02/maio/24 - 20:59
Actualizado: 02/maio/24 - 20:59
'As Neves' preestreouse na Fonsagrada
O equipo de As neves, primeira longametraxe da directora e guionista viguesa Sonia Méndez, compartiu hoxe co público da Fonsagrada a preestrea do filme, que foi rodado en diferentes localizacións do municipio, así como noutros concellos veciños e en Santiago de Compostela. O filme, protagonizado por un elenco maioritariamente novel, conta a historia dun grupo de adolescentes nunha localidade do interior a raíz da desaparición dunha das amigas durante a celebración do Entroido. O filme estreouse no Festival de Málaga e poderá verse nos cinemas a partir do 10 de maio. As neves é a primeira experiencia de Sonia Méndez como directora e guionista dunha longametraxe de ficción, se ben conta cunha recoñecida traxectoria de máis de vinte anos no sector audiovisual.
![Antía Mariño Tomé e Andrea Fernández Varela en 'As Neves'.](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2024/05/02/2024050218445478716.jpg)