cambio climático

Presentación da Estratexia Ambiental do BNG (Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG aposta por “unha Galiza verde líder en desenvolvemento sostíbel”

A formación nacionalista presentou este sábado a súa alternativa ambiental que inclúe medidas en sete grandes ámbitos de actuación: biodiversidade, enerxía, axenda urbana, mobilidade, ciclo da auga, residuos e bioeconomía.

Refuxiado en Moria, en Grecia, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

A "preocupante cifra" de 55 millóns de desprazados internos no mundo

En 2020 marcouse un novo récord de persoas desprazadas de maneira forzosa dentro do seu Estado, co que chegan a 55 millóns as persoas que viven permanentemente nesta situación.
Central térmica de Meirama, nas Encrobas (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

'Galiza sen carbón' sinala a "desvergoña climática de Núñez Feixoo"

A plataforma 'Galiza, un futuro sen carbón' aclara que as emisións das centrais de carbón galegas baixaron de 10,1 a 2,5 millóns de toneladas entre 2018 e 2019 malia a Estratexia de Cambio Climático da Xunta.
Alberto Núñez Feixoo onte despois da reunión do Consello de Goberno da Xunta. (Foto: Ana Varela)
POLÍTICA

"Galiza vai pagar o pato das emisións no Estado", di Feixoo

O Consello de Goberno da Xunta da Galiza desta cuarta feira fixo balance das medidas contra o cambio climático. Tamén aprobou unha oferta de emprego público no eido do ensino que non será efectiva até 2022, cando se examinen de modo conxunto as persoas aspirantes da convocatoria de 2021 e 2022.

agro
star
SOCIAL

Máis aló do prato: os problemas da distribución e consumo de alimentos

A maneira en que se producen, distribúen e consumen alimentos vai derivar en diversas consecuencias sociais, ambientais e sanitarias. Estes impactos varían en escala e en dimensión, segundo sexa a forma de producir e de consumir e son analizados na Guía “Máis aló do Prato: analizando a dieta alimentaria na miña contorna”, un traballo publicado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Xavier Simón, David Pérez-Neira, María Montero, Damián Copena e a Cooperativa Somos Terra debullan os factores que afectan a alimentación.
buscador2
SOCIAL

Cal é a contribución do teu concello ao cambio climático? Este buscador permíteche sabelo

Greenpeace presenta un buscador que analiza todos os concellos da Galiza e o Estado español para amosar canto contribúe cada un a agravar o cambio climático, ou ben, a protexer a biodiversidade. Podes usalo no interior da nova.

 

O profesor Juan Bello Llorente diante do Módulo Bioclimático 'A Vieira' no CIFP Someso da Coruña (S. Amado)
SOCIAL

Juan Bello, profesor: "Desprezar o medio natural sobre-explotando os recursos non leva a un futuro viábel"

Juan Bello Llorente é, desde 1985, profesor de Formación Profesional na familia de Edificación e Obra Civil. Na actualidade traballa no CIFP Someso da Coruña onde creou un recurso didáctico para dar a coñecer os principios fundamentais da bioconstrución, o Módulo Bioclimático 'A Vieira'. En 2004 recibíu o Premio Innovación Educativa en Enerxías Renovábeis na Galiza.
A activista Eme Bañón Goiriz diante dun computador coa páxina galega de Extinction Rebellion. (Nós Diario)
SOCIAL

Eme Bañón, Extinction Rebellion: "O cambio global realízase con moitos cambios locais"

Os movementos mundiais Fridays For Future e Extinction Rebellion (XR) de acción non violenta contra o cambio climático que naceron en Europa entre 2018 e 2019 tamén teñen presenza na Galiza. Ambos participarán nas xornadas de Marzo Medioambiental 2021 da Universidade da Coruña que rematarán o día 19 de marzo, coincidindo co Día Global de Acción polo Clima. Eme Bañón Goiriz é unha activista galega que participa en ambos.
Captura de video dun dos lugares afectados pola creba do glaciar (Fonte: Twitter)
INTERNACIONAL

A crebadura dun glaciar deixa 200 persoas desaparecidas na India

O cambio climático afecta ao Himalaia. Este domingo a creba dun glaciar provocou 19 mortes e máis de 200 persoas desaparecidas na India. En  2013 varias riadas, corrementos de terras e o derrube de edificios xa causaran unha catástrofe
SOCIAL

Montes veciñais, grandes reservas de CO2

As comunidades de montes piden maior recoñecemento e compensación para a súa xestión das masas forestais ao tempo que reclaman unha revisión profunda dos fundamentos do decreto estatal que regula o rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de CO2.

Dúas advertencias en moi pouco tempo

Cambio climático e eucaliptos

O mudar do clima

IMG-20200909-WA0000
Físico e investigador da Universidade de Vigo (UVigo)

Juan Añel: "Para frear o cambio climático hai que xerar empatía coas xeracións que o sufrirán máis"

Juan Antonio Añel forma parte do departamento de Física Aplicada da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, na UVigo, e integra o equipo EPhysLab, onde se realizan multitude de investigacións e estudos de carácter medioambiental. Añel traballa arredor do cambio climático, das enerxías renovábeis, da sustentabilidade e mais da dinámica atmosférica. 
O informe do UNEP deste ano puxo o foco no transporte marítimo e aéreo de bens e de persoas. (Foto: ONU)
Informe anual sobre emisións do Programa da ONU para o Ambiente

A 'recuperación verde' da pandemia podería diminuír a velocidade do cambio climático

Non lle restan moitas oportunidades á humanidade para asegurar a súa supervivencia no vindeiro século. O cambio climático acelérase coa acción humana, con consecuencias que farán case inhabitábel o planeta. Só a acción desde os Gobernos pode reverter a situación, e no regreso a 'outra normalidade' pode estar a chave.
capa-oscar villán
star
Reportaxes

Ecodesafíos: por unha transición ineludíbel

2019 foi un ano marcado pola presenza inexorábel da crise climática, materializada nas protestas dos Venres polo futuro ou o Movemento Galego polo Clima. A emerxencia mantense en 2020, coa evidencia da transición ecolóxica como un dos principais desafíos que verá este século. Inauguramos década cunha previsión, da man das tres principais asociacións ecoloxistas con actividade na Galiza (Adega, Verdegaia e Greenpeace), dos puntos que van marcar a axenda en materia ambiental, conectados no fráxil equilibrio dun ecosistema do que, non o esquezamos, formamos parte. 
globo_greenpeace2
INTERNACIONAL

Outra "cativa" pedalada da UE na carreira contra a emerxencia climática

A Eurocámara quere un 60% e as ONG argumentan que cómpre polo menos 65%. Ao final, o Consello Europeo propuxo un aumento de até 55% na redución de emisións de gases para 2030 desde o 40% previo. A lentitude na transición enerxética nos Estados do Leste bloqueou unha meta máis ambiciosa, cada vez máis perentoria.
india_plastic_pollution_web
INTERNACIONAL

A humanidade, en "guerra suicida" contra o Planeta

O Planeta ten febre alta e arde. Os efectos da crise climática pódense constatar xa a diario: incendios, inundacións. Pandemias. O dano da humanidade ao ambiente –por mar, terra e aire– afecta flora e fauna, e tamén a propia humanidade. O secretario xeral da ONU volveuno alertar onte por enésima vez.
co2_onu
INTERNACIONAL

A Covid-19 non evitou un novo nivel récord nos gases que quecen a Terra

A acumulación de dióxido de carbono continuou a medrar malia a desaceleración industrial provocada polos confinamentos.
desxeo
INTERNACIONAL

As ameazas latentes no solo do Ártico

O quecemento global está a xerar un círculo vicioso que evidencia a gravidade da crise climática. No Ártico, onde a temperatura aumenta ao dobre de velocidade que no resto do planeta, o desxeo fai que o CO2 acumulado se desprenda, causando maior quecemento global. Mais non só, tamén se teme polos microbios que alberga no seu solo.