Junqueras deixa a presidencia de ERC mais di estar disposto a volver a se presentar para o posto

Asegura que quere facer un proceso de escoita aos cidadáns e militantes de ERC para reconectar con eles e volver ser elixido president
oriol junqueras erc foto europa press
photo_camera Junqueras na comparecencia desta quinta feira (Foto: Europa Press)

O líder de ERC, Oriol Junqueras, asegurou esta quinta feira que quere seguir liderando ERC se ten "un aval explícito e renovado da militancia", e defendeu que se ve con forzas de ser presidente do partido e que agora quere empezar un proceso de escoita.

Así se pronunciouen rolda de prensa, despois de anunciar a cuarta feira que deixaría a presidencia do partido temporalmente despois das eleccións europeas do 9 de xuño para "abrir un proceso de reflexión e escoita activa antes de decidir o seu futuro".

ERC celebrará un Congreso Nacional o 30 de novembro para fixar unha nova estratexia, e a secretaria xeral do partido, Marta Rovira, anunciou que non se presentará á reeleción nese congreso.

Junqueras evitou un adeus definitivo. O seu paso a un lado é para"reconectar" coa cidadanía e descubrir, "igual a igual" e "na rúa", en que posición o quere a militancia. O presidente de ERC asegurou que non se sentiu presionado para marchar  -a pesar das palabras de Aragonès pedindo asumir responsabilidades e a carta de Marta Rovira apostando por unha transición- e insistiu en que se ve "coa forza" para seguir liderando.

"A miña dimisión é para coñecer o aval da militancia", explicou. E para iso, converteu nunha prioridade "saír á rúa, escoitar á xente" e contribuír a crear un novo relato que ilusione á cidadanía tras un ciclo electoral que non foi bo para ERC. Se a militancia pensa que ten que plegar, marchará, pero se as bases reafirman a súa confianza, seguirá á fronte do partido.

Esta cuarta feira, a secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, anunciou que tamén se retiraba, maisa diferenza de Junqueras non se presentará á reelección. "Esquerra Republicana debe volver ser Esquerra Republicana", dixo, e escribiu que o seu partido non quería reproducir "nin as direccións mesiánicas nin as elites políticas". Durante as horas previas á reunión de onte publicouse que Rovira avogaba por facer unha remuda total da dirección, pero Junqueras nega sentir presión interna. "Sempre me sentín moi querido e acompañado", dixo, e "estes días tamén".

Comentarios