Castelao

Daniel Castelao nun retrato de Joaquín Pintos (ca. 1931). (Foto: Museo de Pontevedra)
star
CULTURA

Sempre en Galiza

'Sempre en Galiza' é un libro-caderno de bitácora que nos propón navegar unha singradura que cursa episodios de gran relevancia na historia de Galiza e na vida de Castelao. Desde o desterro a Badaxoz ordenado por Lerroux en outubro de 1934 como castigo á figura máis destacada do Partido Galeguista, pasando polos vaivéns da tramitación do Estatuto de Autonomía, os avatares da Guerra do 36, até chegarmos ao exilio definitivo en Bos Aires a comezos dos anos 40. Alén do episódico, os lectores e as lectoras han de encontrar da man de Castelao reveladoras e actuais análises sobre o status de Galiza como nación, os dereitos que como tal lle corresponden, interpretacións moi lúcidas sobre a nosa problemática lingüística e atinadas pescudas sobre a historia de Galiza.
Retrato de Daniel Castelao, en 1946. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

Cousas

Cousas é un libro composto de relatos publicados en prensa, que o propio Castelao compila. Cunha linguaxe clara, lonxe da artificialidade formal, procuran desde o inicio chegar a ese público lector, destinatario das publicacións. A súa brevidade, a narración concisa, traza a súa maxistralidade. Unha obra singular en que o seu autor crea un xénero literario propio: simbiose entre narración e ilustración, unha non se dá sen a outra, píntase con palabras o que di a imaxe. De novo, desde a prensa, convídasenos a ler estas 'Cousas', tan actuais como hai cen anos, historias de seres e da súa contorna, vidas e presenzas, narradas e ilustradas con tanta beleza que volverán perturbar conciencias. 

Pórtico da Gloria

Días de luz

O escritor é tamén mestre retirado de Educación Primaria. (Foto: Nós Diario)
Serafín Parcero é o autor de 'As illas dos deuses'

Serafín Parcero: "Entre ilustracións de Castelao e imaxes de Ons, viñeron a min as musas"

Serafín Parcero acaba de publicar con Xerais a súa primeira novela longa, As illas dos deuses. Un relato ao modo dos 'biopic' cinematográficos que conta entre os seus protagonistas a Castelao e a illa de Ons. Unha novela entre policial e histórica co famoso discurso 'Alba de Gloria' como punto de partida.

O renovo da vida

Fardel de eisilado

Serafín Parcero, autor de 'As illas dos deuses'.
star
Libros

O asasino de Castelao

As illas dos deuses supón un debut editorial tardío que traza unha proposta abondo interesante e encaixada no peculiar subxénero da historia alternativa.

Rosalía crente

Febreiro de Rosalía

Manuel antonio insua dieste
MEMORIA E HISTORIA

Rianxo recibe un óleo pintado por Manuel Rodríguez ‘Ínsua’, un dos curmáns de Castelao asasinado en 1937

Apatrigal e Galantiqua xestionaron a recuperación do cadro, que esta sexta feira será entregado ao Concello rianxeiro.

 

Castelao en 2021

Castelao2 rafa estévez
Unha compra formalizada por 650.000 euros

O 'Álbum Nós' de Castelao xa é pertenza do Museo de Pontevedra

A sala de xuntas do Pazo provincial de Pontevedra foi o escenario no que esta cuarta feira se fixo pública a sinatura do acordo de compra do Álbum Nós entre a Deputación de Pontevedra, representando o Museo, e a familia Domínguez Lino.

Pequena historia, que non é historia pequena

Iria Estévez (enriba á esquerda), Lucía Durán (enriba á dereita) e Raquel Martínez (segunda pola dereita). (Nós Diario)
LINGUA

Raquel Martínez e Iria Estévez, estudantes: "Hoxe hai famosos, mais non referentes tan chaves e potentes como había nas Irmandades"

No IES Johan Carballeira de Bueu, malia as condicións da pandemia, celebraron en 2020 o centenario da revista Nós. Desde o departamento de galego, que dirixe a profesora Lucía Durán, quixeron recrear nunha obra colectiva entre varios cursos  como sería a portada se se fixese hoxe en día. Dúas alumnas que participaron na experiencia, Raquel Martínez Badea (4º ESO) e Iria Estévez Juncal (1º Bacharelato) explican como se realizou e as conclusións que sacaron.

Castelao

Daniel

Sen ofuscacións metafísicas

Imaxe dun dos temas do semanario. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O Sermos analiza a viaxe de Castelao por Europa e o seu interese pola modernidade

No semanario tamén poderás atopar unha entrevista ao presidente da Asociación Galega de Editores, Henrique Alvarellos, e unha reportaxe sobre a importancia vital das árbores nas vilas galegas. Se queres ler todos estes contidos e máis só tes que procurar o teu Sermos Galiza mañá nos quiosques e librarías, onde o atoparás xunto co Nós Diario.
Castelao na época da súa viaxe por Europa
star
Sermos Galiza

Castelao en Europa: Cen anos do 'Diario 1921'

En 1921 fanse cen anos da viaxe que Castelao fixo por Europa grazas a unha bolsa de estudos e durante o que redactou un interesante diario. Ademais da rareza desta literatura confesional no noso ámbito, o Diario 1921 resulta atractivo aos ollos contemporáneos por mostrar un artista que participa do debate sobre a modernidade e que trata de que Galiza non quede á marxe dos grandes temas do seu tempo. Acusado en moitas ocasións de reflectir unha visión conservadora da arte, o diario esixe unha nova lectura que se despoxe de tópicos e que o coloque no lugar que lle corresponde dentro da obra do rianxeiro.