“Nin o Papa se libra da censura na TVG”
O blog 'Eu non manipulo' pon a escasa cobertura das declaracións de Francisco I nas que afirmaba que “nunca fun de dereitas” como exemplo da tesoura que se aplica na canle galega.
O blog 'Eu non manipulo' pon a escasa cobertura das declaracións de Francisco I nas que afirmaba que “nunca fun de dereitas” como exemplo da tesoura que se aplica na canle galega.
A vila atópase á espera da resolución do recurso presentando contra a sentenza que avala unha moción de concelleir@s tránsfugas que xa quedara desactivada en marzo pero agora volve ameazar ao alcalde nacionalista Manuel Antelo.
“Contrario á orde pública e aos bos costumes”, notificou a Oficina española de patentes respecto do deseño que quería ser rexistrado e no que aparecían as catro barras da senyera e a lenda 'Independència ja'.
O secretario xeral do PSOE asegurou esta terza feira que o seu grupo parlamentar presentará unha moción de censura no Congreso se Mariano Rajoy non comparece para dar explicacións polo 'caso Bárcenas'. O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para que o presidente español non dea explicacións nas Cortes
En 2007 a Audiencia nacional española ordenou a retirada dunha publicación desta revista satírica en que Felipe de Borbón e Letizia Ortiz practicaban sexo debaixo dun cartaz dos 2.500 euros do cheque-bebé de Zapatero e cun diálogo que dicía: "daste conta? se quedas preñada, vai ser o máis parecido a traballar que fixen na vida"
Reclama que o diñeiro investido en alcol para unha festa d@s socialistas se devolva ás arcas públicas, que se depuren responsabilidades e que se estabeleza "con toda nitidez" en que se poden gastar os cartos que reciben os grupos municipais
Do informativo emitido o día 30 de abril desapareceu da rede a primeira parte, na que interveñen tres mulleres desta asociación contra a violencia machista para denunciar que o informe da secretaría xeral de Igualdade "oculta a desprotección e está cheo de palla". Na cadea recoñecen que houbo "unha chamada" e negan presións da Xunta
Foron moitos os xornais que na internet se fixeron eco da publicación en exclusiva dun poema de Rosalía de Castro no nº44 do noso semanario. Todos citaron a fonte orixinal da información e ningún reproduciu os versos. O diario fixo á inversa: copiou liña a liña o poema e non explicou nin onde foi publicado, en Sermos Galiza, nin quen é Francisco Rodríguez, autor da descuberta.
A revolta e o punk son perigosos para as autoridades. Cando o grupo feminista Pussy Riot cantou na catedral ortodoxa de Cristo Redentor, en Moscova "Nai de Deus, líbranos de Putin", o pasado 21 de febreiro, activaron os mecanismos represores do goberno ruso. Hoxe coñeceuse a sentenza.