "Reivindico o ser humano como célula fundamental da creatividade, que era a mensaxe da Xeración Nós"

O investigador e colaborador de ‘Nós Diario’ recibiu este domingo o Premio Freire Carril 2024, que lle foi entregado pola súa extensa traxectoria como arqueólogo e director do Museo Arqueolóxico da Coruña pola Asociación Agromadas, da parroquia ourensá de Seixalbo, que distingue cada ano ás entidades ou persoas que na Galiza desenvolven labores a favor da comunidade social e que abarca os aspectos referidos á participación na vida comunitaria, a profundar na democracia e na vida cultural galega.

Á pedra dos cadrís, na contorna do Santuario da Barca de Muxía, na comarca de Fisterra, atribúenselle propiedades curativas. (Foto: Art Natura)
Saúde

Maxia, relixión e ciencia: o poder curativo da medicina popular galega

A última obra de Rafael Quintía analiza a etnomedicina galega desde a Antropoloxía.
Unha rúa de Queens, barriada de Nova York onde vivían e viven moitos galegos e galegas (Foto: Manuel Vilar).
star
Análise

A necesaria antropoloxía

Manuel Vilar Álvarez é director do Museo do Pobo Galego.
Festa dos Maios en Combarro (Poio). / José Olgón
star
Arte e simboloxía nunha festa popular

A soberanía estética dos Maios

Os Maios constitúen unha manifestación estética que sintetiza varias formas de creación: a plástica dos propios Maios, as cántigas que se compoñen para a ocasión, as danzas de moitas localidades galegas... Todas elas son a expresión popular dun campo simbólico que axuda a reafirmar unha identidade e que contribúe a instaurar un imaxinario artístico propio. Onte tiveron lugar os primeiros en Pontevedra, en Poio, en Redondela, no Salnés, en Verín, no Barco... e nos próximos días aínda haberá máis Maios por diversos puntos da xeografía galega.
 
Rafael Quintía cun Meco en Santiago de Arriba, Chantada. (Foto: Rafael Quintía)
star
Entrevistas

Rafael Quintía: Entroido e antropoloxía

O Entroido galego chamou a atención durante décadas a múltiples especialistas. Malia a cantidade de estudos publicados, a celebración segue a sorprender con novos achados froito de investigacións contemporáneas. O antropólogo Rafael Quintía é un dos estudosos que máis traballou nos últimos anos profesionalmente esta celebración invernal, recuperando testemuñas e achegando novas perspectivas sobre o futuro dos rituais que agora forman parte do percorrido turístico da Galiza.
Nenas e nenos festexan ao redor dun Maio en Pontevedra. (Foto: Juan Mejuto)
CULTURA

Os Maios volven ao país para celebrar a fin do inverno e o auxe da primavera

A súa orixe pérdese na escuridade do inicio dos tempos, mais a súa vitalidade continúa a ser un signo de identidade do país. A festa dos Maios foi censurada e prohibida durante séculos polas autoridades relixiosas e civís, mais o seu arraigo entre o pobo permitiulle sobrevivir e mesmo renacer con novos azos nas últimas décadas.
star
Entrevistas

Fátima Braña: "A xente quere Entroido. O problema son as dinámicas de desertización do rural"

O Boi, o Charrelo, as Señoritas, ... o Entrudio na Veiga, na comarca de Valdeorras, conseguiu manter cos anos unha festa que estivo prohibida durante a ditadura e que case desaparece como consecuencia da emigración forzada. O traballo da veciñanza, a través da asociación O Son de Trevinca e o Fulión da Veiga, foi quen de recuperar algunhas máscaras como a do Charrelo en 2014. Solicitaron ao Concello a realización dun estudo máis completo e de ámbito universitario. Nese traballo, presentado en 2019, participou a antropóloga Fátima Braña.
Un cativo participando no domingo fareleiro, o pasado día 6, de Xinzo de Limia. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
star
O non tan coñecido inicio do Entroido galego, da tradición á "festa controlada"

Ábrese a esmorga

O Entroido simboliza a crítica e a loita que, durante o resto do ano, andan ou ben reprimidas ou ben soterradas polas autoridades públicas. Desde os seus inicios até o presente, simboliza unha época de recuperación da primavera, da vida, e do renacer despois dos duros meses de invernía. Nesta reportaxe facemos un breve repaso dos seus primeiros días, entre os que se inclúen o fareleiro, o oleiro ou os de comadres e compadres, que son présa do esquecemento dunha festa, din as expertas e participantes, que vai disolvendo os seus valores tradicionais a medida que se vai internacionalizando e coñecendo alén da Galiza. 

Tradición

Sonia García, co Carballal ao fondo (Nós Diario).
CULTURA

Sonia García, investigadora: "Queren turismo, mais chegará a un Courel baleiro se non se toman medidas"

'Un ano no Carballal. Da vida tradicional aos novos tempos no Courel', da profesora Sonia García, é a novidade editorial que vén de tirar do prelo Canela. Un completo estudo que pon o foco na vida do Courel, desde a antigüidade até os retos e potencialidades de futuro nunha comarca que destaca pola forza da natureza. Conversamos coa autora sobre estas e outras cuesións.
Festa dos Maios en Combarro (Poio). / José Olgón
star
Festa dos Maios

Aí ven o maio! Diálogo coa natureza

A celebración da Festa dos Maios volverá sufrir os efectos da pandemia e deberá refuxiarse no mundo virtual. Mais non hai medo: sobreviviu a censura da Igrexa e dos poderosos durante séculos, talvez milenios. Moitos concellos prevén actos limitados, exposicións, manifestacións restrinxidas que substituirán a festa nas rúas. Mais o espírito do maio consiste en dialogar cunha natureza da que formamos parte desde as súas escuras orixes. E esa conversa, sen dúbida, tamén sobrevivirá a este azoute.
Pantalla de Xinzo. / Santos
star
Reportaxes

As mil caras do Entroido

A partir do dous de febreiro, día das Candeas, coas vagas do recendo das mimosas e o retorno das bandadas de paxaros, a Galiza das tribos, dos castros, das parroquias e das leiras, esperta coa forza do instinto. E faino sumando saberes da súa ancestral cultura para penetrar no seu espírito, como matinaba Risco. Ábrense entón ás festas do Entroido, á entrada na primavera pola porta festiva das Carnestolendas, en ritos de pasaxe, de iniciación, da carne.
Gustav_Henningsen_800
CULTURA

E se tes o mal no corpo e non o sabes?

O 24 de xuño cóntanse por milleiros as persoas que acoden ao santuario do Corpiño, na freguesía de Santa Baia de Losón (Lalín), para quitar o meigallo ou ramo cativo. Tamén para acabar con doenzas psíquicas. Que hai detrás destas crenzas?

casto sampedro cartel
Xornadas en Redondela e Pontevedra 3 e 4 de maio

Casto Sampedro, na procura dunha antropoloxía galega

Os labores e preocupacións de Casto Sampedro (Redondela, 11848-Pontevedra, 1937) foron amplos. Folclorista, arqueólogo, historiador, musicólogo, a súa figura serve como escusa ás primeira xornadas que levan o seu nome e que decorrerán entre Redondela e Pontevedra o 3 e o 4 de maio.
 

xestas
CULTURA

Por que se penduran xestas nos carros durante o Primeiro de Maio?

Durante a xornada do 1 de maio son moitos os carros que nas súas dianteiras levan colgadas unha rama de xesta, ao igual que moitos negocios. Cales son as orixes e os porqués desta tradición galega? 

presentación congreso SIEF
14º Congreso da SIEF

Case un milleiro de antropólogas cítanse en Compostela

Case un milleiro de antropólogas e antropólogos atópanse estes días en Santiago de Compostela na 14ª edición do Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía (SIEF, nas siglas en inglés). Desde o 14 de abril e até o 17 do mesmo mes, 90 mesas servirán para que debatan especialistas chegados de máis de 50 países.
 

Candeloria 1
SOCIAL

Día da Candeloria, o acervo apropiado polo cristianismo

Aínda que sen a forza doutras datas, no calendario da cultura popular galega o Día da Candeloria ocupa un lugar preeminente, como proba o feito de ser protagonista de múltiples refráns que perviven na actualidade. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 332 de Sermos Galiza.

A prohibición da sátira no entroido como delito contra o patrimonio

xestas
CULTURA

Que fai unha xesta no teu carro?

En boa parte de Galiza o 1 de maio circulan polas estradas coches cunha ponliña de xesta florida. De onde vén desa tradición?