SOCIAL
O feminismo galego toma as rúas para visibilizar este 8-M que "sen coidados non hai vida"
08/mar./20
O feminismo chama este domingo a unha mobilización masiva nas rúas para visibilizar o papel de coidados que exercen as mulleres en máis de 80% dos fogares da Galiza e que constitúe "o centro da vida" social, familiar e económica. Así o recolle no manifesto de Galegas 8-M, que este ano quere subliñar que "sen coidados non hai vida".