Falece o sindicalista Fernando Solla Fernández
De longa traxectoria militante en organizacións políticas da esquerda e do nacionalismo, foi secretario comarcal da CIG na Coruña.
De longa traxectoria militante en organizacións políticas da esquerda e do nacionalismo, foi secretario comarcal da CIG na Coruña.
Só 19% das prazas residenciais para protección de menores que hai na Galiza son de xestión pública. 58 dos 62 centros para acoller menores son concertados. O persoal advirte da sobrecarga e da falta de traballadoras e traballadores e medios, ante o "desinterese" da Xunta da Galiza.
O 10 de novembro a CIG anunciaba unha serie de medidas en relación coa situación do persoal directivo da CRTVG a raíz dun auto do Supremo que declaraba firme una sentenza do TSXG que cuestionaba a contratación dun directivo. O responsábel da CIG na CRTVG, Tiago Alvite, explica para 'Nós Diario' o conflito.
O Goberno estatal, a patronal, UXT e CCOO comezan hoxe a negociar a contía do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) para 2024. Porén, ningunha das propostas se achega ao disposto na Carta Social Europea, que obriga a fixalo en 17.542 euros anuais.
A sentenza fora gañada no seu día pola CIG. O sindicato insta o INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social) a que non se limite a aplicar a sentenza que é firme senón a recoñecer este dereito a todos os proxenitores diferentes da nai biolóxica que pasen polo falecemento dunha crianza.