'As Neves' preestreouse na Fonsagrada
O equipo de As neves, primeira longametraxe da directora e guionista viguesa Sonia Méndez, compartiu hoxe co público da Fonsagrada a preestrea do filme, que foi rodado en diferentes localizacións do municipio, así como noutros concellos veciños e en Santiago de Compostela. O filme, protagonizado por un elenco maioritariamente novel, conta a historia dun grupo de adolescentes nunha localidade do interior a raíz da desaparición dunha das amigas durante a celebración do Entroido. O filme estreouse no Festival de Málaga e poderá verse nos cinemas a partir do 10 de maio. As neves é a primeira experiencia de Sonia Méndez como directora e guionista dunha longametraxe de ficción, se ben conta cunha recoñecida traxectoria de máis de vinte anos no sector audiovisual.
Novo accidente laboral: falece un operario de 49 anos nas Neves ao caer dun guindastre
Demandan a Xunta da Galiza polos incendios de 2017 no Condado
Así foi a histórica Feira do Requeixo e do Mel das Neves
A Feira do Requeixo e do Mel das Neves rexistra un récord de asistencia
A XXX edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves marcou un récord de participación superando todas as previsións de asistencia. Os organizadores non dubidan en cualificar o evento como un éxito.
A vitoria da veciñanza do Condado contra a celulosa das Neves
Hai 47 anos a loita contra as celulosas no Condado deu un xiro de 180 graos. Centos de veciños procedentes de toda a comarca deixaron claro aos responsábeis de Celulosas de Guipuscoa a súa negativa a pasteira.