INTERNACIONAL
Chile condena sete militares xubilados polo secuestro e asasinato de Víctor Jara
29/ago./23
Jara foi torturado e tiroteado o 16 de setembro de 1973 durante o golpe de Estado de Pinochet contra Allende.
INTERNACIONAL
Documentos desclasificados dos EUA proban a intervención de Nixon para intentar evitar a Presidencia de Allende en Chile
04/ago./23
O ex presidente dos EUA, Richard Nixon, reuniuse co dono do diario chileno El Mercurio, Agustín Edwards, no marco das operacións instrumentadas para evitar que o líder socialista Salvador Allende asumise a presidencia do Estado suramericano.
star
Análise
Lula e Boric, dúas caras dunha mesma moeda chamada América Latina
29/xul./23
Katu Arkonada é diplomado en Dereitos Económicos, Sociais, e Culturais e Políticas Públicas.
star
INTERNACIONAL
A extrema dereita marcará o paso da nova Carta Magna chilena
08/maio/23
O triunfo da extrema dereita en Chile, aproveitando a división nas candidaturas do campo progresista, pon en dúbida que finalmente haxa unha nova Constitución no Estado, tras defender o Partido Republicano que non era preciso mudar a norma constitucional deseñada na ditadura de Pinochet, e aumenta a presión sobre a xestión do Goberno encabezado por Gabriel Boric.
INTERNACIONAL
A extrema dereita gaña as eleccións e redactará a nova Constitución en Chile
08/maio/23
Comentando os resultados das eleccións, o presidente chileno, Gabriel Boric, afirmou que quere "convidar o Partido Republicano [...] a non cometer o mesmo erro que cometemos nós no seu momento". De acordo coas súas palabras, "este proceso non pode ser de 'vendettas', senón de pór adiante Chile e a súa xente".
star
INTERNACIONAL
Chile segue México e busca nacionalizar o litio
22/abr./23
O segundo país que máis litio produce no mundo, Chile, camiñará cara a nacionalización do sector, nunha xestión na que o presidente progresista Gabriel Boric pretende implicar as comunidades a carón das explotacións e construír unha industria que achegue valor engadido á minaría dun material chave na fabricación de baterías.
INTERNACIONAL
Foi envelenado Pablo Neruda pola ditadura de Pinochet?
14/feb./23
"A Neruda eliminárono en Chile. Quen? Non o sabemos aínda, pero tiveron que ser axentes do Estado", apunta o seu sobriño, seguindo a teoría exposta hai anos polo chofer do poeta, que tamén dubidaba da súa suposta morte por cancro, só 12 días despois da toma do poder pola forza de Augusto Pinochet.
INTERNACIONAL
Acordo en Chile para elaborar unha nova Constitución nun ano
13/dec./22
A nova proposta será votada en novembro de 2023, e, en base ao pacto entre as forzas políticas chilenas, contará con maior número de propostas conservadoras, evitando un texto tan progresista como o rexeitado no plebiscito de setembro.
INTERNACIONAL
Chile rexeita a proposta de Constitución e camiña cara a outro proceso constituínte
05/set./22
O presidente anuncia cambios no Goberno despois dunha derrota que a dereita trata de capitalizar, aínda que a meirande parte das forzas defende un novo proceso de redacción constitucional.
INTERNACIONAL
A poboación chilena rexeita a nova constitución e Boric anuncia "axustes" no seu Goberno
05/set./22
Case 62% da poboación que acudiu a votar fíxoo polo 'non'.
INTERNACIONAL
Chile vota este domingo para deixar atrás a constitución neoliberal imposta por Pinochet
04/set./22
A nova carta magna aséntase no respecto á poboación indíxena do país e a aposta polo "ecoloxismo" e o "feminismo".
CULTURA
[VÍDEO] 'Os tempos mortos do Führer', a webserie galega que traslada Hitler a Ourense
30/ago./22
A obra, que consta de dez capítulos de curta duración, busca o galardón no Santiago Web Fest que decorrerá na capital de Chile en novembro. "Queremos levar a marca Galiza a outro continente", apuntan desde a produtora, Conxuro Produción.
INTERNACIONAL
Medra o apoio á nova constitución chilena, mais o 'non' continúa a ser maioritario
20/ago./22
As enquisas dan a vitoria aos detractores do borrador da carta magna.
INTERNACIONAL
Estados de América Latina enfrontan o espolio das súas reservas de litio
22/abr./22
Os Estados do Triángulo do litio (Bolivia, Chile e a Arxentina) posúen 85% das reservas mundiais deste mineral. Bolivia ten as maiores reservas do mundo e nacionalizou a súa explotación en 2014, un paso que tamén vén de dar México esta semana. O debate da soberanía sobre este recurso natural tamén está moi presente na Arxentina e Chile. O pasado 13 de abril, estes catro Estados, xunto a representantes da Comisión Económica para América Latina e o Caribe (Cepal), participaron no Foro Internacional 'Perspectivas do Litio desde América Latina'. Bolivia e México xa nacionalizaron o mineral mentres seguen os debates en Chile e na Arxentina.
INTERNACIONAL
Boric: grandes retos, grandes expectativas
16/mar./22
O novo presidente ponse ao temón de Chile nun momento de tempestade.
INTERNACIONAL
Boric xura como presidente de Chile e a revolución de 2019 entra en La Moneda
11/mar./22
Feminismo, economía social, ecoloxismo e diversidade, liñas do Goberno.