CCOO

Manifestación da CIG polo Primeiro de Maio do pasado ano en Vigo (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

30 marchas percorrerán o territorio galego durante o Día Internacional da Clase Obreira

Case 20 cidades e vilas contarán con manifestación.

Concentracións en Compostela da CIG-Saúde, en demanda de seguridade no traballo (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

Ao 90% do persoal da limpeza non se lle recoñece as enfermidades laborais

Mañá é día Mundial da Saúde Laboral, unha data declarada pola organización internacional do traballo (OIT), para lembrar a situación neste eido nos lugares de traballo. Na Galiza, as cifras oficiais de baixas laborais non teñen en conta as que non se certifican como continxencias profesionais.
Rodrigo Ponte, Alejandra Gesto e Aída Suárez, esta sexta feira en Compostela. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

A construción galega posúe a segunda maior sinistralidade do Estado español

CCOO denuncia a repunta das mortes no sector
Concentración, esta quinta feira, en Ferrol, para reclamar o indulto de López Pintos. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

Reclaman en Ferrol o indulto para o ex sindicalista Xesús Anxo López Pintos

Perto de cen persoas mobilizáronse ante o edificio administrativo da Xunta da Galiza

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o novo conselleiro de Emprego, José González (Foto: Xunta da Galiza).
TRABALLO

Os sindicatos piden ao novo Executivo galego medidas para mellorar o mercado laboral

As organizacións do agro solicitan ao Goberno de Alfonso Rueda traballar para conseguir "prezos xustos".
Xuntanza do Comité de Dirección Nacional de CCOO. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

CCOO recoñece os efectos lesivos de Altri para o medio ambiente

O sindicato contradí a súa federación de Industria, que tomara postura a favor do proxecto de macrocelulosa na Ulloa
Manifestación esta quinta feira nas rúas de Vigo (Foto: Pedro Davila / Europa Press).
TRABALLO

Os sindicatos mobilízanse en Vigo ante o incremento da sinistralidade laboral

A CIG, CCOO e UXT lembran as 10 mortes acontecidas no que vai de ano.
Protesta do persoal da sanidade privada, esta cuarta feira na Coruña (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Protestas no sector da sanidade privada: "Temos a xornada anual máis alta do Estado"

Persoal da sanidade privada secundou esta cuarta feira na Coruña, ante o Hospital HM Modelo, unha nova protesta en demanda dun "convenio colectivo digno e salarios xustos".
Celbi é unha fábrica de fibras de celulosa a partir de eucalipto pertencente a Altri e que se sitúa na localidade de Figueira de Foz, en Portugal (Foto: Altri).
ECONOMÍA

Increméntanse as voces críticas contra Altri: a CIG e Unións Agrarias tamén anuncian alegacións

A CIG explicou esta terza feira que, alén das consecuencias ambientais e de que non feche o ciclo produtivo na Galiza, o proxecto que Altri quere desenvolver na Ulloa reduce a proporción entre a produción total e o emprego directo con respecto á súa factoría en Portugal. Pola súa parte, CCOO admitiu diverxencias sobre a pasteira.
Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO na Galiza (Foto: CCOO).
SOCIAL

CCOO convoca un comité de dirección sobre Altri unha semana despois de que a súa federación de Industria apoiase o proxecto

A Comisión Executiva de Comisións Obreiras de Galiza convoca o próximo 11 de abril o Comité de Dirección Nacional para abordar o proxecto para A Ulloa.

Consello Extraordinario de CCOO Industria decorrido esta segunda feira. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

"A Ulloa precisa este proxecto": CCOO Industria sitúase a favor de Altri

Piden "diálogo" para un proxecto "necesario"
Protesta de persoal da banca, esta sexta feira, na Coruña. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O sector da banca reclama melloras salariais e laborais

Seguimento "masivo" da folga decorrida esta sexta feira.
Manifestación do persoal da dobraxe, este domingo en Compostela (Foto: Europa Press).
TRABALLO

Profesionais da dobraxe denuncian "unha situación insostíbel e moi precaria"

O persoal da dobraxe reivindicou "que se aplique o convenio colectivo de dobraxe", "ignorado e vulnerado", e que, ademais, leva sen actualizarse desde 2006.
star
ECONOMÍA

A Ucgal alerta do perigo de que os salarios suban menos que a inflación

O Instituto Nacional de Estatística (INE), a través da Enquisa trimestral de custo laboral (ETCL), deu a coñecer esta sexta feira os datos salariais do último trimestre de 2023 xunto coa xornada laboral que se realiza nas empresas. En ambos os dous casos a Galiza conta cos datos negativos na comparativa co Estado español. 
Alumnado nun centro de ensino. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Maior equilibrio entre trimestres e 175 días lectivos: sindicatos reclaman á Xunta cambios no calendario escolar

Os sindicatos critican que o borrador proposto contemple "un desequilibrio" na duración dos tres trimestres: o primeiro, até Nadal, esténdese durante 70 días; o segundo, até Semana Santa, durante 65; e o terceiro, até o venres 20 de xuño, durante 43 días.
Ofrenda floral realizada por CCOO este domingo no monumento ao 10 de marzo de Ferrol. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

CCOO conmemora o 10 de marzo cunha chamada a “manterse firmes nos nosos valores”

O sindicato realizou este domingo unha ofrenda floral no monumento ao 10 de marzo

A líder do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia,  Amelia Pérez (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO na Galiza: "Pediría a Alfonso Rueda que escoite máis, porque non adoita facelo"

Este domingo, 10 de marzo, conmemórase o Día da Clase Obreira Galega. Con motivo desta sinalada data, 'Nós Diario' conversa coa secretaria xeral de CCOO na Galiza, Amelia Pérez, sobre a vixencia das reivindicacións de 1972 e sobre os problemas actuais que sofre a clase traballadora galega.
Manifestacións decorridas esta sexta feira, 8 de marzo.
SOCIAL

O feminismo galego reivindica a forza das mulleres contra todas as formas de violencia

A loita das mulleres palestinas e das traballadoras da limpeza de Lugo ocuparon un lugar destacado este 8-M
Unha nai pasea co seu bebé nun carriño (Foto: Europa Press).
TRABALLO

A falta de corresponsabilidade lastra o acceso das mulleres ao mercado de traballo: as galegas teñen a segunda peor taxa de actividade no Estado

CCOO e UXT presentan o informe '8 de Marzo'.
Oficina de emprego en Santiago de Compostela (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

Radiografía do desemprego na Galiza: seis de cada dez paradas son mulleres e medra a contratación temporal

Os datos coñecidos esta segunda feira de desemprego e afiliación en relación ao mes de febreiro mostran unha mínima rebaixa no desemprego (-0,40%) mais con aspectos, en opinión dos sindicatos, preocupantes. Entre eles están a temporalidade e a alta taxa de desemprego que teñen as mulleres.