A Deputación de Pontevedra promove unha mostra de novos artistas
Vinte e cinco obras seleccionadas no certame Novos Valores 2018, promovido pola Deputación de Pontevedra, poderán verse no edificio Sarmiento do Museo provincial ata o 16 de setembro. “Son as creadoras e creadores chamadas a escribir o futuro da nosa historia da arte”, afirmou o responsábel de Cultura do ente provincial, Xosé Leal.
"A formación das mulleres artistas non foi parella coa súa visibilidade no ámbito profesional"
Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de La Cruz é a nova exposición propia que inaugura esta sexta feira o MARCO de Vigo. Comisariada por Rosario Sarmiento, a mostra fai un percorrido pola obra das artistas galegas desde os anos trinta até os noventa do século pasado. A exposición permanecerá aberta até o 16 de abril. Coñecemos da man da súa comisaria en que consiste.
Xabier Díaz e Fernando Barroso participan nun laboratorio musical con artistas doutros países
Galiza participa no programa NeXo canda o British Council, Creative Scotland e o Wales Arts, ademais de Arxentina e Uruguai, para impulsar as linguaxes musicais de raíz folc europea e latinoamericana. Os dous artistas galegos seleccionados para participar son Xabier Díaz e Fernando Barroso.
A ILP de Castelao, a debate no Parlamento
Esta terza feira o Parlamento debate a iniciativa lexislativa popular promovida pola federación de asociacións culturais, Galiza Cultura, e asinada por máis de 11 mil persoas.
Sónia Sultuane, artista moçambicana
Percorrendo os camiños da internet topei con Sónia Sultuane. O encontro non foi casual. Precedíao a leitura dunha recensón de Xosé Lois García sobre o libro No colo da Lua.
Amparo Segarra, a artista ao descuberto
A súa presenza en Compostela era habitual no fin de século, vencellada á figura do seu compañeiro de vida, Eugenio Granell. Con motivo do centenario de Amparo Segarra unha exposición mostra en Compostela a súa dimensión de artista plástica e teatral.
Unión Bravú. Ed. Do Cumio. Varios Artistas
Voltando a vista atrás, 20 anos despois da súa edición, temas como “Tratorada” de Os Rastreros ou “Platinos” de Os Diplomáticos, convertéronse en auténticos clásicos.
A figura da artista Elena Colmeiro revisitada
A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura celebra esta quinta feira día 30 a xornada anual na que revisa a traxectoria adunha muller que destacou nun ámbito de actuación. Nesta ocasión, a escultora Elena Colmeiro centrará a xornada.
As músicas do mundo nunha cidade, catro días e trescentos artistas
Womex xa ten programa oficial e nel participan 300 artistas das máis diversas procedencias. A feira internacional das músicas do mundo xa ten á venda ás entradas para os concertos abertos ao público.
A Igrexa protesta polas esculturas espidas do artista Ramón Conde
“Firen a sensibilidade da xente que se achega á catedral”. A Igrexa revóltase contra a exposición do artista Ramón Conde, organizada polo Concello de Compostela, e, en nota de prensa reclama respecto polo “sentido do pudor” das persoas que visitan o templo.
Caxade “revélase” como mellor artista nos Premios Opinión
Caxade pecha un extraordinario ano co Premio Opinión ao mellor artista despois de ter publicado o seu primeiro álbum “A Dança dos Moscas” (Discos da Máquina). “Sotaque” de Xosé Manuel Budiño fíxose cos outros dous premios, o de mellor disco do anos e mellor tema orixinal.
O Reperkusión ábrese a artistas que queiran participar no programa do Festival
O Festival Reperkusión abre até o próximo 1 de maio o prazo para que artistas, grupos ou compañías presenten propostas para formar parte da programación na súa duodécima edición.
O son natural, encontro do artista Fernando Casás coa música de Vertixe
A natureza é o vínculo que une a música de Vertixe Sonora e a obra de Fernando Casás no concerto “O son natural” que se desenvolverá o mércores 6 de novembro ás 20:00 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Unha artista franquista participa no programa do San Froilán
Retratouse co uniforme da Falanxe, apoiou a Blas Piñar e defendeu a violencia cando “se ofende a Dios y a la Patria”. Trátase da artista Charo Reina, que estará no programa do San Foilán en Lugo.
Falece o artista Xaime Cabanas, pintor bravú e atlántico
Con sesenta anos e unha longa traxectoria na arte na que se iniciou nos anos setenta, o pintor Xaime Cabanas morreu na Coruña, a cidade que foi escenario de boa parte da súa irreverencia artística e vital, desde a Galga até o GrupOrzán, no máis xenuino espíritu bravú. O seu é un dos nomes iniciais de Atlántica.
A artista Mónica Alonso inicia no Cairo o seu proxecto “Percepción Espacial e Cromática”
“Percepción Espacial e Cromática na Cultura Musulmá” é o proxecto artístico que Mónica Alonso iniciará no Cairo, como parte do proxecto que está a realizar a nivel mundial “Percepción Espacial e Cromática no ser humano”.
O artista Vítor Mejuto mostra a súa xeometría abstracta en Nova York
A xeometría abstracta de Vítor Mejuto móstrase por vez primeira en Nova York. O artista inaugura a súa exposición "O silabario perdido" esta sexta feira, 7 de xuño, na galería Schema Projects.
Mercedes Peón, Lluis Llach, Paco Ibañez, e Fermín Mugurza, no concerto pola liberdade de Catalunya
O Concert per la Llibertat terá lugar o 29 de xuño e no mesmo tomarán parte un total de 60 cantantes e grupos de diferentes países