O chefe dos Mossos denuncia que o Estado non partillou con el a información sobre Es Satty
O pretenso cerebro da célula jihadista que atentou en Barcelona e Cambrils estaba sob o foco da policía española desde 2005, mais esa información nunca chegou aos Mossos d'Esquadra. Así o denunciou este domingo o seu major (chefe), Josep Luís Trapero. O chefe do corpo policial catalán afirma, porén, que sería "deshonesto" afirmar que os Mossos poderían ter evitado os atentados de teren sido alertados sobre os antecedentes jihadistas de Es Satty.
O ‘procés’ gaña tempo após os atentados que a prensa española non foi quen de utilizar na súa contra
Probablemente é de tal ansiedade o estado dos grandes medios de comunicación españois na procura de circunstancias e elementos que poidan axudar a frustrar a celebración do referendo en Catalunya do 1 de outubro, que os atentados en Barcelona foron dunha envergadura difícil de xestionar. Calquera cousa que pase en Catalunya é susceptíbel de ser usada contra o referendo e os seus promotores. Un ataque jihadista no paseo das Ramblas era algo demasiado bo como para pararse a calibrar unha estratexia. A prensa do Estado fixo o que fai o propio Estado: lanzarse ao pescozo de Catalunya sen reparar nos argumentos.
Barcelona rende homenaxe ás vítimas e rexeita a compaixón do rei Felipe VI e de Rajoy
Os apupos ao rei Felipe e a presidente do goberno, Mariano Rajoy, as pancartas que recordaban ás autoridades españolas a súa participación no comercio mundial de armas e unha inmensa expresión de solidariedade coas vítimas dos atentados do 16 de agosto definiron a manifestación que baixo o lema No tinc por (Non teño medo) recorreu o centro de Barcelona esta tarde.
Un xuíz autorizou en 2005 escoitas telefónicas ao líder da célula jihadista
En 2005 o xuíz Grande Marlasca, actual presidente da Sala do Penal da Audiencia Nacional, autorizou escoitas telefónicas ao imán de RIpoll, Abdelbaki es Satty, pretenso líder da célula jihadista autora dos atentados de Barcelona e Cambrils. Fíxoo porque a policía española sospeitaba das súas relacións con membros de Al Qaeda. Esa información nunca chegou aos Mossos d'Esquadra.
As sombras arredor dos atentados de Catalunya
Teorías conspiranoicas á marxe, hai algunhas perguntas a se facer por volta dos ataques jihadistas de Barcelona e Cambrils. Por que o imán de Ripoll, teórico líder da célula, non foi expulso do Estado cando unha orde pesaba sobre el? En que consistiu a advertencia da policía belga aos Mossos de Esquadra sobre as actividades de Abdelbaki es Satty? No meio da brétema de sombras e dúbidas reaparece un espectro: en 2015, policías españois advertiron a jihadistas de que estaban a ser investigados polos Mossos, segundo unha denuncia formulada polo corpo policial catalán.
The Wall Street Journal conclúe que "Catalunya pode gobernarse á marxe de España"
A forma en que a Generalitat xeriu os atentados de Barcelona e Cambrils -coa rápida desarticulación da célula jihadista- non pasou desapercibida aos ollos da biblia do xornalismo conservador norteamericano, un meio de indubidábel influencia global.
Un dos terroristas detidos admite que preparaban un atentado con explosivos
A explosión no chalet de Alcanar ao manipular as bombonas de gas tería levado á célula jihadista a despregar un plano B, o de atentar contra a multitude cunha furgoneta e con armas brancas.
CUP ataca Rajoy e Felipe VI pola súa relación de amizade con "aqueles que financian o Daesh"
A Candidatura D'Unitat Popular anuncia que si estará este sábado na manifestación en Barcelona que convocan concello e Generalitat de Catalunya no Passeig de Gràcia (18 h) baixo o lema de No tinc por (non teño medo).
Os Mossos identifican o terrorista abatido en Subirats como o autor do atentado de Barcelona
Os Mossos de Esquadra abateron esta tarde en Subirats Younes Abouyaaquoub, a quen se considera o autor material do atentado de Barcelona, condutor da furgoneta que bateu contra a multitude nas Ramblas.
Os Mossos identifican o terrorista abatido en Subirats como o autor do atentado de Barcelona
Operación en marcha en Subirats (Alt Penedés). Os Mossos de Esquadra terían abatido Younes Abouyaaquoub, a quen se considera o autor material do atentado de Barcelona, condutor da furgoneta que bateu contra a multitude nas Ramblas.
Interior confirma Abouyaaqoub como autor material do atentado de Barcelona
Joaquim Forn, conseller de Interior da Generalitat, confirmou esta segunda feira 21 de agosto, nunha entrevista en Catalunya Ràdio, que Younes Abouyaaqoub é o autor material do atropelo masivo que tivo lugar a pasada quinta feira en Barcelona. Abouyaaqoub sería o único condutor da furgoneta e segue en paradeiro descoñecido dende que fuxiu do lugar dos feitos deixando 13 falecidos e máis dun cento de feridos.
“No tinc por”, unha gran mobilización percorrerá Barcelona o sábado
Namentres continúan as investigacións policiais sobre os atentados de Barcelona e Cambrils, veñen de ser convocadas dúas manifestacións contra o terrorismo. Baixo o lema “No tinc por” (Non temos medo), a mobilización convocada polas institucións catalás terá lugar o sábado. E esta segunda feira, ás 19h, persoas musulmás protestarán contra os atentados.
Os grandes medios españois acrecentan a ofensiva anti independentista após os atentados
Os medios españois continúan a cargar nos seus editoriais, e tamén nas páxinas de información, contra o proces independentista catalán após os atentados de Barcelona e Cambrils. Botamos unha ollada aos exemplos máis representativos.
Manteñen o nivel 4 de alerta terrorista, mais "con reforzos" en zonas turísticas
O ministro do Interior, Juan Antonio Zoido, vén de comunicar que a Mesa extraordinaria da ameaza terrorista, reunida este sábado en Madrid, acordou por unanimidade manter o nivel 4 (sobre 5) de alerta. Asegurou que, aínda así, reforzarán dispositivos.
Barcelona planta cara ao fascismo
Na tarde da sexta feira, perto de 200 persoas encaráronse contra unha vintena de membros de La Falange e Democracia Nacional na porta do Mercat da Boqueria e lograron impedir unha ridícula concentración fascista. Por outra banda, os Mossos informaron de que os terroristas prevían acometer un masacre aínda maior.
Estado Islámico: o Califato patrocinado polo Imperialismo
Nacido no seo de Al-Qaeda, da que se escinde, o EI está a sementar o terror en Siria e no Iraque. O grupo foi armado e financiado polas potencias occidentais.
A célula de 12 jihadistas preparaba varios atentados en Catalunya
O número de persoas falecidas nos ataques de Barcelona e Cambrils ascende a 14. Os Mossos traballan coa hipótese de que os atentados se preparaban na vivenda de Alcanar que estoupou, o que obrigou a célula jihadista a actuar á "desesperada" ao perder o material co que preparaban os ataques con explosivos.