Agora
O presidente español corrobora que o PSC-PSOE bloqueará o intento de investidura de Puigdemont (Junts)
17/maio/24
Pedro Sánchez (PSOE), presidente do Estado español, desbotou a sexta feira que haxa posibilidades de que permitan a investidura no Parlament do ex mandatario catalán e candidato de Junts, Carles Puigdemont, que instou o PSC-PSOE a absterse, defendendo que o seu candidato, Salvador Illa, debe ser o novo president, demandando "responsabilidade" para que se evite unha repetición electoral que decorrería o próximo outubro.
INTERNACIONAL
Junqueras deixa a presidencia de ERC mais di estar disposto a volver a se presentar para o posto
16/maio/24
Asegura que quere facer un proceso de escoita aos cidadáns e militantes de ERC para reconectar con eles e volver ser elixido president
Catalunya
O Senado controlado polo PP rexeita a Lei de amnistía, que regresa ao Congreso para ser aprobada
14/maio/24
Prevese que a Cámara Baixa vote a aceptación definitiva da medida de graza o 30 de maio.
star
Catalunya
Análise das eleccións catalás: Aragonès renuncia e Puigdemont reitera que tratará de ser investido
13/maio/24
A derrota do independentismo en Catalunya marca un punto de inflexión no proceso de autodeterminación que o país iniciou en 2012 e deixa paso a un período de difícil gobernabilidade, sen indicios polo de agora de que existan posibilidades de acordo para evitar unha repetición electoral neste ano.
Eleccións catalás
O PSC afirma que non investirá Puigdemont aínda que "ameace con bloquear a gobernabilidade" no Estado español
13/maio/24
Parlon anunciou que o PSC constituíu unha comisión negociadora para iniciar as negociacións co resto de formacións políticas, excepto con Vox e Aliança Catalana.
Eleccións catalás
Puigdemont abre contactos con ERC e anuncia a súa intención de presentarse á investidura
13/maio/24
"Cremos que hai opcións de poder ir á investidura", subliñou Puigdemont, que pediu evitar o escenario dunha repetición electoral.
Eleccións catalás
Cales son os escenarios posíbeis en Catalunya? Intentará Puigdemont ser de novo president?
13/maio/24
"Un Govern tripartito [PSC, ERC e Sumar-Comuns] é unha mala opción para o país", afirmou o líder de Junts.
Eleccións catalás
O PSC gaña, Junts aposta por un "Govern sólido" e ERC anuncia que irá á oposición
12/maio/24
Un pacto á esquerda do arco parlamentario entre PSC, ERC e Comuns-Sumar obtería a maioría absoluta, mais o candidato republicano sinalou na campaña que vía o socialismo catalán moi lonxe da súa formación.
Eleccións catalás
O PSC gañaría as eleccións catalás con moi pouca marxe sobre Junts, segundo as primeiras sondaxes
12/maio/24
As casas enquisadoras difiren sobre a posibilidade de que unha coalición soberanista se achegue á maioría absoluta, mais coinciden en que o PSC será a primeira forza.
INTERNACIONAL
Así serán os comicios en Catalunya: segue os resultados e a análise da xornada electoral en 'Nós Diario'
12/maio/24
A portavoz do Govern catalán, Patrícia Plaja, explicou que tanto ela como a vicepresidenta da Generalitat de Catalunya, Laura Vilagrà, irán comparecendo ante a prensa durante o domingo. Toda a actualidade destes comicios, así como o análise detallado dos resultados, estarán ao dispor dos lectores e lectoras de 'Nós Diario' a través da web do xornal.
star
INTERNACIONAL
O independentismo catalán loita por manter a maioría absoluta e polo liderado do Govern nas eleccións do domingo
10/maio/24
As eleccións máis abertas dos últimos anos en Catalunya resólvense o domingo, co apoio das persoas indecisas como o obxectivo das forzas soberanistas para lograr unha maioría que lles permita reter o control da Generalitat con Aragonès ou Puigdemont como president.
star
ECONOMÍA
A OPA hostil do BBVA ao Sabadell podería pór en risco oficinas en 43 concellos galegos no caso de prosperar
09/maio/24
Após rexeitar a cúpula do Banco Sabadell a oferta de compra do BBVA, a entidade con sede en Euskadi fixo público que intentará que as e os accionistas revertan a decisión da dirección e acepten a fusión, que levaría ao límite a concentración bancaria en Catalunya.
Eleccións catalás
O ex alcalde da Coruña Francisco Vázquez únese a un manifesto que pide non votar ao PSC nos comicios cataláns
06/maio/24
O manifesto, 'Por un voto constitucionalista sen enganos', presentarase esta terza feira en Barcelona, a cinco días dos comicios previstos para o día 12 de maio.
Eleccións catalás
O CIS prognostica unha clara vitoria do PSC nas eleccións catalás
06/maio/24
O PSC obtería o primeiro posto en porcentaxe de voto nas eleccións catalás do próximo 12 de maio con entre 29,8% e 33,2% dos votos, seguido por Junts con e entre 15,4% e 18,1% e ERC con entre 15,2% e 17,9%.
INTERNACIONAL
Carles Puigdemont, candidato de Junts: "Buscan a foto da humillación e nós temos o deber de evitalo"
04/maio/24
"Se se repiten eleccións, as nosas opcións son maiores que as de Illa ou calquera outro", di Carles Puigdemont (Amer, 1962), candidato de Junts nas eleccións catalás. Entrevistámolo en Argelers, en Catalunya Norte, desde onde está a facer campaña, xusto no ecuador da mesma, ao día seguinte dun debate electoral televisivo no que non puido participar. Aínda xoga cunha man atada ás costas, pero por primeira vez desde o exilio fai campaña con mitins presenciais, e impresiónao volver sentir "esa calor dos grandes mitins".