Montse González
08/abr./22 17:41
Non hai no mercado unha biografía tan exhaustiva e completa sobre Castelao como a escrita por Miguel Anxo Seixas Seoane, da que Galaxia vén de publicar o terceiro e último tomo. Unha análise sobre o pai do galeguismo que, tal como o seu autor indica, é como unha cámara que amplía a perspectiva, contextualizando até o último detalle os feitos da vida e obra de Castelao. Unha obra magna na que a interpretación corresponde, sobre todo, á lectora e ao lector Mais na que, segundo Seixas, hai cuestións indiscutibles como o compromiso ético do autor de Sempre en Galiza.