Inestabilidade e enfrontamento, a realidade dun inicio de curso inusual
As direccións dos centros de secundaria e os sindicatos amósanse moi molestos dos constantes cambios de criterio e anuncios da Xunta. Pola súa parte, o conselleiro de Educación insiste nun modelo lectivo mixto pero di que dará contratacións de persoal.
O modelo flexíbel de selectividade chega "tarde", segundo o alumnado
O alumnado de 2º de Bacharelato respira máis tranquilo unha vez comunicada a dinámica das probas de selectividade que terán lugar no mes de xullo. A publicación, critican, foi tardía. O modelo, con máis opcións, busca minimizar o impacto da fenda social entre as familias tras a suspensión das clases presenciais.
Unha sentenza avala a obriga de cursar Relixión no Bacharelato na Galiza para poder estudar Robótica
Un xulgado de Compostela desestimou unha demanda dunha familia que pedía a anulación da matrícula dun alumno de 1º de Bacharelato que estaba nesa situación.A denuncia fíxose a iniciativa da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e contou co asesoramento da asesoría xurídica da CIG-Ensino.
Sacar a obrigatoriedade da Relixión do bacharelato galego
O colectivo Filosofia Si considera que a obrigatoriedade de ter que estudar esa materia específica para poder cursar optativas como Coeducación, Antropoloxía ou Robótica vulnera os artigos 14 e 16 da constitución. Presentou unha queixa perante a Valedora do Pobo por este motivo.
Relixión, obrigatoria de facto no bacharelato galego
A configuración do itinerario do bacharelato galego coa Lomce obriga a escoller a materia relixiosa, aínda que non se queira, para poder cursar outras, como Coeducación ou Antropoloxía.
A Xunta deixa sen praza a 40 estudantes de bacharelato en Ponteareas
Galiza Nova denuncia a responsabilidade da Consellaría de Educación a quen exixen que habilite as aulas necesarias para atender a demanda
O ensino público 'golea' nos premios extraordinarios de Bacharelato
Dos 15 primeiros postos para atinxir estes galardóns, 12 son alumn@s de centros públicos e 3 de centros privados