cambio climático

Líderes de Australia, Anthony Albanese, e Tuvalu, Kausea Natano. (Foto: AAPIMAGE / DPA)
Agora

Australia pacta con Tuvalu ofrecerlle refuxio perante os efectos do quecemento global

As case 11.000 persoas que viven en Tuvalu, no océano Pacífico, poderán residir, estudar e traballar en Australia, así como acceder ao sistema sanitario e recibir apoio financeiro, logo do pacto asinado hoxe entre o primeiro ministro australiano, Anthony Albanese, e o seu homólogo de Tuvalu, Kausea Natano, perante o risco de desaparición do arquipélago nas próximas décadas ao elevarse o nivel do mar polo cambio climático. 

As consecuencias do cambio climático son cada vez máis alarmantes segundo a OMS (Foto: Rolf Vennenbernd / dpa).
SOCIAL

O cambio climático ameaza con reverter os avances en saúde segundo a OMS

"A crise climática é unha crise de saúde que provoca fenómenos meteorolóxicos máis graves e impredicíbeis, alimenta gromos de enfermidades e contribúe a taxas máis altas de enfermidades non transmisíbeis", afirma o Director Xeral da Organización Mundial da Saúde.
Danos en Portsmouth (Reino Unido) hoxe pola tormenta Ciarán. (Foto: Andrew Matthews / PA Wire / DPA)
INTERNACIONAL

A ONU alerta antes da COP28 da diminución do financiamento climático ao tempo que aumentan as necesidades

Máis dun millón de casas sen electricidade en Francia por unha tormenta.
Estrada bloqueada en México polos efectos do furacán Otis. (Foto: Dassaev Tellez Adame / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

27 decesos tras arrasar Acapulco un furacán con ventos de 268 km/hora

Catro persoas continúan desaparecidas.
Campo de desprazados en Turquía após o terremoto que tamén afectou Siria. (Foto: Boris Roessler / DPA)
INTERNACIONAL

As guerras e a fame deixan 114 millóns de persoas desprazadas pola forza no mundo

As crianzas suman 41% das persoas que tiveron que fuxir no planeta.
Praia de Rodas, nas illas Cíes. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Récord de temperatura no mar: 24,5ºC no Atlántico e 20,2ºC nas Cíes

As anomalías térmicas poderían ser aínda maiores para as próximas dúas semanas
As chuvias baixarán de continuaren as actuais políticas relativas ao cambio climático (Foto: J. Ossorio Castillo / Adobe Stock)
SOCIAL

As chuvias na Galiza baixarán 13% en 2100 segundo un estudo

O Estado español podería perder máis de catro puntos do Produto Interior Bruto (PIB) até 2050 se se mantiveren as actuais políticas mundiais relativas ao cambio climático.

Ardemos

A calor de setembro encamiña 2023 a ser o ano máis cálido da historia (Foto: Alexandre / Adobe Stock)
SOCIAL

O ano 2023 vai camiño de ser o ano máis cálido desde que existen rexistros

A temperatura do mundo en setembro de 2023 rexistrou a anomalía cálida máis alta para este mes de calquera ano no conxunto de datos ERA5 (desde 1940). O mes no seu conxunto foi ao redor de 1,75°C máis cálido que a media de setembro para 1850-1900, o período de referencia preindustrial.
Vista xeral da destrución tras as devastadoras inundacións que afectaron o leste de Libia e mataron miles de persoas (Foto: ZUMA Press ).
star
Análise

Xogando coa Terra, co futuro do noso planeta

Rubén C. Lois González é xeógrafo da Universidade de Santiago de Compostela.
António Guterres, secretario xeral da ONU, na apertura do debate xeral. (Foto: Michael Kappeler / DPA)
star
INTERNACIONAL

A loita climática supera a división de bloques na ONU

Entre a defensa dos intereses e asuntos propios de cada Estado que decorreu nas últimas xornadas na Asemblea Xeral da ONU, o cambio climático converteuse nun dos eixos principais que estruturaron os discursos no órgano, alcanzando a defensa da loita contra el un consenso que non lograron nin os países occidentais con Ucraína nin os do Sur Global coas mudanzas na arquitectura financeira mundial que precisan.
Unha persoa investigadora contra o VIH (Foto:  RFBSIP)
SOCIAL

O cambio climático, a desigualdade e as guerras frean os avances na loita contra a sida, a tuberculose e a malaria

Un informe do Fondo Mundial revela que, aínda que os resultados na loita contra o VIH, a tuberculose e a malaria superan as cifras previas á Covid-19, a concorrencia de diversas crises afasta o mundo da senda para alcanzar as metas de 2030.
Estado das rúas de Derna, en Libia, a segunda feira. (Foto: Goberno do leste de Libia / Xinhua News / Contactophoto)
star
INTERNACIONAL

A ONU vincula a guerra civil en Libia co alto número de mortes nas inundacións

A meirande parte dos falecementos en Libia, que poderían alcanzar os 20.000 só en Derna, eran evitábeis, incidiu a ONU, que atribuíu ao conflito no país a carencia dun sistema de alerta temperá. 
Coches arrastrados polas inundacións en Derna, en Libia, a segunda feira. (Foto: Goberno do leste de Libia / Europa Press / Contacto)
star
INTERNACIONAL

'Daniel' arrasa Libia e causa máis de 5.000 mortes

Á situación límite de Libia, dividida en dous Gobernos rivais e sumida nunha guerra civil desde que a OTAN lanzou un ataque contra o país hai máis dunha década, engádenselle as inundacións masivas que causaron milleiros de mortes, entre lentos esforzos de rescate marcados pola fraxilidade das poucas institucións que aínda quedan en pé.
Plenario da cimeira do G20 en novembro de 2022, nunha edición organizada por Indonesia. (Foto: Leon Neal / PA Wire / DPA)
star
INTERNACIONAL

O G-20 aceptará a Unión Africana esta fin de semana como membro permanente

Amais das discusións sobre arquitectura financeira mundial ou cambio climático, a cimeira do G-20 desta fin de semana permitirá á Unión Africana ingresar no foro e defender os intereses do continente, comezando a superar a súa baixa representación nos órganos internacionais.
Estado a cuarta feira dos restos da estrada entre Volos e Portaria, en Grecia, após colapsar pola tromba de auga procedente das chuvias. (Foto: Axencia meteorolóxica de Grecia)
star
INTERNACIONAL

Multiplícanse os fenómenos meteorolóxicos extremos tras o verán máis cálido rexistrado

Inundacións repentinas, cada vez máis frecuentes polo cambio climático, arrasaron o centro de Grecia, a costa búlgara e varias zonas de Turquía. De momento, foron confirmados catorce falecementos.
António Guterres. (Foto: Lev Radin / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A ONU insta aos países desenvoltos a cumprir os compromisos climáticos

Kenya propón comezar o debate para implementar un imposto mundial ao carbono.
Un home participa na extracción do mexillón. (Foto: Agostime)
ECONOMÍA

A alta temperatura da auga, sen vento norte e o continuo desove do mexillón alarman aos bateeiros

O sector explica que a cuncha ten "un bo crecemento" pero a vianda "non" e cren que hai algo que "lle afecta bruscamente"
O deputado nacionalista Luís Bará, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG propón un gran pacto pola auga e presenta medidas contra o cambio climático

Para Luís Bará, o cambio climático está "a xerar riscos reais para o futuro" da Galiza e constitúe "un dos tres desafíos máis importantes" aos que o país "terá que enfrontarse nos próximos anos".
Os sindicatos agrarios alertan sobre as consecuencias da carencia de precipitacións e do aumento das temperaturas sobre os pastos (Foto: Darío Peña).
Análise

A saúde do solo e a neutralidade climática

Rosa Mosquera é catedrática do Departamento de Produción Vexetal da USC.