Asia

Desfile do Orgullo LGTB este mes en Tailandi. (Foto: Varuth Pongsapipatt / SOPA Images / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

Tailandia convértese no primeiro país no sueste de Asia en legalizar o matrimonio igualitario

Prevese que a norma entre en vigor a finais de outubro ou novembro.
Miguel Díaz-Canel participou a primeiros de maio na reunión do Consello Supremo da Unión Económica Euroasiática. (Foto: Goberno de Cuba).
star
Análise

Cuba e Eurasia: abrir novos camiños

José Ernesto Nováez Guerrero é xornalista e escritor cubano.
Narendra Modi fai o signo da vitoria tras obter o maior número de escanos nos comicios xerais (Foto: Pradeep Gaur / Zuma Press vía Europa Press).
INTERNACIONAL

A impostura de Modi, o principal baluarte do supremacismo hindú

Tal como xa sinalaban os prognósticos, aínda que cunha vitoria menos contundente do agardado, Narendra Modi, 73 anos, do Party Bharatiya Janata ou BJP (Partido Popular Indio), accederá por terceira vez consecutiva ao cargo de primeiro ministro. Algo que só aconteceu na historia da India con Jawaharlal Nehru, entre 1947 e 1964.
O buque 'Playa Zahara Dos'. (Foto: Ministerio de Pesca)
SOCIAL

Naufraga no Pacífico o barco pesqueiro galego 'Zahara Dos'

Os feitos ocorreron na tarde desta pasada cuarta feira e os 19 tripulantes foron rescatados e están "en perfecto estado".
Varias persoas transportando os cadaleitos de Ebrahim Raisi e Hossein Amirabdollahian, o pasado 21 de maio, na cidade iraniana de Qom. (Foto: Ahmad Zohrabi / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

Irán descarta un acto de sabotaxe no accidente mortal do presidente Raisi

O Exército iraniano non acha indicios de intencionalidade após elaborar un segundo informe sobre o sinistro do helicóptero no que viaxaba.
O novo presidente de Vietnam, To Lam, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)
Agora

O Parlamento vietnamita ratifica To Lam, ministro de Seguridade Pública, como novo presidente

A Asemblea Nacional de Vietnam elixiu a cuarta feira To Lam, que exercía como ministro de Seguridade Pública desde 2016, como novo presidente. Lam afirmou que está “determinado a loitar contra a corrupción” na súa primeira intervención. Precisamente cargos de corrupción estiveron detrás da dimisión de Vo Van Thuong en marzo, cando levaba un ano na Presidencia, no marco dunha campaña anticorrupción do gobernante Partido Comunista.
O helicóptero accidentado no que viaxaba o presidente iraniano, Ebrahim Raisi. (Foto: Iranian State TV via ZUMA Pres / DPA)
INTERNACIONAL

Falecen o presidente e o ministro de Exteriores de Irán nun accidente aéreo

O helicóptero no que viaxaban sufriu un tráxico accidente este domingo nunha zona montañosa e de difícil acceso.
Inundacións en Paquistán o pasado ano. (Foto: PPI / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Asia é a rexión "máis afectada polas catástrofes" vinculadas co clima, e Europa onde máis medra a temperatura

A temperatura no continente europeo medra o dobre que a media mundial.
Erupción do volcán Ruang, en Indonesia (Foto: Center for Volcanology and Geological Hazard Mitigation vía Bureau of Meteorology).
INTERNACIONAL

VÍDEO | As imaxes son impresionantes: así foi a erupción do volcán Ruang en Indonesia

As autoridades evacuaron a perto de 1.000 persoas.
Zona deforestada na Amazonía brasileira (Foto: Daniel Beltra / Greenpeace vía Europa Press).
VÍDEO NO INTERIOR

Earth Sight vincula Inditex e H&M á deforestación ilegal, ao roubo de terras, á corrupción e á violencia

Desde a chegada de Luiz Inácio Lula da Silva á Presidencia, o Goberno do Brasil comezou a tomar medidas contra a deforestación. Esta mesma terza feira, o líder do Executivo brasileiro anunciou o novo programa para enfrontar esta problemática.
Vista xeral de Gaza após ataques israelís (Foto: Mohammed Abu Elsebah / dpa).
INTERNACIONAL

Polo menos cinco mortos nun ataque israelí a Damasco que destruíu o Consulado de Irán

O obxectivo serían altos cargos iraníes que se atoparían entre os falecidos.
Cascallos en Siria tras un ataque aéreo xordano en xaneiro. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)
Agora

13 anos de guerra en territorio sirio deixan arredor de 620.000 persoas falecidas

A sexta feira fíxose o 13º aniversario do comezo da guerra en Siria, que enfronta o Goberno de Bashar al Assad con grupos opositores, entre eles organizacións xihadistas, apoiados polos países occidentais. O Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos cifra en case 620.000 persoas o número de falecementos, incluíndo 165.000 civís. Dous millóns de persoas resultaron feridas e 13 millóns tiveron que fuxir dos seus fogares.

Unha muller emite seu voto no colexio electoral número 35 en Bogor, Indonesia, o pasado 14 de febreiro. (Foto: Xu Qin / Xinhua News).
star
Análise

Eleccións en Indonesia: un novo presidente, un vello coñecido

Sara Álvarez Quintáns é graduada en Relacións Internacionais e Magister en Paz, Seguridade e Defensa.
O líder do Congreso Nacional Indio, Rahul Gandhi. (Foto: Ravi Batra / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A principal forza opositora india denuncia o bloqueo das súas contas

Protestas labregas ao longo do territorio.
Xornada electoral onte no sur da illa indonesia de Sulawesi. (Foto: Herwin Bahar / Zuma Press / ContactoPhoto)
Agora

O conservador Prabowo Subianto proclama a vitoria na primeira volta electoral en Indonesia

Baseado en recontos extraoficiais que elevan os seus apoios a entre 57% e 59% da poboación indonesia que participou nas eleccións presidenciais de hoxe, o ministro de Defensa, o conservador Prabowo Subianto, reclamou a súa vitoria xa na primeira volta. Durante a ditadura de Mohammad Suharto, apoiado por Occidente, foi acusado de torturas e desaparicións forzosas.

Protestas do PTI pola manipulación dos comicios a pasada semana. (Foto: Hussain Ali / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Imran Khan fica excluído do novo Executivo anunciado en Paquistán

Pendente de resolver a manipulación electoral.
O candidato conservador Prabowo Subianto en 2023. (Foto: Alexander Kubitza / Dod / Planet / DPA)
Agora

O conservador Prabowo Subianto perfílase como o novo presidente de Indonesia

Máis de 200 millóns de persoas están convocadas mañá a elixir o novo presidente de Indonesia, nunhas eleccións nas que tamén se seleccionará o lexislativo. As últimas enquisas sosteñen que o conservador Prabowo Subianto podería superar 50% dos votos e converterse en mandatario na primeira volta, impulsado polo apoio do actual presidente, o progresista Joko Widodo, denuncia a oposición, cuxo fillo aspira a ser vicepresidente de Prabowo.

Reconto en Paquistán. (Foto: Hussain Ali / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

O PTI de Imran Khan lidera o reconto dos comicios paquistanís

Nawaz Sharif perde na súa circunscrición
Votacións hoxe en Paquistán. (Foto: Ahmad Kamal / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Paquistán cortou internet e os servizos de telefonía nas votacións

Producíronse masivas denuncias por irregularidades.
Marcha de persoas partidarias de Imran Khan e do PTI a finais de xaneiro en Peshawar, no norte do territorio paquistaní. (Foto: Hussain Ali / Europa Press / Contacto)
star
INTERNACIONAL

A represión contra Imran Khan marca as eleccións hoxe en Paquistán

Sen garantías de que o resultado final teña relación cos votos reais emitidos pola poboación, medra a percepción de que os comicios xerais que decorren hoxe en Paquistán constitúen un referendo sobre o papel do Exército, alimentado por máis do 12% do orzamento público.