Queixas no Bierzo por non poder ver a TVG “desde hai semanas”
Fala Ceibe remite un escrito ás administracións galega e castelán, así como á CRTVG demandando poder volver ver a canle pública galega.
Fala Ceibe remite un escrito ás administracións galega e castelán, así como á CRTVG demandando poder volver ver a canle pública galega.
O número de crianzas e persoas mozas que estudan este idioma nesa zona supera as 1.100. O ensino do galego esténdese a novos centros de ensino.
O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo presentou as súas demandas lingüísticas ás formacións políticas perante a cita electoral do 26 de maio. Emprazan ademais os partidos políticos a rachar “coas dinámicas históricas antigalegas”.
Pescudamos na revolta irmandiña nos territorios estremeiros do Bierzo da man de Javier Lago Mestre, licenciado en Historia Moderna pola Universidade de Salamanca, que vén de participar no ciclo de conferencias “Economia, História e Realidade Social” organizada pola Asociación Cultural O Facho da Coruña. Eis un extracto do texto, publicado no número 332 de Sermos Galiza.
Son 121 máis que no curso anterior. Hai 19 centros de ensino onde se imparte o noso idioma
Edicións Positivas vén de publicar 'Ensayos poéticos en dialecto berciano', un dos primeiros libros en galego do Rexurdimento, asinado por un comandante do exército español, Antonio Fernández Morales, que naceu hai 200 anos en Astorga, aínda que se criou en Cacabelos. Unha xoia aínda por descubrir que agora por fin podemos atopar nas librarías. Falamos co director da editorial, Francisco Macías, un berciano que tamén se une á reivindicación deste autor esquecido pola cultura oficial.
Este sábado 17 de xuño, mentres a RAG elixe o futuro -ou a futura- homenaxeada, no Bierzo réndenlle homenaxe a Antonio Fernández Morales, un autor esquecido a este lado da raia de quen se cumpren este ano 200 anos do seu nacemento.
Distintos colectivos sociais e culturais promoven a candidatura do escritor co obxectivo de pular polo(re)coñecemento da lingua galega no Bierzo.
A proposta foi presentada polo BNG e conseguíu o apoio de todos os grupos nunha emenda 'in voce'.
“Pode ser a morte para o galego” sinala a profesora de Vilafranca Mª Xosé Taibo. “Quen queira estudar galego será discriminado”, explica o alumno Daniel Bernardo Vivero. Achegámonos da súa man ao que pode significar na práctica a reforma que a Junta de Castilla y León anuncia para o vindeiro curso.
A deputada Ana Pontón transladou ao director xeral as queixas de colectivos sociais e culturais, así como do profesorado, a respeito de que a Junta non está a cumprir o convenio asinado coa Xunta.
Falar no idioma galego é a expresión máxima dos vínculos históricos e culturais que partillan Galiza e as comarcas do Bierzo e Sanabria. Porén, do outro lado do Telón de Grelos, o recoñecemento desta lingua está na corda bamba.
A Junta de Castela e León está a suprimir aulas de galego no Bierzo, incumprindo o convenio asinado coa Xunta de Galiza para a promoción da lingua na comarca. Tanto a Academia Galega como o Consello Escolar do IES de Cacabelos -un dos afectados- diríxense ao goberno galego para que faga cumprir o acordo subscrito polas dúas institucións.