O histórico director de Cineuropa, excluído da licitación por defecto de forma
José Luis Losa non dirixirá a edición número 33 do festival Cineuropa de Santiago de Compostela. A súa proposta quedou excluída do concurso por un defecto de forma. Unha empresa madrileña fíxose coa licitación e, por primeira vez na historia do certame, pode mudar a súa dirección.