atentado

POLÍTICA

Bloque e AGE requiren que Samuel Juárez aclare no Parlamento ''por que alentou a tese do atentado''

Mantivo esta hipótese como causa horas despois de que o ministerio de Interior a dera xa por desbotada. Piden tamén a comparecencia de Feijóo para que dea conta dos protocolos que se puxeron en marcha e que informe da seguridade na rede ferroviaria galega

Galiza

O xefe de Renfe volve falar de "atentado" en Angrois durante unha entrevista

Ao ser corrixido polo xornalista recoñece que foi un "lapsus", mais reitera que "nun primeiro momento pensouse que podía ser un atentado e desprazáronse os tedax". Insiste en que a vía é "completamente segura" e que "antes de final de ano estará resolto" o problema co sistema de freado ERTMS, asegurando que funcionará en todo o traxecto

SOCIAL

A CRTVG continuou a manexar a hipótese do atentado horas despois de que fora oficialmente desbotada


Nas informacións que a televisión e a radio públicas da Galiza ofreceron durante toda a mañá do 25 de Xullo non se deu en ningún momento por descartada a colocación dun artefacto explosivo como causa do sinistro, sinalando unicamente que tal teoría "vai perdendo forza"

Galiza

O Goberno español descarta o atentado como causa do sinistro en Compostela

Declaracións do subdelegado na Galiza, Samuel Juárez, e do titular de Interior, Jorge Fernández Díaz, aseguran que o sinistro rexistrado no lugar de Angrois foi un accidente "e non hai ningún indicio que apunte a que non se tratou dun violento descarrilamento"

INTERNACIONAL

A policía española prende dous fotoxornalistas nas súas casas e acúsaos de ''atentado contra a autoridade''

Coñecidos por dar cobertura ás mobilizacións dos colectivos sociais, Raúl Capín e Adolfo Luján foran sinalados por xornais como ABC, El Mundo ou La Razón como "extremistas infiltrados"

INTERNACIONAL

Hackean a conta de Associated Press para informar dun falso atentado contra Obama

A coñecida axencia de noticias informou esta terza feira dun suposto atentado acometido contra o presidente dos EUA na propia Casa Branca. A nova publicada na conta de Twitter da axencia causou unha caída de 150 puntos na bolsa do país. 

Galiza

O PP abre unha crise institucional gravísima ao bloquear o acceso ao Parlamento

A sesión plenaria que se desenvolveu esta terza feira contou coas cadeiras baleiras d@s deputad@s do BNG, AGE e PSdeG que rexeitaron desta maneira o veto imposto pola presidenta da Cámara á cidadanía. Pilar Rojo acusa ao conxunto da oposición de atentar contra o Parlamento. O PP abre unha crise institucional gravísima -e de consecuencias imprevisíbeis- ao bloquear o acceso ao Parlamento. Esta é unha crónica dunha sesión parlamentar que rexistrou unha tensión sen precedentes na historia desta institución.
Concentración pro aborto BNG
SOCIAL

O BNG derrogará a Lei de familia por ser ''un atentado contra os dereitos das mulleres''

No Día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuíto, a formación frontista arremete contra tres anos ''de defensa da ideoloxía do Opus dei, desviando cartos das políticas de igualdade a organizacións relixiosas'' e comprométese a botar embaixo dúas leis profundamente regresivas: a 5/2010, de apoio ás mulleres embarazadas; e a 3/2011, de apoio á familia, redactadas ao abeiro dunha ILP da Red Madre e do Foro español de la familia
Pauline Maurois
Mundo

O soberanismo gaña as eleccións en Québec e sofre un atentado

Pauline Marois, candidata polo Parti Québécois, formará goberno. Un atentado na festa de celebracion remata cunha persoa morta e varias feridas.
POLÍTICA

Jorquera: “Estamos ante o maior atentado contra os dereitos das maiorías”


O Bloque Nacionalista Galego, Amaiur, Esquerra e Izquierda Plural deixaron os seus asentos baleiros no Congreso durante a votación dos recortes aprobados polo PP en sinal de protesta.