CULTURA
Memoria, feminismo ou movemento LGBT: a censura cultural de PP e Vox no Estado español, unha declaración de intencións?
06/xul./23
O bico de dúas mulleres, a memoria da represión falanxista, as reivindicacións feministas ou o uso da lingua asturiana semellan motivos suficientes para a ultradereita vetar eventos culturais nos municipios españois nos que vén de acceder ao goberno da man do PP.